viernes, 30 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol súmanse á Hora do Planeta de WWF-Adena

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) súmanse á “Hora do Plante” unha iniciativa de WWF-Adena coa que se pretende concienciar aos cidadáns sobre o cambio climático e os seus efectos. Os mozos/as socialistas están comprometidos na defensa do medio ambiente polo que solicitaron ao goberno municipal a través de instancia presentada o pasado mércores que se una na loita contra o cambio climático e participen nesta iniciativa.

En concreto solicitan que se apaquen as luces que iluminan os principais monumentos, así como os aparatos eléctricos, as luces dos edificios consistoriais e a calefacción destes. O obxectivo, segundo o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “é que estas medidas de aforro enerxético sexan tidas en conta, polo menos, nos edificios municipais e anímese, así, ás empresas, comercios e cidadáns a secundalas”.

O ano pasado máis de 5.000 cidades e 135 países comprometéronse na loita contra o cambio climático e convertiron 2011 no “ano dos pequenos grandes compromisos para crear un modelo de vida máis sostible”. Este ano millóns de persoas participarán na “Hora do Planeta”, este sábado de 20:30h a 21:30h, apagando as luces das súas casas, sedes, monumentos e edificios do mundo.

Dende XSG-Ferrol fixeron un chamamento aos cidadáns e administracións públicas para que se sumen á iniciativa e demostren o seu compromiso co medio ambiente. Ademais, os mozos/as socialistas consideran que “este día non só servirá para fomentar medidas de aforro e eficiencia enerxética senón, ademais, servirá para concienciará á sociedade sobre a importancia do problema do cambio climático e reivindicar un novo modelo enerxético baseado nas enerxías renovables.

Para a organización “atopámonos nun momento crucial na loita contra o cambio climático tralo auxe da enerxía nuclear, porén a defensa do Planeta convértese máis que nunca nun gran reto global no que as accións de cada cidadán demostrarán o compromiso da sociedade na protección do medio ambiente”.

As persoas que desexen sumarse á iniciativa poderán facelo a través da páxina web http://www.horadelplaneta.es/

miércoles, 28 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol cren que a reforma laboral merécese unha folga xeral e unha resposta contundente da sociedade

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) afirman que “a reforma laboral merécese unha Folga Xeral e debe ter unha resposta contundente da sociedade, xa que ataca directamente aos traballdores/as ao limitar os seus dereitos e reducir a súa capacidade de negociación coas empresas”. Porén, a Organización esixe ao PP que “retire, de inmediato, a reforma laboral que deixa, exclusivamente, en mans da patronal o futuro de todos os traballadores/as”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, considera que “os mozos/as deben acudir á folga para defender os seus dereitos laborais e mostrar os seu rexeitamento a unha reforma que admite, por exemplo, que se poida despedir a un empregado cando se lle antolle ao empresario ou un contrato de emprendedores co que a mocidade vese máis desprotexida que nunca ao permitir o despido sen indemnización tras un ano de traballo”.

Os mozos socialistas entenden que “o decretazo laboral do PP debe ter unha resposta firme na rúa, xa que o Goberno non quixo chegar a entendementos cos axentes sociais nin cos partidos políticos no Congreso”. De feito – engaden- o PP podía ter evitado que chegáramos a esta situación se en vez de acatar as ordes da patronal tivese desexado atopar o consenso con todos os axentes implicados, pero preferiu devolver os favores aos empresarios antes que realizar unha reforma laboral xusta”. Neste senso, as XSG-Ferrol consideran que “o Goberno realizou unha reforma abertamente inconstitucional porque consagra o despido libre no primeiro ano e rompe coa negociación colectiva”.

A organización espera que a “folga de mañá sirva para que o Goberno reflexione e retire unha Lei coa que os traballadores/as retroceden máis de 30 anos nos dereitos laborais e que, de manterse, será recordada como a peor reforma laboral realizada por ningún Goberno no noso país”. “A folga – para XSG-Ferrol- servirá para que o Goberno non opte por atallos nin camiños fáciles na saída da crise: non poden nin deben ser os traballadores/as quenes padezan os efectos da situación económica”.

Porén, as XSG-Ferrol entenden que “a resposta por parte da sociedade ante a reforma será firme e contundente”, xa que “non cabe outro tipo de resposta ante unha Lei coa que o PP non só pretende demoler os cimentos dos dereitos laborais conseguidos polos traballadores/as senón, que, ademais, xerará máis desemprego e máis inseguridade laboral”. 

XSG-Ferrol: “Gallardón insulta ás mulleres ao empregalas como excusa para modificar a Lei do Aborto”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) reproba as declaracións de onte do ministro de xustiza, Alberto Ruiz-Gallardón, no que afirmaba que “a liberdade da maternidade é a que fai ás mulleres autenticamente mulleres” por consideralas “retrógradas e ofensivas para a muller”. XSG-Ferrol entende que “a posibilidade de elixir se se quere ser nai ou non é un dereito que non entra en conflito coa maternidade e, porén, non ten ningún sentido que o ministro intente favorecela eliminando a Lei do Aborto”.

Os mozos/as socialistas aseguran que “Gallardón non engana a ninguén ao tentar facer crer aos cidadáns que a modificación da Lei é para favorecer ás mulleres porque todos/as sabemos que se cambia a Lei do Aborto é para satisfacer ao sector máis conservador do seu partido”. E esixen ao ministro de xustiza “que se quere derrogar a Lei por ideoloxía política o diga claramente e deixe de insultar ás mulleres ao empregalas para xustificarse”.

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegura que “ao final todas as políticas do PP pasan polo aro da súa ideoloxía conservadora na que retallan dereito e limitan a liberdade individual dos cidadáns está á orde do día”. E lembra a Gallardón que “se quere protexer a maternidade esixa, por exemplo, á ministra de emprego que recupere os convenios colectivos que o PP eliminou e que era onde se recollía a conciliación laboral e familiar e deixe de tentar manipular aos cidadáns con frases caducas e estereotipadas”.

Dende XSG-Ferrol aseguran que “Rajoy chegou ao Goberno coa tesoira na man. Primeiro retallou dereito sociais e, agora, o dereito que teñen todas as mulleres a elixir libremente se queren ser nais ou non, demostrando que o PP o que menos lle interesa é a igualdade, a liberdade individual e o Estado de Benestar”.  

As XSG-Ferrol súmanse á Folga Xeral para denunciar a perda dos dereitos laborais da mocidade

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) súmanse á Folga Xeral e á manifestación convocadas polos sindicatos maioritarios para o vindeiro día 29 de marzo. No día de onte o seu secretario xeral, Aitor Bouza, expresou “o rexeitamento ás políticas de retallos sociais e á supresión dos dereitos laborais decretados polo goberno.”

A organización denunciou que o actual Executivo “pretende impor unha reforma laboral que atenta gravisimamente contra os dereitos de quenes traballan, están en paro ou pretenden incoporarse no futuro ao mercado laboral” e aseguran que “esta reforma non crea postos de traballo, senón ao contrario, os está destruíndo”.


Os mozos/as socialistas afirman que “a reforma contribúe a precarizar aínda máis as condicións laborais e debilita profundamente aos traballadores/as e ás súas organizacións fronte a patronal, ao desarticular de facto a negociación colectiva de ámbito superior á empresa”.

A organización supón que “os máis prexudicados pola reforma serán os mozos/as, xa que, presumiblemente, verán retallados os seus dereitos laborais, crecerá a precariedade laboral e incrementaranse as taxas de desemprego mozo”. Para XSG-Ferrol “o obxectivo do PP non é velar polos intereses dos traballadores/as, senón polos intereses dos empresarios”. E aseguran que “pode que a reforma laboral non teña efectos inmediatos de creación de emprego previsto por Rajoy, pero seguro que terá como efecto inmediato a precariedade laboral e o recurte de dereitos aos traballadores/as”.

Por último, o secretario xeral asegurou que “a mocidade non está disposta a resignarse nin a permanecer en silencio ante un sistema socioeconómico inxusto que aposta pola desigualdade e que pretende roubar á nosa xeración e ás posteriores o presente e o futuro”.

lunes, 26 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol cualifican de inaceptable a repentina eliminación das bolsas-préstamo de máster e doutorado

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) consideran que a eliminación do sistema de préstamos para estudos de postgrao de máster e doutorado “é un novo ataque do ministerio de educacóin aos estudantes”. Para a Organización é “inaceptable” este novo retallo en educación que fará que miles de estudantes non tean a posibilidade de realizar estudos de postgrao pola falta de axudas.
Ademais, o secretario xeral das XSG-Ferrol critica que “o anuncio desta medida realizouse a tan só cinco días da apertura do prazo da solicitude de ditos préstamos, o que supón que centos de estudantes se vexan afectados pola eliminación repentina desa axuda”.
A Organización critica que no comunicado emitido polo Ministerio de Educación se fale de que “en vindeiras convocatorias se contemplará o mérito académico como un requisito” o que suporá outro ataque aos estudantes con menores recursos económicos, no caso de que as bolsas-prestamos se volvan a convocar.
Por último, os mozos/as socialistas aseguran que “esta medida chega de maneira repentina e sen previo aviso, e supón un retallo máis cos que Wert pretende desmantelar a educación pública e rematar coa igualdade de oportunidades no noso país”.

jueves, 22 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol esixen a Wert que compareza para explicar se van a continuar os retallos no ensino público

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixen ao ministro de educación, José Ignacio Wert, que compareza para explicar en que están consistindo os “estudos sobre racionalización e incremento de taxas universitarias” que o seu Ministerio asegura estar levando a cabo. Os mozos/as socialistas advirten de que “co anuncio destes estduso o que quere Wert é que os cidadáns se fagan á idade de que continuarán os retallos en educación porque o Goberno do PP é incapaz de atopar outra solución á crise que non consista no asestar un hachazo ao Estado do Benestar”.

A organización asegura que “se se mantén, como dixo Wert, a ratio de 55 alumnos/as para manter unha carreira universitaria póñense en risco moitas titulacións precisas para a sociedade”. “Con esta proposta -engaden- o único que conseguirá o PP será que o mercado dite as carreiras que teñen que estudar os alumnos/as limitando a posibilidade de elección”.

Ademais, XSG-Ferrol considera que o “incremento no prezo das taxas universitarias, das que falou o ministro, supón outro ataque máis á educación pública, pois dificultará o acceso á esta de moitos estudantes que, precisamente en época de crise, deberían ter máis facilidades para acceder á educación e non todo o contrario”.

Por último, o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “o último ataque que pretende perpretar Wert vai contra o ensino público de primaria e secundaria ao querer aumentar desmesuradamente o número de alumnos/as por profesor/a prexudicando, así, aos estudantes do ensino público”.
As XSG-Ferrol esixen, porén, que o ministro explique en que consisten os estudos que está levando a cabo e se a súa intención é acabar, definitivamente, coa educación pública a través de dificultar o seu acceso ás persoas con menos recursos, diminuír o número de bolsas e incrementar a ratio de alumnado por profesor.

miércoles, 14 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol esixen a Novas Xeracións que defenda á mocidade fronte aos ataques do PP

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) recomendan a Novas Xeracións (NNXX) que “se quere coñecer as políticas mozas do PP deixe de reunirse con membros do seu partido e lea o BOE porque quizais así se darán conta de que o que está facendo o Goberno do PP non é unha política para a mocidade, senón contra esta”. A Organización afirma, ademais, que “unha de dúas, ou Novas Xeracións non defende os intereses dos mozos/as ou non se enteraron de que o Goberno do PP é o que se cargou a renda básica de emancipación, reduciu á metade as bolsas e condenou a todos/as os mozos/as que acceden a un traballo á posibilidade dun despido gratuíto e á máis absoluta precariedade laboral”.

Porén, XSG-Ferrol esixe a NNXX que “deixe de dar titulares e comece a facer máis política moza, pois de momento o único que fixeron polos mozos/as é apoiar a un Goberno que dificulta, aínda máis, as súas posibilidades de emanciparse, de estudar e de conseguir un traballo digno”. E pregúntanse “se, por exemplo, NN está de acordo co contrato de emprendedores que permite que a un mozo/a o poidan despedir gratir ao cabo dun ano ou se tamén de acordo coa redución das bolsas á metade”.

Por último, o secretario xeral de XSG-Ferrol, Aitor Bouza, considera que “se NNXX quere facer algo polo mozo/as que comece pedindo ao seu propio partido que realice políticas de emprego mozo en vez de abaratar o despido; que incremente os orzamentos destinados a bolsas e que recupere a renda básica de emancipación”. Algo que o dirixente socialista considerou “imposible que suceda, xa que nin Novas Xeracións vais a defender aos mozos/as nin o PP vai a levar a cabo políticas mozas que protexan o futuro da mocidade”.

martes, 13 de marzo de 2012

XSG-Ferrol tacha de “mentiroso” a Wert por enganar aos estudantes ao retallar as bolsas

Xuventudes Socialistas de España (XSG-Ferrol) considera que o retallo do 50% en bolsas e axudas ao estudo de idiomas no estranxeiro é “inaeptable posto que, na situación de crise que vivimos, é fundamental invertir en Educación”. A Organización afirma que “con este retallo o ministro José Ignacio Wert demostrou que é un mentiroso xa que, hai unhas semanas, asegurou que non ía a reducir os orzamentos destinados a bolsas e o primeiro que fixo foi retallalas á metade enganando a miles de estudantes”.

Os mozos socialistas aseguran que “o PP continúa desmantelando o Estado de Benestar con retallos en educación e sanidade o que demostra que o que menos lle interesa é o benestar común e a igualdade de oportunidades”. Para XSG-Ferrol “resulta irónico que o Goberno de Rajoy fale de fomentar o bilingüismo cando o que fai con estes retallos é, precisamente, imposibilitar a quenes teñen menos capacidade económica a aprender un idioma no estranxeiro”.

Neste senso, o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegura que “cando o PP fala de “racionalizar” os cidadáns teñen que botarse a tremer, pois do que están a falar en realidade é de outro retallo nos seus dereitos sociais”. E poñen como exemplo ao ministro de educación que falou de “racionalizar a oferta educativa” e o que fixo “é retallar en bolsas e axudas ao estudo”.

A Organización reprocha, ademais, que o ministro Wert vincule as bolsas a excelencia xa que consideran que o actual sistema de bolsas é eficiente, sostible e xusto con todos aqueles estudantes que para poder estudar precisan unha bolsa. Porén, esixen ao ministro que “manteña o mesmo orzamento de bolsas e axudas ao estudo destinado o ano pasado” e recoméndanlle que “sexa sinceiro e que diga aos estudantes se pensa seguir retallando os seus dereitos e dificultando o seu acceso a un ensino púlico de calidade”. 

jueves, 8 de marzo de 2012

XSG-Ferrol asegura que non tolerará que o PP faga retroceder ás mulleres 30 anos en materia de igualdade

Xuventudes Socalistas de Ferrol (XSG-Ferrol) conmemora o Día da Muller lanzando a campaña elaborada a nivel Federal pola Organización co título “Non somos retallables” coa que denuncian os retallos en políticas de igualdade realizados polo Goberno de Rajoy. Para a Organización “os retallos en dereitos fundamentais así como o desmantelamento de estruturas e institucións levados a cabo polos gobernos autonómicos do PP fan que as mulleres do noso país retrocedan máis de 30 anos na súa loita pola igualdade real e efectiva.
Os mozos/as socialistas denuncian, ademais, que “a reforma laboral que non impón o PP tamén supón un retroceso para as mulleres, pois dificulta a conciliación familiar e laboral e fulmina prórroga dos convenios colectivos nos que se recollían as medidas de igualdade no traballo”. Para XSG-Ferrol “os avances lexislativos en materia de igualdade logrados grazas aos Gobernos do PSOE corren o risco de desaparecer co Goberno do PP que en vez de reforzar o Estado do Benestar dedícase a destruílo coa excusa da crise”.
Para o PP a loita pola igualdade nunca foi unha prioridade como demostra a modificación da actual Lei de Interrución Voluntaria do Embarazo por unha de 1985 ou a posible volta á píldora postcoital con receta médica” aseguran os mozos/as socialistas. “De feito -engaden dende XSG-Ferrol- cando gobernan limítanse a promover medidas e parches para que só as mulleres concilien, obviando o principio de corresponsabilidade, para que sigan asumindo o peso de todas as responsabilidades familiares e o rol propio dunha concepción caduda e machista da sociedade”.
Por último, o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegura que seguirá defendendo a igualdade real e efectiva das mulleres polo que esixe a Rajoy que “manteña a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e a IVE, modifique a reforma laboral para garantir a conciliación laboral e a igualdade no emprego e manteña os orzamentos e subvencións destinados a políticas de igualdade”. Neste senso, concluíu Bouza que “non toleraremos os amagos de retroceso que co pretexto da crise ameazan a igualdade, coa tentación de “devolver as mulleres ao fogar” perpetuando roles e estereotipos tradicionais baseados na división sexual do traballo”.

miércoles, 7 de marzo de 2012

XSG-Ferrol chama hipócrita ao PP por empregar a excusa de liberar á muller para volver a penalizar o aborto

Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) asegura que o Partido Popular actúa de maneira hipócrita ao tentar “excusar” a penalización do aborto, que vai impor o goberno de Mariano Rajoy, mediante a idea de que así se libera á muller. Para a organización “o dereito á maternidade da que fala Gallardón non pode estar por enriba do dereito a decidir libremente da muller”. E, aseguran que “con esta explicación o ministro só demostra a súa intención de contentar ao sector ultraconservador do PP que ve na anterior Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva do Goberno socialista un ataque aos seus valores morais”.
Os mozos/as socialistas afirman que “coa Lei do Aborto que vai a impor o PP as mulleres non teñen a opción de decidir se queren ser nais ou non polo que retroceden máis de 30 anos en dereitos sexuais e reprodutivos”. Ademais, aseguran que “teñen graza que sexa precisamente Gallardón, o ministro que se considera máis progresista, quen impoña as medidas máis retrógradas e anacrónicas do Goberno do PP”.
A organización lembra, tamén, que “a lei aprobada polo anterior goberno socialista é calcada á que rexe na maioría dos países europeos o que situaba ás mulleres españolas ao mesmo nivel en dereitos sexuais e reprodutivos que as europeas, unha situación que agora desaparece grazas ao PP”.
O secretario xeral de XSG-Ferrol, Aitor Bouza, critica, ademais, que o ministro de xustiza fale de “garantes para conciliar a vida familiar e laboral” cando foi o Goberno de Rajoy coa súa reforma laboral quen se cargou dun plumazo os convenios colectivos nos que se recollía a conciliación e os dereitos laborais das mulleres. “O PP -engaden- está logrando que a muller cumpra co caduco estereotipo de ser nai, esposa, pois dende o Goberno non paran de poñer trabas ao desenvolvemento persoal, laboral e familiar das mulleres do noso país”.
Por último, os mozos/as socialistas lembran a Gallardón que “a principal violencia estrutural é a de xénero, a violencia machista ante a que o PP se está dedicando a retallar orzamentos naquelas Comunidades Autonómas onde Goberno, o que está levando ao peche de moitas casas de acollida, a graves retallos de dereitos e ao desmantelamento de estruturas e institucións para a muller”. “Polo que se quere loitar contra a violencia de xénero debería dedicarse a protexer ás vítimas en vez de retallar os seus recursos”.

lunes, 5 de marzo de 2012

As XSG-Ferrol lembran a Wert que os estudantes bolseiros teñen mellor rendemento académico que a media

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) critican que Wert tivese proposto “unha carta común de dereitos educativos básicos para as Comunidades Autónomas”, coa que pretende reducir as “graves diferenzas” educativas que –ao seu xuízo- existen entre as Comunidades Autónomas”, e lembra que “son – precisamente – os gobernos autonómicos do Partido Popular os que están atacando eses dereitos con tremendos retallos na educación pública”. Os mozos/as socialistas pregúntanse se dita carta é consecuencia de que haxa alumnos/as que se vexan obrigados a asistir a clase con mantas e roupa de abrigo.

Os mozos/as socialistas piden ao ministro de educación que aclare a que se refire cando fala de que “a principal prioridade do Ministerio é a racionalización da oferta educativa”. Neste senso, XSG-Ferrol cre que o cometido de Wert está claro, “tratar de realizar máis retallos no ensino público e rematar co sistema de bolsas”.

A organización moza lembra a Wert que “os datos que o seu propio Ministerio publica, reflicten que os estudantes bolseiros teñen mellor rendemento académico que a media”. En concreto, segundo o Ministerio de Educación, os estudantes que reciben bolsa aproban un 79% dos créditos matriculados, mentres que os estudantes que non a reciben, o fan nun 65%, un 14% menos que os bolseiros.

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, reprochou que o Ministro Wert vincule as bolsas á excelencia, ao declarar que “se temos un compromiso coa excelencia, hai que esixirllo especialmente ao alumnado”, xa que considera que segundo os datos citados, o actual sistema de bolsas é eficiente, sostible e xusto con todos aqueles estudantes que para poder estudar precisan dunha bolsa.

sábado, 3 de marzo de 2012

XSG-Ferrol lanza o vídeo “PPancarteros”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) lanzou o vídeo realizado pola Organización a nivel Federal co título de “Ppancarteros”, no que lembran aos dirixentes do PP “un pasado non tan lonxano no que era constante a súa presenza en mobilizacións e manifestacións, moitas delas convocadas polo seu propio partido, en contra das políticas do Goberno socialista”.
Unha vez máis, o PP emprega un dobre rapadoira á hora de medir. Cando eles convocaban ou mobilizaban aos cidadáns para participar en todo tipo de manifestacións en contra do Goberno socialista, exercían de maneira responsable a labor de oposición. Se o fai o PSOE, entón se atreven a cualificalo de escándlo, e lanza acusacións completamente infudadas de apoio á violencia, coas que pretenden confundir aos cidadáns, e desacreditar ao principal partido da oposición, e o exercizo mesmo da política”, afirmou o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza.
Os socialistas non convocamos ningunha manifestacións, como no seu momento si fixo o PP, nin cremos que a nosa labor sexa respaldar, mobilizar e encher as manifestacións, tal e como no seu momento Rajoy recoñeceu que facía o PP, mais estamos convencidos de que temos o dereito a participar en todo tipo de mobilizacións e manifestacións pacíficas contra aquelas medidas do Goberno que consideramos inxustas e seguiremos facéndoo” expurendo dende a Organización.
Os mozos/as socialistas acusaron da dobre moral do Partido Popular, cando “foron os primeiros en atacar a través de mobilizacións, os avances sociais impulsados polo Goberno de Rodríguez Zapatero”. Afirmaron tamén que agora “non lles chega con humillar aos traballadores/as con esta reforma laboral completamente inxusta, senón que atacan a todos os cidadáns que o único que fan é defender os seus dereitos e os avances conseguidos pola loita de moitos/as cidadáns”.
Porén unímonos aos sindicatos nas protestas contra nha reforma laboral que retalla dereitos, e que non vai servir para solucionar o terrible problema do desemprego” explicou Bouza, quen afirmou que “é a nosa obriga situarnos do lado dos cidadáns, e acompañalos nas súas reivindicacións, cando cremos que son razonables”.
Por último, o Secretario Xeral das XSG-Ferrol pediu ao PP “que deixe de faltar ao respecto e de internar machar a imaxe de aqueles que se mobilizan para defender os dereitos laborais, ou unha educación e sanidade pública de calidade”.

viernes, 2 de marzo de 2012

XSG-Ferrol: “Rajoy como presidente do PP exerce de estratega, pero como presidente do goberno é un irresponsable”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) consideran que “Rajoy como presidente do PP exerce de estratega, mais como presidente do goberno é un irresponsable xa que, prefire atrasar os Orzamentos Xerais até que se celebren as eleccións andaluzas e asturianas antes que gañar credibilidade dentro da Unión Europea para mellorar as posibilidades de flexibilizar o déficit”. Unha decisión que, para os mozos/as socialistas, demostra o egoísmo dun Goberno que antepón os seus intereses electorais partidistas ao beneficio e a credibilidade de todo un país.
A organización asegura que “tralo machadazo do PP as políticas sociais o único que se conseguiu é dificultar, aínda máis, o futuro de moitos españois que agora teñen menos dereitos civís e laborais”. Neste senso, XSG-Ferrol recomenda ás Novas Xeracións do PP que “na súa campaña “Nuevas informa” dediquen un apartado exclusivo a informar sobre o retallo de dereitos sociais, o aumento da precariedade laboral e desenvolvan como as políticas do PP estannos a levar a unha década de recesión”.
Os secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, esixiu a Rajoy que, tralos malos datos do paro do mes de febreiro, retire a reforma laboral, pois só xerará máis desemprego e inseguridade para os traballadores/as. Para as XSG-Ferrol, “con Rajoy non se amañou nin se amañará o problema do paro no noso país pois, de momento, a súa única solución foi presentar unha reforma cuxa característica principal é o despido libre e barato”.
As XSG-Ferrol consideran, ademais, que “o feito de que Rajoy asegure que incumprirá o obxectivo de déficit de maneira unilateral, sen contar co consenso europeo, demostra a irresponsabilidade dun presidente que, mentres o desemprego entre os mozos/as volve a subir, o que presenta para alcanzar ese déficit son novos retallos e máis precariedade laboral”. “Unha resposta -engaden- coa que non sairemos da crise, senón que non afundiremos máis na recesión e, con elo, incrementaremos, aínda máis, o desemprego”.