sábado, 25 de febrero de 2012

XSG-Ferrol esixe ao PP que remate coa política do “primero retállote, e logo, golpéote”

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixe ao Partido Popular que “abandone a política de retallos sociais que está afundindo o noso país e que retire, de inmediato, a reforma laboral que deixa, exclusivamente, en mans da patronal o futuro de todos os traballadores/as”. Ademais, a organización asegura que o contrato de emprendedores que propón o PP é un coladeiro de precariedade laboral, xa que o empresario pode despedir a un empregado cando se lle antolle e sen xustificación algunha o que xerará máis desemprego e máis inxustiza laboral aos traballadores/as.
Os mozos/as socialistas denuncian que “ao final, o Partido Popular logrou o seu obxectivo: que a mocidade só acceda a traballos precarios nos que poden ser despedidos libremente sen indemnización”. Todo un avance para a CEOE e un retroceso para os mozos/as.
O secretario xeral das XSG-Ferrol afirma que co PP os traballadores/as sempre viron mermar os seus dereitos e lembran que isto “xa ocorreu co despido express e que agora os cidadáns volven a sufrir outro decretazo laboral co que se deterioran as súas condicións de traballo e se fomenta o despido libre”.
Ademais, dende a organización esixen ao Partido Popular que “teña un mínimo de respecto democrático” xa que “ o Goberno ao mofarse e acusar de violentos a quenes se opoñen á súa política de retallos o que está demostrando é que non respecta nin aos cidadáns nin á democracia”. E, lémbranlle ao PP que “o feito de ter maioría absoluta non lle outorga o poder de impor nin a súa ideoloxía, nin o seu criterio, nin os seus valores aos cidadáns”.

viernes, 24 de febrero de 2012

XSG-Ferrol afirma que nunca un ministro fixo en menos tempo, tantas declaracións para gañarse o seu cese

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixe a Jose Ignacio Wert, ministro de educación, que “se dedique, dunha vez por todas, á súa labor como ministro e deixe de pescudar continuadamente a polémica para lograr titulares”. Neste senso, os mozos/as socialistas lémbranlle a Wert que a súa faceta como tertuliano acabou hai tempo e que “o único que consegue coas súas declaracións é demostrar o seu descoñecemento sobre a realidade social e educativa do noso país”. Ademais, a Organización considera que “a falta de rigor e seriedade que mostra o ministro á hora de realizar calquera declaración son méritos máis que suficientes para o seu cese inmediato”.
XSG-Ferrol asegura que dende o primeiro momento, o ministro non pasou desapercibido grazas a declaracións tan controvertidas como que “a educación pública deixou de contribuír á sociedade”. Unha opinión coa que Wert semella terse olvidado de que a educación pública é o motor de igualdade de oportunidades e desenvolvemento no noso país, e que quenes están deixando de contribuír á sociedade son, precisamente, o Partido Popular e as súas políticas de retallos.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, criticou, ademais, que Wert califique as protestas dos estudantes valencianos de “violentas e ilegais”, e considera que “o verdadeiramente ilegal son as pésimas condicións nas que a Generalitat deixou a educación pública valenciá”. Para os mozos/as socialistas outras das imprudencias dialécticas de Wert levoulle a atribuír que “a fuga de cerebros débese a estranxeiros nacionalizados no noso país”. Outra mentira máis coa que o ministro quixo enganarnos xa que, desgrazamente, son moitos mozos/as que se viron obrigados a pescudar oportunidades fóra de España.
As mulleres tamén foron obxecto das declaracións de Wert nas que chegou a afirmar que “a incorporación da muller ao traballo incide negativamente na familia” demostrando o pensamento machista que predomina na ideoloxía conservadora do Partido Popular e que “non é digna dun ministro de educación que representa ao noso país”.
Porén, XSG-Ferrol esixe a Wert que comece a traballar pola educación, a cultura e o deporte do noso país, xa que “de momento, non fixo nada produtivo polo seu Ministerio” e recoméndanlle que “se considera que non é capaz de elo, renuncie ao seu cargo”.

jueves, 23 de febrero de 2012

Os mozos/as socialistas organizarán esta fin semana unha xornada política na que o debate será o eixo fundamental deste acto

As Agrupacións de Xuventudes Socialistas de Santiago, Culleredo, Betanzos, Narón e Ferrol volverán a unir as súas forzas esta fin de semana para realizar a xornada política que terá lugar en Culleredo os días 25 e 26 de febreiro. Segundo o exposto polas organizacións o primeiro día levarán a cabo catro debates, no que en cada un deles tratarán unha área diferente: “Educación”, “Economía e emprego”, “Modelo de partido”, e “Mocidade activa”. “O segundo día 26 – explicaron os mozos/as socialistas- transmitiremos e debatiremos as conclusións do día anterior cos candidatos/as ao 12º Congreso do Partido dos Socialistas de Galicia, dos cales o único presentado até a data xa confirmou a súa asistencia para escoitar as nosas propostas e debatelas canda nós.”
As Agrupacións lembran que “nas vindeiras semanas participaremos no 12º Congreso do Partido dos Socialistas de Galicia, polo que esta conferencia queremos que sirva de espazo de debate entre militantes, simpatizantes e mocidade en xeral. Neste senso expuxeron que“o noso obxectivo principal é lograr un consenso sobre os aspectos que máis lle importan á mocidade, entre todos/as participantes, para poder trasladarllo así ao candidato ou candidatos/as ao Congreso Nacional do PSdeG-PSOE”.
Segundo os mozos/as socialistas “a sociedade e o noso partido precísanos e somos conscientes de que temos que estar á altura das circunstancias, temos moito que facer e moito polo que loitar”. “Estamos convencidos- engaden dende as Agrupacións das XSG- de que temos que construír o futuro, participando do presente e sen esquecer os nosos valores que nos definen”.
Para finalizar fixeron un chamamento “a todos e todas os mozos/as a participar neste gran foro de debate para poder contrastar ideas, debatir e compartir opinións, co fin de que o noso partido se enriqueza coas nosas achegas e se fortaleza o socialismo galego”.

LUGAR:

Pazo de Villa Melania, sito na Avda. Vilaboa nº 42 (Culleredo).

PROGRAMA DA XORNADA:

Día 25:
9:00 a 10:00 Acreditacións.
10:00 a 10:30 Inauguración da xornada política.
10:30 a 12:00 Debate sobre educación.
12:00 a 12:30 Pausa-café.
12:30 a 14:00 Debate sobre economía e emprego.
14:00 a 16:30 Xantar.
16:30 a 18:00 Debate sobre modelo de partido.
18:00 a 18:30 Pausa-café.
18:30 a 20:00 Debate sobre mocidade activa.

Día 26:
11:30 a 12:00 Presentación das conclusións aos candidatos/as.
12:00 a 14:00 Debate das conclusións cos candidatos/as.

miércoles, 22 de febrero de 2012

XSG-Ferrol afirma que Wert quita importancia ás manifestacións para non asumir o custo político dos retallos en educación

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixe a Jose Ignacio Wert, ministro de educación, que “en vez de criticar as manifestacións e acusar aos manifestantes de actuar de maneira irresponsable tome nota das reivindicacións e teña en conta que os retallos que está realizando en educación dificultan o estudo da mocidade e xeran desigualdade”. Para a organización as declaracións de Wert nas que pide “calma e responsabilidade” demostran hipocresía dun goberno que, “irresponsabelmente, preferiu retallar no ensino público mentres finanza o privado”.
Os mozos/as socialistas condenan, ademais, “a actuación violenta levada a cabo pola policía en Valencia” xa que a consideran “desmesurada e inxustificable” ao entender que “ante unha manifestación pacífica a resposta da policía non pode ser aporrear aos asistentes”. Porén, XSG-Ferrol pide a dimisión da delegada do goberno en Valencia, Paula Sánchez de León, e esixe ao ministro do interior, Jorge Fernández Díaz que dea explicacións sobre o sucedido.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “os estudantes teñen dereito a protestar pacificamente polas lamentables condicións nas que están dando clase en Valencia”. “Unha situación – asegura- que ten como único culpable o Partido Popular que goberna a Generalitat e que se caracterizou, exclusivamente, pola súa mala xestión ao frente desa institución”.
Os mozos/as socialistas lembran que “entre os impagos aos centros públicos e os retallos realizados polo goberno do PP os estudantes da escola pública ven mermar día a día a calidade do seu ensino o que mostra o pouco interese que teñen dende o Partido Popular en manter o servizos públicos para todos/as”.
Por último, XSG-Ferrol recomenda ao presidente do goberno, Mariano Rajoy, que “en vez de preocuparse tanto pola imaxe que dan as manifestacións no exterior se preocupe pola situación interna do noso país e polo malestar que está xerando a súa política de retallos nos servizos públicos”.

martes, 21 de febrero de 2012

XSG-Ferrol esixe responsabilidades ante as graves e inxustificables cargas policiais aos estudantes valencianos

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) mostra a súa repulsa polas graves cargas policiais que se están producindo en Valencia, e en especial, no IES “Lluis Vives” durante a pasada semana y el día de onte, a estudantes que protestaban pacificamente polas condicións nas que se atopan numerosos centros educativos públicos polos impagos e a mala xestión do Partido Popular na Generalitat Valenciana.
Os mozos socialistas consideran que “a actuación violenta levada a cabo pola Policía foi desmesurada e inxustificable, xa que os estudantes estaban simplemente protestando polas condicións precarias nas que se vén obrigados a asistir a clase”. Ademais- asegura o seu secretario xeral, Aitor Bouza, “as cargas policiais estanse producindo sen que os estudantes tivesen producido ningún tipo de altercados”.
Para a organización, a “actuación policial é autoritaria, impropia dun país democrático, completamente fóra de lugar se temos en conta que se produce contra menores de idade, polo que esiximos responsabilidades ao ministro do interior e á delegada do goberno na Comunidade Valenciana.
Segundo XSG-Ferrol, “a Policía Nacional tivo un comportamento inexplicable e impropio, violando os dereitos fundamentais de reunión e manifestación dos estudantes”.
Finalmente, XSG-Ferrol esixe que se investigue pola Fiscalía se na actuación policial se produciron delitos (lesións, detencións ilegais, coaccións), considerando especialmente que os agredidos son menores.

lunes, 20 de febrero de 2012

Xornada política


TEMOS MOITO QUE FACER E MOITO POLO QUE LOITAR:

Nas vindeiras semanas participaremos no 12º Congreso do Partido dos Socialistas de Galicia, ante o cal as Xuventudes Socialistas de Culleredo, Ribeira, Compostela, Betanzos, Narón e Ferrol organizaremos unha Xornada Política na que queremos que sirva de espazo de debate entre militantes, simpatizantes e mocidade en xeral.
O noso obxectivo principal é lograr un consenso sobre os aspectos que máis lle importan á mocidade, entre todos/as participantes, para poder trasladarllo así ao candidato ou candidatos/as ao Congreso Nacional do PSdeG-PSOE.
A Xornada Política terá lugar en Culleredo os días 25 e 26 de febreiro e o primeiro día levaremos a cabo catro debates, no que en cada un deles trataremos unha área diferente: “Educación”, “Economía e emprego”, “Modelo de partido”, e “Mocidade activa”. O segundo día 26 transmitiremos e debatiremos as conclusións do día anterior cos candidatos/as ao 12º Congreso do Partido dos Socialistas de Galicia, dos cales o único presentado até a data xa confirmou a súa asistencia para escoitar as nosas propostas e debatelas canda nós.
A sociedade e o noso partido precísanos e somos conscientes de que temos que estar á altura das circunstancias, temos moito que facer e moito polo que loitar. Estamos convencidos de que temos que construír o futuro, participando do presente e sen esquecer os nosos valores que nos definen.
Porén queremos facer un chamamento a todos e todas os mozos/as a participar neste gran foro de debate para poder contrastar ideas, debatir e compartir opinións, co fin de que o noso partido se enriqueza coas nosas achegas e se fortaleza o socialismo galego.
Todos e todas os que queirades participar só tedes que preocuparvos de vir cargados de ideas.
Agardamos a vosa asistencia e participación e enviámosvos un saúdo socialista e republicano.

PROGRAMA:

Día 25:
9:00 a 10:00 Acreditacións.
10:00 a 10:30 Inauguración da conferencia política.
10:30 a 12:00 Debate sobre educación.
12:00 a 12:30 Pausa-café.
12:30 a 14:00 Debate sobre economía e emprego.
14:00 a 16:30 Xantar.
16:30 a 18:00 Debate sobre modelo de partido.
18:00 a 18:30 Pausa-café.
18:30 a 20:00 Debate sobre mocidade activa.

Día 26:
11:30 a 12:00 Presentación das conclusións aos candidatos/as. 
12:00 a 14:00 Debate das conclusións cos candidatos/as


INSCRICIÓN:

Para participar na xornada haberá que enviar o formulario cuberto ao completo (anexo I) antes do vindeiro xoves día 23 de febreiro ás 12h ao correo electrónico xsgculleredo@gmail.com.

ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN:

Os que o desexen poderán aloxarse durante a noite do sábado no Hotel “La Poetisa” (sito na R/ Tierno Galván nº 24 - Culleredo) por un prezo de 14€. Así mesmo, os que desexen xantar o primeiro día, o prezo da comida será de 9€.
Estas opcións deberedes marcalas na ficha de inscrición.

miércoles, 15 de febrero de 2012

XSG-Ferrol: “Wert quere acabar co sistema universitario de bolsas”

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) oponse rotundamente aos plans do ministro de educación, Jose Ignacio Wert, cos que “pretende crear un sistema universitario de excelencia para quen poida pagalo”. “Ademais, -engaden- esta medida acabaría co sistema de bolsas actual que establece estas como un dereito e non como un privilexio”.
Para os mozos/as socialistas, “ a excelencia universitaria tamén supón que toda aquela persoa que queira estudar, poida facelo, e iso non se consegue vinculando as bolsas ao rendemento académico, como presenta Wert, senón facendo que as reciba que realmente o precisa, como até o de agora”.
O secretario xeral, Aitor Bouza, lembra que “foi un goberno socialista, o que estableceu as bolsas como un dereito, apostando por estas como medio para garantir a igualdade de oportunidades” e asegura que “esta concepción é máis importante, se cabe, pola situación económica que atravesa o noso país”.
En relación ás declaracións de Wert nas que asegura que “as bolsas convertíronse nunha asignación non competitiva”, XSG-Ferrol afirma que “as bolsas son un dereito e como tal, non se compite por elas” e consideran que “é inxusto primar o académico ao económico, cando o económico inflúe no académico”.
Por último, os mozos/as socialistas cren que as medidas que cada día vai desmiuzando Wert forman parte dun plan para desarticular a educación pública e volver ao pasado, impoñendo unha universidade elitista no noso país.

martes, 14 de febrero de 2012

XSG-Ferrol denuncia que o PP antepón a súa ideoloxía ultraconservadora á saúde sexual

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) celebra o Día da Saúde Sexual e Reprodutiva lanzando a campaña “Co PP damos marcha atrás” coa que queren denunciar a “deixadez e irresponsabilidade que está mostrando o Partido Popular con respecto á súa política en materia de dereitos sexuais e reprodutivos”. Para os mozos/as socialistas os avances logrados en saúde sexual como a Lei de saúde sexual e reprodutiva están desaparecendo a mans do goberno de Rajoy “que antepón a súa ideoloxía conservadora ao benestar común e á mellora en materia de saúde sexual e reprodutiva”.
Pola contra que o anterior goberno socialista que prestou especial atención á educación sexual e á prevención, para o goberno do PP “a sexualidade é un tema tabú e as políticas en torno a ela brillan pola súa ausencia”. O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “o PSOE mellorou a atención sanitaria cun incremento dos centros de planificación familiar, a formación dos profesionais e a atención ás embarazadas” mentres que “o PP dedicouse a reducir os orzamentos destinados a planificación familiar, o que supuxo o peche de centro e a eliminación de campañas de educación e prevención”.
Ademais, os mozos socialistas consideran que a refoma da lei do aborto coa que se volve á de 1985, é dicir, 30 anos atrás, supón “un retroceso inxustificable que atenta contra a liberdade das mulleres a decidirse sobre a súa maternidade”. Unha modificación “conservadora e retrógrada” á que se engade a posibilidade de que a píldora postcoital volva a ser dispensada con receta e o rexeitamento a que os mozos/as reciban educación sexual coa eliminación da materia de educación para a cidadanía.
Para a organización “as medidas que o goberno está tomando en materia de saúde sexual proceden da súa mentalidade ultraconservadora” e aseguran que “o PP quere eliminar todos os avances conseguidos até agora para limitar a liberdade dos cidadáns deste país a vivir da maneira máis sana, consciente e libre a súa sexualidade”.

XSG-Ferrol: “esta reforma é o maior ataque aos dereitos dos traballadores/as na historia do noso país”

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) afirma que “esta é a peor reforma laboral da historia do noso país”. “Con ela –aseguran– os traballadores/as viron retallados os seus dereitos fronte ao poder dunha patronal que agora pode despedir libremente sen ter ningunha consecuencia”. Para a organización o decretazo laboral de Rajoy mostra “a incoherencia dun presidente que afirmou en campaña electoral que abarataría a contratación para fomentar o emprego e que fixo, precisamente, o contrario: abaratar o despido dos traballadores/as para reducir o custo ás empresas”.
Os mozos socialistas consideran que “as mentiras do PP están levando a este país a unha recesión sen precedentes”. E afirman que “nunca antes, en tan pouco tempo, se tiveran retallado tanto dereito laborais”. Ademais, segundo expuxo o secretario xeral, Aitor Bouza, consideran que “a reforma agrava, especialmente, a situación dos mozos/as ao recuperar a posibilidade de encadear contratos de formación e apredinzaxe temporais até os 30 anos cun salario inferior ao SMI”. É dicir, “o que, ao fin, conseguen os mozos/as con esta reforma son traballos precarios nos que poden ser despedidos libremente sen indemnización; o que supón un éxito para os empresarios, mais unha desgracia para a mocidade”.
A organización denuncia, ademais, que o PP aprobara primeiramente unha reforma na que “elimina a ultraactividade nos convenios e permite despidos de 20 días para contentar á patronal” e logo queira xuntarse cos axentes sociais para negociar. Neste senso, XSG-Ferrol considera que “o decretazo, por unha banda, non creará emprego e, polo outro, converte o emprego que xa hai en precario ao deteriorar as condicións laborais dos traballadores/as. En especial, a de aqueles que teñen contratos indefinidos e que ven como o despido improcedente pasa de 45 a 33 días”.
XSG-Ferrol afirma que “con esta reforma contra os dereitos dos traballadores/as, o PP quitouse a carouta e, que agora, os cidadáns poden coñecer, ao fin, a política que Rajoy quere facer no noso país. Unha política na que as clases medias pagan o prezo da crise, na que os traballadores/as perden os seus dereitos e na que os servizos públicos ven retallados os seus orzamentos a prol dos servizos privados”.
Por último, os mozos/as socialistas consideran que “o goberno actuou de maneira irresponsable ao aprobar unha reforma de tal calado sen consenso e no máis absoluto segredo” e aseguran que xa entenden o medo de Rajoy a unha folga xeral pois “unha reforma tan inxusta e agresiva só pode ter como resposta o rexeitamento da sociedade”. 

viernes, 10 de febrero de 2012

XSG-Ferrol considera que o “efecto inmediato” da reforma laboral será a precariedade e o retallo dos dereitos aos traballadores/as

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) consideran que a reforma laboral anunciada o mércores por Rajoy como “ampla e profunda” implicará a perda dos dereitos laborais, o incremento do desemprego, sobre todo, entre a mocidade e o aumento da precariedade laboral. Para a organización “coas súas declaracións catastrofistas o que quere Rajoy e o Partido Popular é salvarse a si mesmos cando os datos revelen que o paro non mellorou tralos tesoirazos realizados polo Goberno”.

O secretario xeral, Aitor Bouza, afirmou, ademais, que “xa comezamos a ver as mentiras de Rajoy”. “O PP – engadiu- pasouse toda a lexislatura anterior asegurando que tiñan a fórmula máxica para crear emprego e, agora, que están no poder non só non o crean senón que aseguran que o paro crecerá”. Porén cualifica a Rajoy de “mentireiro compulsivo” pois “non só mentiu sobre o paro que agora, segundo el, crecerá en 2012, senón tamén sobre o IRPF que non ía a subir e rematou subindo”

Así mesmo, os mozos/as socialistas entenden que “é unha irresponsabilidade por parte do PP aprobar no día de hoxe unha reforma laboral da que ningúen sabe nada” aínda que “quizais – engaden – ninguén sabe nada porque Rajoy xa intúe que non contentará a ninguén e que terá como resposta unha folga xeral”.

Por último, a organización supón que “os máis prexudicados pola reforma será os mozos/as, xa que, presumiblemente, verán recurtados os seus dereitos laborais, crecerá a precariedade laboral e incrementaranse as taxas de desemprego mozo”. Para XSG-Ferrol “o obxectivo do PP non é velar polos intereses dos traballadores/as, senón polos intereses dos empresarios”. E aseguran que “pode que a reforma laboral non teña efectos inmediatos de creación de emprego previsto por Rajoy, pero seguro que terá como efecto inmediato a precariedade laboral e o recurte de dereitos aos traballadores/as”.

jueves, 9 de febrero de 2012

Os mozos/as socialistas acusan a Rajoy de ser un obstáculo para a emancipación da mocidade


As Agrupacións de Xuventudes Socialistas de Santiago, Culleredo, Becerreá, O Barco, Ribeira, Miño, Betanzos, Narón e Ferrol unirán as súas forzas esta semana para realizar a campaña “Rajoy bótanos de casa” proposta pola Organización a nivel Federal; coa que queren por de manifesto que “moitos mozos/as veranse obrigados a volver a casa dos seus pais trala supresión da renda básica de emancipación (RBE)”. As Agrupacións lembran que a “RBE foi todo un acerto que permitiu a moitos mozos/as independizarse e agora teñen que dar un paso atrás porque non van a poder facer fronte ao pago dun aluguer”. “Ao parecer- enganden dende as Agrupacións socialistas- a Rajoy e ao seu equipo segue sen interesarlle que o mozos/as españois se emancipen e comecen un proxecto de vida independente”.
As Agrupacións lembran que o PSOE foi o único partido que apostou pola RBE. “Unha medida – engande dende as Agrupacións de XSG- que permitiu que máis de 300.000 mozos/as se emancipen, dinamizando, á súa vez, o mercado de aluguer grazas á diminución do esfrozo económico que tiñan que facer os mozos/as para costearse unha vivenda”.
Para os mozos/as socialistas o actual goberno do PP “abandonou aos mozos/as e se converteu nun obstáculo para a súa emancipación”. Neste sentido, as Agrupacións consideran que “eliminar a RBE foi un erro” xa que “esta axuda xerou beneficios fiscais ás arcas públicas ao aflorar datos de inmobles cuxos propietarios antes non declaraban”.
Para as Agrupacións socialistas o que hai que facer e, moito máis en época de crise, é “seguir favorecendo o acceso á primeira vivenda da mocidade a través de políticas dirixidas ao aluguer que permitan dinamizar a economía moza”. E lembrar que “os beneficios obtidos polo mantemento da RBE son maiores que o aforro orzamentario que se pode derviar da súa progresiva redución” polo que esixen que o goberno rectifique e manteña a renda básica de emancipación.

Porén, as Agrupacións desprazarase este venres día 10 de febreiro á localidade de Ribeira onde repartirán información aos mozos/as sobre o tema. Así mesmo, dende o comezo desta semana, as Agrupacións xa presentaron e difundiron esta campaña nas redes sociais con todo o seu material. Finalmente, a través dos Grupos Municipais dos citados Concellos promoverase unha moción na que se inste ao goberno central a revogar a súa medida do pasado día 30 de decembro e a manter a Renda Básica de Emancipación nos parámetros que se coñecían até o de agora, así como a tomar as medidas oportunas para a consolidación e ampliación da RBE a través dunha partida orzamentaria suficiente para garantir un maior alcance entre os mozos/as. E, como non pode ser doutra maneira, que anove o contrato que ten subscrito coa nosa Comunidade Autónoma na xestión da RBE.

XSG-Ferrol: “o PP volve a atacar á escola pública a través dos opositores”

Para Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) a decisión do Goberno de modificar os contidos dos temarios para a oposición a profesores/as supón outro “ataque” á educación pública. O mozos/as socialistas consideran que “con estes cambios o PP pretende castigar a aquelas Comunidades Autónomas que convocaron oposicións e que, curiosamente, son Comunidades gobernadas polo PSOE.


A organización afirma que “unha medida así non se pode tomar da noite á mañá, sobre todo, porque prexudica a miles de opositores que levan meses preparándose e que agora terán que comezar de cero cos seus estudos”. Polo que aseguran que “ o goberno de Rajoy volve a demostrar a súa irresponsabilidade cos cidadáns tomando unha medida “sorpresa” que é innecesaria e que prexudica a máis de 60.000 persoas”.

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, engadiu, ademais, que “co goberno de Rajoy a escola pública non fai senón dar pasos cara atrás, xa que agora os opositores ao ensino público terán que estudar temarios de 1993 obviando a realidade actual e os avances que o mundo experimentou nos últimos anos”.

XSG-Ferrol considerou que unha “vergonza que o ministro de educación comparecera a semana pasada e se lle esquecera comentar que ía a modificar os contidos dos temarios aos opositores”. E, engaden que “con esta medida o PP quere presionar ás Comunidades a que retiren a convocatoria de oposicións co fin de impor o seu criterio sen importarlle o máis mínimo nin o esforzo persoal nin económico dos opositores que invertiron o seu tempo e os seus cartos en prepararse para lograr unha praza no ensino público”.

Por último, os mozos/as socialistas acusan ao Goberno de Rajoy de seguir tomando medidas de maneira unilateral sen ter en conta ao resto de partidos, aos colectivos de ensinantes nin aos opositores. “Ao fin – conclúen- o Partido Popular, como toda a dereita, o único que pescuda é impor o seu criterio sen ter en conta a quen poida afectar”.   

martes, 7 de febrero de 2012

As XSG-Ferrol afirman que “o PP pretende adoutrinar aos mozos/as cunha reforma educativa innecesaria"

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferol) afirman que é “un erro a eliminación da asignatura de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos (EpC)” e non entenden ao ministro José Ignacio Wert ao argumentar “que se trata dunha asignatura que adoutrina”, cando o seu obxectivo é “defender a igualdade de dereitos, desenvolver a afectividade ou dar a coñecer os valores universais que recolle a Constitución Española e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos”.

Para a organización, Wert trabúcase ao catalogar a asignatura como “polémica” e considera que “o único que creou polémica con ela foi o Partido Popular que, seguindo a súa mentalidade retrógrada e opresiva, opúxose dende o primeiro día a que os mozos/as españois tivesen a mesma educación cívica que se imparte no resto de Europa”. “Con esta decisión – engaden- o PP demostra que os que realmente queren adoutrinar e implantar a súa ideoloxía conservadora son eles”.

Os mozos/as socialistas aseguran que “con medidas como esta, Rajoy e o seu equipo demóstranos que a súa prioridade non é sacarnos da crise, senón satisfacer as peticións máis reaccionarias dos seus membros, recurtando dereitos e retrocendendo ao século pasado”. XSG-Ferrol considera que “suprimir Educación para a Cidadanía é unha medida regresiva que, xunto á recente modificación da lei sobre o IVE, fai que os españois retrocedamos máis de trinta anos en dereitos”.

Ademais, dende a Organización consideran que as reformas anunciadas por Wert forman parte dunha “cortina de fume” coa que o “PP trata de ocultar os retallos que está levando a cabo cara a educación pública”.

Por último, ás XSG-Ferrol consideran que “o PP ten un problema coa educación e coa cidadanía ao querer impedir que os homosexuais se poidan casar, as mulleres poidan libremente decidir sobre a súa maternidade e a mocidade teña a oportunidade de coñecer os seus dereitos”. E afirman que “nesta época de dificultades económicas nas que vivimos, fica claro que a prioridade do PP son os retallos en dereitos e prestacións e non a saída da crise á vista das constantes contradicións do propio Rajoy e os seus ministros.

As XSG de Ferrol esixen ao PP que retire o recurso contra o matrimonio homosexual para ser coherentes co seu propio Goberno

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) aseguran que as recentes declaracións de Alberto Ruiz-Gallardón, ministro de xustiza, nas que afirma que “non aprecia inconstitucionalidade no matrimonio homosexual” deben seguirse coa retirada polo PP do recurso presentado no Tribunal Constitucional. Para as XSG-Ferrol, “trátase dun exercizo de coherencia do PP co seu propio Goberno porque, do contrario, se podería pensar que as declaracións de Gallardón son só unha excusa coa que o ministro pretende lavarse as mans e ficar ben ante a sociedade no caso de que o Tribunal Constitucional (TC) acepte o recurso interpuesto polo PP en 2005”.

Para os mozos/as socialistas, Gallardón exemplifica á perfección “a incongruencia que o Partido Popular vén demostrando ultimamente entre o que dice e o que fai, o que demostra o descontrol que ten Rajoy no seu Gobierno”. Neste sentido, o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegura que “non se pode recorrer unha lei ante o TC e permitir que, nada máis e nada menos, o ministro de xustiza diga que para el non é inconstitucional”. “De feito –engaden– se Gallardón considera que non é inconstitucional o que debería facer é pedirlle ao seu partido que retire o recurso”.

Ademais, a organización considera que con estas declaracións “o PP pretende, por un lado, presionar ao TC a que dite unha sentenza favorable ao seu recurso e, por outro, ficar ben con quenes rexeitan o recurso mostrando unha voz discrepante no Goberno”.

Para as XSG-Ferrol “o populismo do que está facendo gala o Partido Popular coa súas decisións e declaracións roza a indecencia política e non é digno dun Goberno cuxas prioridades deben ser saír da crise e resolver o paro”. Porén, dende a organización esixen a Rajoy “que pida ao seus ministros que se poñan de acordo antes de falar e que se cambiaron de opinión sobre o matrimonio homosexual que o digan claramente, que retiren o recurso e que recoñezan que se equivocaran”.

Os mozos socialistas advirten de que o PP quere enmascarar o abandono escolar co bacharelato de tres anos

As Xuventudes Socialistas de Ferrol cualifican a proposta realizada a pasada semana polo ministro de Educación, José Ignacio Wert, de introducir o bacharelato de tres anos como “ineficaz” e aseguran que o que é realmente prioritario é “mantener e aumentar os recursos educativos precisos para conservar a calidade do ensino pública”. “Algo –engaden– que non pasará se o goberno do Sr. Feijoo, como no resto das comunidades del PP, seguen retallando cartos en educación e o Gobierno se gasta o orzamento do Ministerio en implantar unha medida que unicamente servirá para enmascarar o abandono escolar”.

Ademais, a organización entende que esta medida “posiblemente provocará un aumento do concerto educativo de maneira encuberta, xa que é, máis que probable, que se aumente a oferta privada sostida con fondos públicos”. A xuízo do secreatario xeral das XSG-Ferrol, “esta posibilidad sumada á non convocatoria de oposicións para o profesorado poría aínda más contra as cordas a un ensino público que xa veu mermar bastante os seus recursos cos retallos del PP”.

Os mozos/as socialistas advierten de que “as medidas educativas que se están tomando dende o Gobierno central e as comunidades do PP van dirixidas a retallar a inversión na educación pública”. Neste sentido, a organización teme que “ao PP lle dea por instaurar o copago educativo, tal e como acaba de facer co xudicial Gallardón, para restringir a educación e que só poidan acceder a ela quenes poidan pagala”.

Bouza Manso afirma que “agora, por fin, estamos coñecendo o programa do PP. Un programa baseado nos retallos sociais, o pago polos servizos públicos e a supresión de dereitos”. A organización lembra que “é especialmente dura a situación que están a vivir os mozos/as dende que chegou ao goberno Rajoy pois en menos de dous meses vimos cómo conxelaban o salario mínimo interprofesional, quedámonos sen a renda básica de emancipación e están vendo perirgar as súas prestacións sociais”.

Os mozos/as socialistas esixen a Rajoy que dea a cara e que explique “por que en vez de destinar recursos a frear o abandono escolar e mellorar a cualidad educativa prefiere destinar o orzamento a desenvolver un bacharelato co que o único que se conseguirá será crear unha cortina de fume para enmascarar as cifras de alumnado que deixa as aulas”.