miércoles, 28 de septiembre de 2011

A ASEMBLEA DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE FERROL APOIA Á NOVA EXECUTIVA POR UNANIMIDADE

A Asemblea das Xuventudes Socialistas de Ferrol elixiu este sábado 24 á nova Executiva encabezada por Aitor Bouza que dende este sábado asumirá o cargo de secretario xeral. A lista apoiada por unanimidade na Asemblea está integrada polos seguintes membros:
• Secretario xeral: Aitor Bouza Manso
• Secretario de organización: Aitor Rodríguez Casanova
• Secretaria executiva: Ana Lamas Villar
• Secretario executivo: Julián Reina Villalón
• Secretaria executiva: Sofía Vázquez Vilachá
• Secretario executivo: Diego Pérez García
• Secretaria executiva: Aroa Fandiño Serrano
O secretario xeral saínte, Julián Reina, agradeceu a todos e todas os militantes o traballo realizado, así como a confianza depositada nel durante todos estes anos. Expuxo tamén que “este é un bo momento para que a nosa organización siga anovándose e que máis xente siga asumindo responsabilidades”. Así mesmo, desexou moita sorte ao novo equipo, do que forma parte, “para seguir loitando polo socialismo e polos dereitos dos mozos/as”.
Pola súa banda, o recen elixido secretario xeral, Aitor Bouza, mostrou un agradecemento especial en nome da Agrupación por todo o traballo, dedicación e compromiso levado a cabo polo secretario xeral saínte. En palabras de Bouza: “cando
sementas unha boa colleita recolles moi bos froitos e este traballo debémosllo á persoa que nos representou durante estes anos.” Así mesmo cualificou a Julián Reina como un “socialista de pé a cabeza, dos que xa non quedan”
“Estamos ante unha organización forte, capacitada para afrontar todos os retos que se nos presenten, unha herdanza que os permitirá de seguir traballando como até o de agora e seguir escoitando e defendendo aos mozos/as, en especial aos ferrolás” expuxo Aitor Bouza.
Respecto á nova Executiva, Bouza Manso, referiuse a cada un dos seus integrantes como “militantes cun amplo traballo ás costas” a prol do socialismo e na defensa dos dereitos dos demais. Expuxo así mesmo que é “un orgullo poder contar con todos eles dentro deste equipo”.
Finalmente, o novo secretario xeral anunciou que corren tempos difíciles para todos, en especial para a mocidade e porén e con máis motivación, esta Executiva seguirá loitando na defensa da igualdade de oportunidades e nos intereses dos máis desfavorecidos.