lunes, 10 de diciembre de 2012

As XSG-Ferrol fan un chamamento pola defensa dos Dereitos Humanos


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) realizaron hoxe, co motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos, un chamamento para que o noso país volva a porse na cabeza entre os países garantes do seu cumprimento en todo o mundo.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “a vulneración dos Dereitos Humanos debe ter unha resposta contundente por parte da Comunidade Internacional tanto con esforzos diplomáticos, con misións que aseguren o seu cumprimento, como tamén con esforzos en axuda ao desenvolvemento”.
Para Bouza, “a especulación financiera levou a numerosos conflitos armados tanto por materias primas de primeira orde como por materiais básicos para tecnoloxías, e é aquí onde se producen violancións fraglantes nas que a poboación civil ve vulnerados até límites intolerables os dereitos máis básicos”.
Porén – engadiron dende a Organización- debemos implicar á Comunidade Internacional para tecer redes de comercio xusto, para elevar os controis das circunstancias de produción de moitos produtos, para incrementar os esforzos de cooperación ao desenvolvemento e para xerar aínda máis, se cabe, sobre a situación de determinados colectivos que se haxan nunha situación de absoluta exclusón no respecto á súa esfera de dereitos: infancia, mulleres, anciáns...”
Os mozos/as socialistas concluíron que “España non deben retroceder nos avances realizados en materia de cooperación: o discurso ultraconservador segundo o cal non podemos nin debemos ter cooperación exterior se hai xente que o pasa mal dentro das nosas fronteiras é un discurso tan erróneo como inxusto e intenta inculcar uns valores de individualismo contra os que Xuventudes Socialistas vai a loitar, xa que consideramos que a nosa prioridade é atallar a pobreza e a exclusión social, como elementos do substracto da violación dos dereitos humanos, en calquera sitio, en España e no exterior”.

jueves, 6 de diciembre de 2012

As XSG-Ferrol afirman que “é o espírito do acordo xerado en 1978 o mesmo que esixe hoxe reformas na Constitución”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) aseguraron hoxe que “o espírito de acordo xerado sobre o texto constitucional en 1978 lévanos hoxe a ver como precisas reformas no articulado, a fin de reforzar preceptos para os que a crise económica descubriu fisuras que poñen en risco a cohesión social no marco do Estado Social e Democrático de Dereito”.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “as ameazas que se cernen sobre dereitos fundamentais como a tutela xudicial efectiva ou o ensino, sobre dereitos de índole socioeconómica como a sanidade ou as pensións, ou sobre a pluralidade política nos medios de comunicación públicos lévannos a afirmar que unha reforma do texto constitucional é prioritaria para a boa saúde do clima de consenso xerado en 1978, e para o mantemento da cohesión social.
Para os mozos/as socialistas, “precísase dun pacto xeralizado de modo que a Constitución recolla as necesidades tanto da cidadanía que en 1978 puido votar o texto como de quen naceu con posterioridade”.
O secretario xeral destacou que “precisamos unha Constitución que sinale a nosa realidade no marco da UE, que incorpore unha cidadanía máis plena, que avance no modelo federal, que asegura a separación do Estado e as relixións, ou que recolla a morte digna como un dereito fundamental”. “A recente sentenza do Tribunal Constitucional sobre o matrimonio igualitario – engadiu- asegura que inclusive o propio Tribunal é coñecedor e partícipe da necesaria adecuación aos nosos días do texto.”
Dende Xuventudes Socialistas – concluíron- imos a traballar por xerar un novo consenso entre a nosa xeración e as precedentes, para dotarnos dun texto constitucional que asegure as mesmas cotas de progreso que tivo o noso país dende o fin da Ditadura e a elaboración do actual texto até os nosos días.”
O video editado polas Xuventudes Socialistas pode verse en:

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Manifesto PSOE Día Internacional do Voluntariado


O PSOE súmase un ano máis á conmemoración da Día Internacional do Voluntariado, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 40/212 o 17 de decembro de 1985, coa finalidade de que os gobernos, institucións e organización da sociedade civil únanse a voluntarios de todo o mundo para celebralo cada 5 de decembro. Este ano o lema da xornada internacional é “Celebra o voluntariado”.
Neste día queremos recoñecer a paixón e o compromiso coa que o voluntariado está axudando a mostrar como se pode cambiar o mundo. O noso país, as Organizacións do Terceiro Sector representan en torno ao 30.000 entidades en toda España, de carácter privado, voluntario, e sen ánimo de lucro, que conta con ao redor de 900.000 voluntarios, que prestan servizos de apoio directo a máis de 5 millóns de persoas, na súa maioría en situación de vulnerabilidade e exclusión social.
Este motor de apoio social ante a actual situación de crise e desmantelamento do Estado de benestar ao que está abocando ao noso país as políticas desenvoltas polo PP, debe ser reforzado polo compromiso político en defensa do voluntariado e o seu importante papel para saír desta situación, e evitar que moitos cidadáns e cidadás en situación de vulnerabilidade fiquen definitivamente excluídos e apartados de acceso aos servizos sociais básicos. Porén, demandamos do Goberno maiores esforzos para apoiar ao Terceiro Sector e o voluntariado que nel se desenvolve, así como adoptar unha actitude positiva fronte a el.
A drástica redución, cando non supresión dos recursos destinados a financiar os programas desenvoltos polas organizacións sociais de todo tipo, ou a redución nos orzamentos de 2012 do 50% dos recursos previstos polo Plan Estatal de Voluntariado (de 150 mil. A 75 mil. Euros) son unha clara demostración da falta de vontade política deste goberno para recoñecer e apoiar o traballo desenvolto polo voluntariado do noso país.
Sumámonos ás múltiples voces que dende as organizacións representativas do Terceiro Secto álzanse para denunciar a situación insostible na que se atopan as organización sociais e de voluntariado do noso país, que alertan de que de non poñer os medios precisos, entre un 40 e un 50 por cento de elas pode desaparecer nos vindeiros anos. Para paliar esta situación o Grupo Socialista presentou unha Proposición Non de Lei no Congreso solicitando ao Goberno que inclúa ao Terceiro Sector nos seus plans de pago a provedores, ao verse estas excluídas de todas as iniciativas  impulsada até agora. As organizacións do Terceiro Sector cifraban en máis de 600 millóns de euros os recursos pendentes de recibir por estas organizacións.
Neste mesmo sentido, o PSOE propuxo no Congreso que se amplíe do 0,7 ao 1 a porcentaxe do IRPF destinado a financiar actividades de interese social, que evite a desaparición do tecido asociativo e de voluntariado do noso país, reforzando o seu papel na atención, asistencia e apoio a quen máis sofre e padece a crise.
O PSOE quere reiterar a súa proposta de elaboración dunha Lei específica para o Terceiro Sector que lles confira un marco xurídico propio e estable e lles outorgue unha maior visibilidade e recoñecemento e reitera a súa disposición a consensuar o texto co Goberno.
Por todo elo, no Día Internacional do Voluntariado, o PSOE quere recoñecer a labor comprometida e solidaria que desempeña boa parte da cidadanía española, á que alenta a manter e ampliar o seu compromiso co voluntariado social, porque a súa contribución é imprescindible para alcanzar unha maior xustiza e cohesión social. 

lunes, 3 de diciembre de 2012

XSG-Ferrol: “O PP está a deixar na cuneta aos máis vulnerables”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol criticaron hoxe, co motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, as políticas de retallo aplicadas polo Goberno do Partido Popular nesta materia que están a deixar a miles de persoas sen a atención e as axudas que precisan para o seu desenvolvemento vital.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegurou que “o retallo do 14,4% nos Orzamentos Xerais do Estado para 2013 e a demolición da Lei de Dependencia, demostran que o Partido Popular e Mariano Rajoy non teñen ningunha sensibilidade social, que lle importan moi pouco as persoas afectadas polos retallos, e impórtalles aínda menos, que sexan as persoas máis vulnerables ante a a actual situación económica.
Bouza asegurou que “o ataque do Goberno ás persoas con discapacidade, con redución de prestacións para eles e de dereitos para as persoas coidadoras, denota a cegueira da dereita nesta crise: en lugar de pensar que a discapacidade é unha oportunidade para implantar melloras sociais e dereitos, o PP fai delo un gasto, un número frío nos orzamentos, e non ve os proxectos de vida que está facendo aínda máis difíciles”.
Neste senso, dende a Organización denunciaron tamén a demolición da Lei de Dependencia tralo decreto-lei aprobado polo Goberno en xullo, e aseguraron que “unha lei que permitía a 771.000 persoas e que tiña creado 248.000 empregos en cinco anos, non pode ser inviable como di o PP”.
Trátase- continuou o secretario xeral- dun retallo completamente ideolóxico, inxustificable dende o punto de vista moral, insolidario e que non só non levará a resultados economicamente bos, senón que empeorará a situación do noso país”.
Os mozos/as socialistas – concluíron- anovamos hoxe, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o noso compromiso pola igualdade, por unha vida digna para as persoas discapacitadas; como renovamos tamén o noso apoio ás organizacións e colectivos que defenden os seus intereses e aos que nos sumamos para que ninguén fique atrás”.

domingo, 2 de diciembre de 2012

Manifesto PSOE Día Internacional para a Abolición da Escravitude


O Partido Socialista Obrero Español únese un ano máis á conmemoración do Día Internacional para a Abolición da Escravitude, instituído pola ONU e no que se lembra a data na que a Asemblea Xeral aprobou, o 2 de decembro de 1949, o Convenio para a represión da trata de persoas e da explotación.
O recoñecemento dos dereitos universais para todas as persas foi un trunfo da igualdade, a liberdade e a dignidade de todos os seres humanos. A abolición da escravitude representa máis que un símbolo, é a voz que finalmente foi escoitada e á que se lle deu senso.
Os anos de brutal sometemento que padeceron os millóns de africanas e africanos que foron arrancados das súas terras e levados ao outro lado do Atlántico, acabaron pola firme disposición de homes e mulleres que entenderon que todos os seres humanos nacemos libres e iguais en dignidade e dereitos.
Esas leis contra a vergoña supuxeron o inicio dun camiño longo na pescuda da equidade. Un camiño que pretende erradicar con todo tipo de discriminación por orixe racial ou étnico, que tenta acabar coas desigualdades sociais e económicas ás que historicamente estiveron sometidos os máis desfavorecidos, e en especial as comunidades africanas e afrodescendentes de América e de Europa.
A pesar de que transcorreron oitenta e cinco anos dende que entrou en vigor a Convención sobre a Escravitude, esa práctica deshumanizante adquiriu novas formas no século XXI. Grazas ao movemento contra a escravitude, a comunidade internacional alzou unida a súa voz para declarar que as prácticas da escravitude constitúen unha afronta á nosa humanidade común e que ningún ser humano de ser propiedade doutro. A pesar desta toma de conciencia, hoxe en día existen 21 millóns de mulleres, homes e nenos/as que son escravos no mundo, e en moitos países esta adquire forma de exclusión e segregación.
A segregación debilita a convivencia e o respecto á diversidade. As mulleres e homes socialistas apostamos firmemente por un modelo inclusivo no que a interculturalidade sexa a base para a construción dunha sociedade máis plural, combatemos as inxustizas e traballamos para erradicar a pobreza, a marxinación, o analfabetismo, a violencia contra as mulleres, os abusos cometidos contra a infancia e calquera tipo de desigualdade que supoña unha fractura do modelo social que propugnamos.
Neste día queremos reiterar o noso compromiso co cumprimento das leis contra calquera tipo de escravitude, e reafirmamos a nosa aposta por logra un país máis xusto e igualitario, onde caibamos todos e todas, e onde o respecto á diversidade sexa a clave.
As nación Iberoamericanas puxeron nas súas axendas as políticas afro como prioritarias, e España debe asumilo co rigor preciso na defensa da poboación afroaespañola a quen se nega a súa pertenza a esta terra por prexuízos que xa deberían estar superados nesta sociedade global da que formamos parte.
Reclamamos do Goberno español que implemente adecuadamente e sen dilación os instrumentos establecidos na Directiva 2000/43/CE relativa á aplicación do principio de igualdade de trato das persoas independentemente da orixe racial ou étnico a través dunha Lei Integral de Igualdade de Trato e non discriminación, así como o cumprimento da Proposición non de Lei sobre Memoria da escravitude, recoñecemento e apoio á comunidade moura, africana e de afrodescendentes en España, que presentada polo grupo socialista, foi aprobada por unanimidade dos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados no ano 2009.
Tanto os afroespañois como as poboacións africanas e afrodescendentes que viñeron doutras nacións que conviven con nós, merecen ser respectadas. A inclusión debe levar á identificación de referentes mediante o empoderamento social e político. O Partido Socialista impulsa a través do seu grupo Federal Afrosocialsita a inclusión activa e o exercizo da participación política da poboación afro no noso país.
A declaración do Decenio dos Afrodescedentes  que pronto verá a luz é unha aposta máis da ONU por defender o dereito de todas e de todos a gozar pola igualdade e a liberdade.
As mulleres e homes socialistas, xunto o Grupo Federal Afrosocialista, reafirmamos o noso  reto de seguir na senda da extensión de dereitos da cidadanía e de empoderar aos máis débiles para que a súa voz sexa escoitada e atendida.

Manifesto Día Mundial do SIDA

Como cada 1 de decembro, o PSOE únese á conmemoración en todo o mundo do Día Mundial do SIDA. Un día crucial para lembrar e dar a coñecer á sociedade a epidemia global causada pola extensión da infección  por VIH. Dende o primeiro diagnóstico, no ano 1981, producíronse máis de 25 millóns de mortes relacionadas co VIH e o SIDA en todo o mundo, converténdose nunha das epidemias que máis afectaron á poboación na historia. Actualmente máis de 34 millóns de persoas viven co VIH no mundo. O noso país son ao redor de 150.000 persoas as que viven con VIH.
Neste día queremos denunciar a redución de case un 75% das axudas destinadas a financiar os programas que desenvolven as ONG para a prevención do VIH por parte do Goberno de España, pasando de case 4 millóns de euros en 2011 a 1 millón en 2012, o que conleva consecuencias sociais e sanitarias que supoñen un paso atrás nos logros conseguidos na redución e control de dita infección.
Ademais non debemos esquecer os efectos que a desaparición do Sistema Universal de Saúde aprobado polo PP provoca no noso país, coa retirada da tarxeta aos inmigrantes en situación irregular entre outros colectivos, e as graves consecuencias que esta decisión está tendo e terá na saúde individual e colectiva da sociedade española. Esta exclusión do sistema sanitario ou a dificultade de acceso ao tratamento, implican un deterioro da saúde comunitaria e unha falta de control sanitario, o que xerará un serio problema de saúde pública.
As políticas de retallo económico non xustifican nin compensan un retroceso na resposta do VIH no noso país, dado que a prevención é sempre moito máis rentable que o tratamento posterior de calquera enfermidade e, porén, este suposto aforro non será real se aumenta o número de novas infeccións por VIH no noso país.
Unha irresponsabilidade non só sanitaria, senón tamén política e xurídica posto que o Goberno español está tomando decisións sen contar coa Comisión Nacional de Coordinación e Seguimento de Programas de Prevención do SIDA, encargada de coordinar as políticas de prevención do VIH no noso país. Ademais queremos manifestar a nosa preocupación Multisectorial fronte á infección por VIH e o SIDA 2013-2017, a poucos días de finalizar a vixencia do actual Plan Multisectorial 2008-2012.
Esta decisións do Goberno do PP, ás que se suma a drástica redución do orzamento destinado a cooperación internacional, supoñen un claro retroceso na resposta nacional e internacional fronte ao VIH/SIDA, e contradí claramente os acordos internacionais, tanto económicos como políticos, que asumiu o Goberno español ante organismos como o Programa Conxunto das NNUU sobre o VIH/SIDA (ONUSIDA), a Asemblea Xeral de Nacións Unidas (UNGASS), a Organización Internacional do Traballo (OIT) ou o Parlamento Europeo (PE), para garantir os programas de VIH cara o “Obxectivo Cero”, tal e como impulsa Nacións Unidas.
Porén, o PSOE reitera a necesidade de que as políticas que dan resposta á infección por VIH teñan unha visión e actuación integradora e global, e que contemplen as íntimas conexións entre o estigma, a prevención e o diagnóstico precoz da infección, así como o noso compromiso por un mundo con cero novas infeccións polo VIH, cero discriminacións e cero mortes relacionadas co VIH/SIDA.
Neste día, as mulleres e homes socialistas queremos lembrar a quen faleceu a causa do SIDA, e reiteramos o noso apoio e agradecemento á labor desenvolta durante máis de trinta anos por moitas persoas anónimas, asociacións de loita contra o SIDA, ONG de apoio ás persoas afectadas, e profesionais sanitarios. O seu traballo en prevención, tratamento, apoio psicosocial e sensibilización sobre o VIH/SIDA, e o seu permanente traballo contra o estigma e a discriminación das persoas que viven co VIH, son elementos indispensables para seguir avanzando nunha adecuada resposta á pandemia e garantir os dereitos humanos das persoas seropositivas.

sábado, 1 de diciembre de 2012

As XSG-Ferrol esixen ao PP que a loita contra o SIDA sexa unha prioridade nas políticas sociais


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron ao goberno, con motivo do Día Mundial da loita contra o SIDA, que retome a aposta pola loita contra o VIH cun orzamento adecuado e suficiente.
Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “o Partido Popular e o Goberno de Mariano Rajoy trabúcanse tanto se antepoñen calquera prexuízo moral na loita contra o VIH como se pensan que a epidemia está controlada e deben verse reducidos os fondos para loitar contra elas”.
En opinión de Bouza, “o noso país debe ser un exemplo na loita contra a infección e no apoio das persoas que a padecen. Non é tolerable que os fondos da loita contra o VIH se vexan mermados supostamente pola crise económica, porque os prexuízos derivados desa merma de financiamento si van a ser unha verdadeira crise, no plan humano e social.
Pero se ademais esa redución de fondos agochase un prexuízo ideolóxico – aseguraron dende a organización- o feito sería gravísimo: non só teríamo unha mala medida económica senón a confirmación de que dende a dereita se atepoñen os propios dogmas ao interese xeral e a certeza científica”.
Os mozos/as socialistas animaron aos mozos/as “a non relaxarse na loita diaria contra o SIDA, unha loita na que avanzamos moito terreo coa información, co ensino, coa prevención e con emprego de métodos para evitar o contaxio, coa supresión de prexuízos e desenmascarando dogmas anacrónicos sen ningún tipo de rigor”.
O preservativo foi, é e será un dos medios principais para evitar contaxios e para ter unhas relacións sexuais con plena seguridade e as Xuventudes Socialistas de Ferrol van a seguir remarcando esta mensaxe porque segue sendo preciso facelo, como o primeiro día, tanto entre a poboación moza como entre a sociedade en xeral”.
A organización comezou unha campaña no día de hoxe a través das redes sociais que consiste na difusión do cartel preparado para este Día de Loita Contra o SIDA, pola que pretende concienciar á mocidade en particular e á cidadanía en xeral para que non se esquezan de que este problema segue existindo e non podemos esquecelo.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Manifesto Día Internacional Contra a Violencia de Xénero


Todos os anos, o día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, elaboramos un manifesto, lembramos ás vítimas, damos datos, constatamos que aínda fica moito por facer. As mulleres seguen morrendo ano tras ano por este terrorismo machista, seguen sufrindo na súa vida e na dos seus fillos e fillas agresións físicas e psicolóxicas, seguen a vivir, demasiadas veces en silencio, un inferno do que é moi difícil escapar. E berramos que o machismo mata. Nembargantes, este ano, 2012, o berro debe ser maior, porque a violencia de xénero está a caer no esquecemento. Agora, o Goberno non condea os asasinatos, non sensibiliza, está deixando de prestar apoio ás vítimas.
Hai un ano que o Partido Popular gañou as eleccións e España xa retrocedeu 14 postos no Índice do Foro Económico Mundial. Catorce postos que se traducen nun récord de pasos atrás. Cada dia as mulleres españolas teñen máis dificultades para ter emprego, para facer compatible a súa vida laboral e familiar, para acceder ao ensino, a sanidade ou á atención social, para exercer os seus dereitos sexuais e reprodutivos, para incorporarse a espazos de participación e toma de decisións.
O máis sangrante de todos estes pasos atrás é o que afecta ao dereito das mulleres a vivir sen Violencia de Xénero. No primeiro comunicado oficial da ministra responsable, Ana Mato, tratouse como “violencia no entorno familiar” o asasinato machista dunha muller a mans da súa parella. Acababa de comezar a marcha atrás. Hai apenas uns días, unha nai e un pais destrozados soterraron a unha nena de 13 anos, cuxa proxenitora denunciara o perigo que lle acechaba e non obtivo a protección suficiente, un fallo claro do sistema.
Entre ambos feitos, temos asistido a unha serie de retallos. Os primeiros retrocesos comezaron coas campañas de sensibilización social, que se chegaron a cualificar de propaganda. A prevención e a sensibilización son fundamentais para conseguir a complicidade da sociedade e do entorno, como son imprescindibles para que as mulleres poidan reunir forzas suficientes e afrontar a denuncia da violencia que sufren. A prevención é o inicio do camiño para saír da violencia e, a partir de aquí, as Administración Públicas deben poñer en marcha todos os recursos precisos para protexer e apoiar a súa decisión.
Dende o ano 2011 o Orzamento do Goberno do Estado para a prevención integral da violencia de xénero veuse reducida nun 27%, máis de 8 millóns de euros. Nos orzamentos para o 2013, inclusive o Goberno retallou un milón de euros nos Programas de asistencia social para mulleres vítimas e menores expostos á violencia. O Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial xa fixo unha seria advertencia: os retallos son responsables de que moitas mulleres retiren a denuncia, posto que se atopan nunha situación de desprotección tras presentala. Porén, podemos afirmar que estes retallos en políticas de igualdade están a pór en situación de risco ás mulleres e, con elas, ás súas fillas e fillos.
Ademais, algunhas Comunidades Autónomas están reducindo os orzamentos, os recursos e os servizos de atención e loita contra a violencia de xénero.
O PSOE denuncia os significativos retallos en prevención, sensibilización e protección das mulleres, e das súas fillas e fillos, fronte a violencia de xénero, e convida ás Organizacións e aos outros partidos políticos a defender, de forma conxunta, que non se reduzan os orzamentos e recursos precisos para poder seguir realizando campañas de prevención, sensibilización e apoio ás mulleres; ademais, cremos imprescindible que se desenvolva un plan específico de actuacións para protexer aos e ás menores fronte á violencia de xénero que sofren eles/as xunto ás súas nais. 

As XSG-Ferrol poñen en marcha unha campaña na que animan á mocidade a levantarse contra as políticas de austeridade da UE

As Xuventudes Socialistas de Ferrol levaron a cabo ao longo desta fin de semana a campaña impulsada por todas as organizacións xuvenís socialistas de Europa denominada como “Rise Up” pola que animaron á mocidade a rebelarse contra as políticas que se están a levar a cabo dende a Unión Europea.
A campaña consistiu por unha banda na recollida de sinaturas nas que solicitan ao Consello de Europa e ao Parlamento Europeo que cambien de inmediato as políticas de austeridade e actuen de inmediato a prol dunha Europa do traballo, a ecoloxía e a democracia.
Por outra banda, presentaron a través duns dípticos informativos as súas propostas para que estes cambios que se solicitan se poidan levar a cambo. Segundo explicaron dende a Organización estas pasan por “impostos aos ricos para aumentar os ingresos públicos, loitar contra os paraísos fiscais, desactivar a bomba de reloxería do paro mozo, máis e mellores traballos a través de reducións na xornada laboral, invertir masivamente no aforro enerxético e nas enerxías anovables, protexer aos traballadores/as de Europa, asegurar a independencia dos Estados, introducir unha taxa financeira do 0,1% para limitar o poder dos mercados internacionais e facer unha Europa democrática.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “a mocidade europea soporta completamente os custos da crise. Estamos na primeira liña ante o desemprego, a precariedade laboral, así como a progresiva privatización dos nosos sistemas de benestar e redes de protección social. Estamos sometidos a uns gastos de vivenda inasumibles e, porén, a perda de autonomía dunha xeración, que se ve obrigada a vivir cos seus pais.”
Bouza continuou expoñendo que “ esta situación é consecuencia directa das políticas de austeridade e do desmantelamento do noso Estado de benestar, imposta polos conservadores e liberais en Europa, privándonos do noso futuro”
Os mozos/as socialistas estan convencidos de que “a prioridade en Europa debe ser a loita contra o desemprego, a preservación dun alto nivel de benstar e a diminución das emisións de gases de efecto invernadoiro.” “A democracia e a vontade dos cidadáns europeos – continuaron- deben pesar máis que as decisión dos mercados financeiros e as axencias de cualificación”.

viernes, 23 de noviembre de 2012

XSG-Ferrol: “O retroceso en políticas de igualdade coloca os dereitos das mulleres nunha situación de hai décadas”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol advertiron hoxe que os retallos efectuados polo Goberno do PP en materia de igualdade “supón levar os dereitos das mulleres a unha situación anterior á Constitución”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “xa non se trata só de que os Orzamentos Xerais do Estado retallen un 24% en materia de igualdade, senón que as constantes bravuconadas machistas dos membros do Goberno nestes meses lévannos a unha conclusión: o Partido Popular e o Goberno de Mariano Rajoy son felices situando ás mulleres españolas ante un abismo de desigualdade”.
A elo únese – recalcaron os mozos/as socialistas- o retallo do 7% que os Orzamentos Xerais do Estado para 2013 presentan nas políticas contra a violencia de xénero: elo débenos dar idea de que non só non é prioritario para o Goberno, senón que o Partido Popular o ve como prescindible, sen darse conta de que un retallo na loita contra a violencia machista non é só un retallo, senón un fracaso da sociedade no seu conxunto”.
Bouza lembrou que “xunto coas políticas retrógradas do Goberno de Rajoy, as CCAA do Partido Popular practicaron retallos e elaboran políticas en relación coas mulleres que podería subscribirse pola Sección Feminina nos anos 50”. “Semella- asegurou- que o Partido Popular é feliz relegando á muller ao ámbito doméstico e conducindo á sociedade aos escuros anos de silencio fronte á violencia machista”.
Dende Xuventudes Socialistas de Ferrol non imos a pemitir – afirmaron dende a Organización- que se trate de impor ao conxunto da sociedade un fanatismo fundamentalista, unha serie de dogmas trasnoitados, e un retroceso de décadas cando xa a nosa sociedade ía por un bo camiño grazas a medidas como a Lei Integral contra a Violencia de Xénero ou a Lei de Igualdade”. “Imos a aplicar unha política de tolerancia cero – aseguraron- contra o machismo institucional porque supón un dos apoios máis graves ao machismo social, e porque os e as mozos/as socialistas temos un compromiso claro pola igualdade e pola dignidade da muller no marco dunha sociedade avanzada, como deber ser a nosa”.
Bouza concluíu afirmando que “os retallos conducen a un risco certo dunha diminución de denuncias por violencia de xénero e se este risco se cumple, imos a esixir responsabilidades ao Partido Popular e o seu Goberno”.
A campaña iniciada no día de hoxe dende a Organización consistirá na publicación a través das redes sociais do cartel de campaña, así como sumarse ao manifesto do PSOE do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

jueves, 22 de noviembre de 2012

As XSG-Ferrol lamentan que o PP empregue argucias para impedir que o PSOE tramite a súa proposición sobre desafiuzamentos no Congreso


As Xuventudes Socialistas de Ferrol cualificaron hoxe de “malas artes parlamentarias” a decisión do PP de evitar que a proposición de lei sobre desafiuzamentos se vexa a semana entrante no Congreso.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “é unha burla ao Congreso que o Goberno diga agora que non estudou ben a proposición do PSOE sobre os desafiuzamentos, unha deslealdade institucional e unha falta de sensibilidade coa cidadanía”.
É evidente – engadiu- que o PP e o Goberno prefiren aplicar o seu rodillo parlamenterio antes que solucionar os problemas da cidadanía, como é evidente que pretenden trasladar un debate, impedindo que se celebre a semana que vén, porque lles resulta incómodo e porque son incapaces de priorizar os intereses do país sobre os seus propios”.
Os mozos/as socialistas aseguraron que “a actitude do PP semente dúbidas sobre a súa intención de solucionar un problema do día a día, da España real, dado que prefiren darlle prioridade a un decreto que non soluciona nada, que dá titulares nas noticias durante dous días, pero non evita os desafiuzamentos, que é o verdadeiro problema”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol concluíu que “está claro que o Goberno e o Partido Popular perderon as rendas do país, e só aspiran xa a evitar que as proposicións da oposición cheguen máis lonxe parlamentariamente evidenciando a falta de solucións de Rajoy e os seus ministros”.

As XSG-Ferrol lamentan que o fundamentalismo chegue á Comisión Europea da man de Borg


As Xuventudes Socialistas de Ferrol lamentaron hoxe o nomeamento de Tonio Borg para o cargo de Comisario de Sanidade e Consumo, co voto en contra do Grupo Socialista Europeo, e a pesar do carácter homófobo, sexista e fundamentalista do candidato maltés.
Para as XSG-Ferrol “o apoio do Partido Popular á candidatura de Borg é un apoio inequívoco á chegada de valores ultraconservadores á Comisión Europea, valores de épocas pasadas contrarios ás bases do proxecto europeo”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, destacou que “os valores que apoio Tonio Borg son contrarios á Constitución e ao ordenamento xurídico español, polo que o voto en contra do Partido Popular retrata que a dereita española prefire apoiar a un comisario homófobo e machista antes que apoiar os valores comúns expresados na nosa Constitución e apoiados moi recentemente polo Tribunal Constitucional”.
Bouza asegurou que “as Xuventudes Socialistas de Ferrol van a pedir un control férreo e exhaustivo sobre o comisario e sobre as políticas que pretenda desenvolver, especialmente en materia de saúde sexual e reprodutiva, polo que no seo da nosa organización de mozos/as socialistas europeos (ECOSY) a través da nosa organización a nivel federal (JSE) pediremos focalizar accións de control sobre Borg e accións de preservación dos valores democráticos, é dicir, dos valores comunitarios en materia de Sanidade e Consumo”.

martes, 20 de noviembre de 2012

XSG-Ferrol: “unha vez máis o PP demostra que coa inmigración só sabe frivolizar”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiu hoxe ao Goberno que recapacite sobre a medida mediante a que se pretende ofertar permisos de residencia aos estranxeiros que compren unha casa por máis de 160.000 euros dado que a adoptou sen contar cos colectivos de inmigrantes e demostrando un total descoñecemento da realidade da inmigración no noso país.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “resulta frívolo, ademais de profundamente inxusto, que o Goberno mercantilice o acceso á residencia no noso país”.
O que debe facer o Executivo -engadiu- é promover políticas de axuda aos inmigrantes que, tendo colaborado coa economía española en época de bonanza, atópanse agora no mesmo contexto de crise económica que os nacionais españois. A eles tamén lles afecta o paro e os retallos como parte que son da sociedade, pero semella que o Goberno só o ten en conta como parte dunha estadística”.
Os mozos/as socialistas engadiron que “introducir unha relación entre a residencia no noso país e a propiedade dunha casa é unha medida que non responde á realidade da inmigración por canto quen precisa un permiso de residencia, e moitos de quenes xa o teñen, non dispoñen de 160.000 euros para a compra da vivenda”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol preguntouse “se o Goberno pensou na porta aberta que está dándolle ás mafias da inmigración ao darlles unha oportunidade clara de acceso ao mercado inmobiliario, o que supón unha tremenda irresponsabilidade ademais dunha enorme inxustiza na que quenes máis van a sufrir son os propios inmigrantes”.
Unha vez máis – aseguraron dende a Organización- o PP demostra a súa falta de seriedade en políticas migratorias: con Aznar fixeron unha reforma da Lei de Estranxeiría que era abertamente inconstitucional, foron incapaces durante anos de reducir a economía sumerxida asociada á migración, e agora volven a non entender as demandas das persoas inmigrantes”.
Como conclusión, esixiron ao Executivo “que se sente coas Organización que representan aos diferentes colectivos de inmigrantes, que analice a realidade destes e que dea resposta sensatas e, ao menos, algo meditadas”.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

XSG-Ferrol: “Rajoy e o PP deben entender que a lexislación non avanza a ritmo de catecismo, senón ao ritmo da sociedade española”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol felicítanse pola sentenza do Tribunal Constitucional que considera acorde coa Carta Magna a reforma do Código Civil que regula o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.
En opinión do secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “aínda que a tardanza no fallo é unha tacha institucional que non podemos valorar ben, a decisión adoptada demostra que o contido substancial e profundo da nosa regulación sobre o matrimonio ampara un concepto amplio, e non se reduce a vontade nin dunha parte da sociedade nin dunha crenza relixiosa concreta”.
Os mozos/as socialistas destacaron que “tanto o sentir da cidadanía como a lóxica democrática deixaron en evidencia a un Partido Popular que mantivo durante sete anos unha postura en aberta contradición coa maioría social deste país”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol pediu “unha reflexión profunda ao Partido Popular, para que deixe de tentar impor ao conxunto da sociedade española unha visión da familia na que só se entende representada unha minoría”. “As leis do Estado- engadiron- non poden ser o reflexo dunhas crenzas particulares, senón que deben amparar un mínimo común que sexa representativo de toda a sociedade e o fallo do Tribunal Constitucional vén a ratificar esta postura”.
Dende a organización concluíron que “agora é o turno de Rajoy e do PP para que comecen a entender que a lexislación en dereito de cidadanía non avanza ao ritmo de catecismo, senón ao ritmo que quere a sociedade española, ao ritmo que regulou o Congreso dos Deputados en 2005 e que hoxe ratificou o Tribunal Constitucional”.

martes, 30 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol critican que UPyD e PP apoien a xestión de Wert ao rexeitar a reprobación do ministro proposta polo PSOE


As Xuventudes Socialistas de Ferrol piden ao Goberno que “de unha vez por todas faga caso á cidadanía e paralice a reforma educativa, os retallos en educación e expulse a José Ignacio Wert do Executivo”.
Por outra banda, as XSG-Ferrol critican con dureza a decisión de UPyD e PP de rexeitar a reprobación do ministro de educación, cultura e deporte, proposta polo PSOE e apoiada polo resto de grupos parlamentarios.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, destacou que “só por ter retallado, en menos dun ano, 5.200 millóns de euros en educación, o ministro Wert debería ter presentado xa a súa dimisión” - e engadiu que - “non consentiremos que os plans de Rajoy se cumplan: que Wert aprobe a peor reforma educativa da historia primeiro e despois marche”.
Neste senso, para Bouza “é inxustificable que o Goberno estea retallando en todo aquello que asegura a cualidade da educación pública e a igualdade de oportunidades dos estudantes: bolsas, axudas, profesores/as, infraestruturas e investigación”.
Ante o rexeitamento de UPyD e PP á reprobación de Wert proposta polo PSOE no Congreso dos Deputados, os mozos/as socialistas afirmaron que “apoiar á dereita en algo tan imcomprensible como isto é ser a dereita”, - e engadiron que- “mentre o PP e UPyD apoien ao peor ministro de educación da historia, o resto de grupo parlamentarios, co PSOE á cabeza, esixen a súa dimisión”.
Dende a organización engadiron que “o Partido Popular e UPyD lle fan un flaco favor ao noso país apoiando que o ministro siga no seu cargo: porque o naufraxio ao que Wert levou ao Ministerio de Educación supón un futuro incerto para milleiros de mozos/as e, con elo, un país que se recuperará peor da crise económica”.
Por último, o secretario xeral das XSG-Ferrol referiuse tamén ao plantón que comunidade educativa realizou esta mesma mañá no Consello Escolar do Estado ante o debate do anteproxecto da LOMCE: “que estudantes, docentes e pais/nais dean plantón ao Ministerio o di todo sobre a reforma educativa que pretende converter o ensino nun sistema elitista, segregador e pouco democrático”.

lunes, 29 de octubre de 2012

XSG-Ferrol: “Novas Xeracións actúa cun cinismo incurable ante os Orzamentos Xerais”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol consideran que as Novas Xeracións do PP realizaron un exercizo absoluto de cinismo, a xulgar por como vén os Orzamentos Xerais do Estado.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “só en educación, os orzamentos de 2013 supoñen un retallo de 3,8% en bolsas; entre os Orzamentos de 2012 e 2013, as bolsas Erasmus sufriron un retallo por parte do PP do 75%; e dende que o PP chegou ao Goberno se retallaron un total de 5.200 millóns de euros en educación”.
En opinión dos mozos/as socialistas “que a presidenta de Novas Xeracións tilde de “aposta pola mocidade española” aos Orzamentos máis antisociais que entraron xamais no Congreso, supón actuar cun cinismo incurable”.
Novas Xeracións basea esa suposta aposta pola mocidade en cifras destinadas ao programa Xuventude en Acción ou no financiamento ao Consello da Mocidade, pero afórranse opinar sobre multitude de cifras que supoñen verdadeiras labazadas aos mozos/as deste país” -engadiron.
Ademais – afirmaron dende a Organización – as Novas Xeracións pasan por alto a desaparición da Renda Básica de Emancipación, ou se cala a solemne incapacidade do Partido Popular, de Mariano Rajoy, Feijoo e Rey Varela para impulsar orzamentariamente políticas activas de emprego que reduzan o paro xuvenil”.
Nin sequera as partidas que destacan supoñen algo favorable para a xestión do PP: o Consello da Xuventude perdeu un 17% do orzamento en dous anos e o Instituto da Mocidade perdeu xa un 9% do seu orzamento dende 2011” - asegurou Bouza.
En resumo – concluíron – Novas Xeracións e a súa presidenta padecen un cinismo que resulta incurable, porque hai que ser moi cínico para dar por bos para a mocidade os Orzamentos para 2013 que presenta o PP e para calar unhas cifras que supoñen pór aos mozos/as españois comos as principais vítimas das contas públicas para o vindeiro ano.

miércoles, 24 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol afirman que o Código Penal que propón o PP “é unha involución en dereitos”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol alertaron hoxe sobre a reforma do Código Penal en particular, e sobre o conxunto de reformas que presenta o ministro Gallardón en xeral, xa que ao seu xuízo supoñen “unha involución en dereitos”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “o Partido Popular dá un paso máis nos seus retallos, esta vez aos dereitos de cidadanía: as reformas que presentan o PP e o ministro Gallardón sitúan a España ao borde do abismo no que se refire a garantes das que goza a cidadanía en todo o Estado de Dereito”.
Bouza asegurou que “por unha banda, a reforma do Código Penal que presenta o PP non cumpre unha mínimas garantías constitucionais, supón un ataque directo á seguridade xurídica, está chea de termos de apreciación subxectiva e iso leva aparellada unha absoluta arbitrariedade, sen contar con que priva á cidadanía da tutela xudicial efectiva, un dos dereitos fundamentais máis básicos. Todo elo fai – asegurou- que nos atopemos ante unha reforma incompatible coa nosa Constitución”.
Por outra parte – continuaron dende a organización– o ministro Gallardón xa anunciou a reforma da regulación da interrupción do embarazo, e supón retrotraer ao noso país aos anos 80 e ter unha das regulacións máis restritivas da Unión Europea”.
Os mozos/as socialistas sinalaron igualmente que “a reforma das taxas xudiciais que propón o PP é a aplicación destes criterios dos retallos sociais á xustiza: preténdese deixa fóra das instancias xudiciais a quen non teña suficientes recursos para pleitear o que, en definitiva, é unha xustiza de dúas velocidades: a de quen teña cartos e a de que non os teña”
Para o dirixente mozo socialista, “Gallardón e o PP ocultan os verdadeiros problemas da xustiza neste país cun Código Penal doutro tempo, en lugar de ocuparse de desfacer o atasco xudicial e avanzar no Estatuto da vítima”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol rematou informando que a “nosa organización a nivel federal Juventudes Socialistas de España presentará ao PSOE unha oposición ríxida sobre estas medidas, “sen descartar o recurso de inconstitucionalidade””.

viernes, 19 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol anima aos mozos/as a votar para ser protagonistas do cambio en lugar de vítimas da súa propia abstención


As Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron hoxe dous carteis que forman parte da campaña xa iniciada na pasada semana pola que pretenden explicar as propostas do Partido Socialista así como deixar en evidencia todas as mentiras do Sr. Feijóo ao longo destes anos.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, explicou o contido destes carteis no que “un deles mostra as incesantes mentiras do Partido Popular coa cidade de Ferrol con aquel famoso contrato que se comprometera a cumprir como aval persoal o candidato do Partido Popular e que, como de todos é sabido, nada cumpriu a día de hoxe”. O outro, pola contra, mostra -segundo indicou- que “hai outra forma de facer política cos mozos e mozas deste país e que mentres o Sr. Feijóo reparte maletas aos mellores expedientes de Galicia, Pachi Vázquez comprométese con medidas claras para a mocidade”.
Dende a organización explicaron que “estas medidas pasan pola creación de 25.000 bolsas-contrato durante un ano para mozos e mozas desempregados para incorporarse a empresas en sectores de futuro así como o firme compromiso de que o gasto en I+D alcance a media estatal”. “Blindaremos -continuaron explicando- por lei o carácter público, gratuíto e universal da Educación, garantindo os recursos públicos necesarios entre os cales entendemos que se atopa a gratuidade dos libros de texto para todos e todas”.
Os mozos/as socialistas aseguraron que “o Partido Socialista comprometeuse a non subir as taxas universitarias en ningunha das súas convocatorias para garantir o acceso de todos e todas a un ensino superior”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol expuxo que “a mocidade galega e ferrolá será clave e protagonista fundamental para que o cambio en Galicia sexa efectivo e se garanta o benestar dos galegos e galegas”. Porén animou aos mozos e mozas a acudir a votar en contra das mentiras e as políticas de Feijóo e Rajoy.
Bouza engadiu que “estas eleccións son realmente importantes porque non só está en xogo o goberno de Galicia, senón tamén as políticas do goberno de España”. “Darlle o voto a Feijóo -concluiu- será darlle o voto a Rajoy o que fará que se crean cun cheque en branco para acabar con todo o Estado de Benestar”.

jueves, 18 de octubre de 2012

XSG-Ferrol: “O único camiño posible é que Wert presente a súa dimisión, se paralicen os retallos e se retire a lei”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol únense a petición de retirada inmediata do anteproxecto da LOMCE ao considerala “unha contrarreforma educativa que segrega dende pequenos aos alumnos/as e devólvenos á escola franquista”. Así mesmo, as XSG-Ferrol esixen a paralización dos retallos en educación e a dimisión inmediata do ministro Wert, xa que asegura que “é o hooligan do Goberno e o ministro que non se representa nin a si mesmo”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “non se pode consentir que o goberno do PP desmantele o ensino público nun só ano e agora nos queira vender que se vai a reformar cunha lei que supostamente mellora a cualidade educativa: eso é demagoxia e mentira”. Ademais, destacou que “as mobilizacións non farán máis que crecer con Wert, os seus retallos e a súa Lei porque dinamitan o ensino público e as oportunidades dos que menos teñen”.
Bouza asegurou que “o empecinamento do ministro en desmantelar o sistema educativo tal e como o coñecimos vai a ser a causa de aumentar aínda máis a desconexión do ministro coa comunidade educativa, e isto só vai a remediarse coa retirada da lei, dos retallos e do ministro”. “Os pais – asegurou – van a enviar tranquilos aos seus fillos á escola cando Wert marche para a súa casa”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol anunciou que a súa organización participou e participará nas protestas e manifestacións contra Wert “para acabar cos retallos en educación e co peor ministros de educación da nosa historia”.
Por outra banda, dende a organización referíronse tamén ás declaracións do Obispo de San Sebastián, José Ignacio Munilla, que considera unha “emerxencia educativa” o ateísmo xuvenil, ao que Bouza constestou que “supoñen unha afirmación máis da intención dos sectores ultraconservadores de reimplantar o nacionalcatolicismo nas escolas, a base de ministros que queren españolizar estudantes e obispos que queren sacarlles do ateísmo”. “Todo isto soa – concluíu- á educación doutros tempos de triste lembranza, polo que só nos queda pedir tanto ao ministro como ao obispo que se mentalicen de que España é un país de respeto ás crenzas de cada persoa, é dicir, un Estado de Dereito, democrático”.
Para finalizar, os mozos/as socialistas expuxeron que “as políticas do ministro son idénticas as que xa comezou o Sr. Núñez Feijoo en Galicia e que de non pararlle os pés o vindeiro 21 de outubro veremos como siguen atacando ao ensino público dende o ministerio, pero tamén dende a Xunta de Galicia”. Ante isto, o secretario xeral animou aos mozos/as galegos e ferrolás “a empregar a ferramenta máis forte en democracia: o voto, para que o cambio en Galicia se faga efectivo e darlle un toque de atención ao goberno de Rajoy para que paren todos os estes ataques ao ensino público.

miércoles, 17 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol animan aos mozos/as a votar porque non só é precisa a crítica senón a forza do cambio


As Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron un video de campaña elaborado pola organización a nivel autonómica no que pretenden lanzar unha mensaxe de esperanza aos mozos/as, polo que “outra forma de facer política e solucionar os seus problema é posible”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, animou aos mozos/as a non resignarse ante todos os retallos e acudir a votar porque segundo expuxo “as manifestacións e protestas están moi ben, pero se non se vota non valen para nada.” “As eleccións -continuou- vanse decidir por un puñado de votos e as enquisas reflexan claramente que os galegos e galegas queren cambio e finalmente o haberá”.
Dende a organización lembraron que “cando un fica na casa, no fondo está vontando e están aprobando todos os ataques se están a producir dende todos os ámbitos polo Partido Popular”. “Os que non queren os retallos deben dicirlle que non a Feijoo e a Rajoy porque non podemos esquecer que aínda que pretendan agochalo Feijoo é Rajoy son o mesmo”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol afirmou que “os gobernos non os poñen as enquisas, ponos os votos e a mocidade galega e ferrolá poden exercendo este dereito escribir un futuro distinto”. Bouza Manso insistiu que “cando se mete unha papeleta do PP nas urnas se vota contra un mesmo, contra os máis desfavorecidos, contra a propia vida"
Os mozos e mozas socialistas expuxeron que “sabemos que as cousas están difíciles, pero hai outra forma de facer política. Os galegos/As reflexan claramente nas encuestas que queren cambio, un cambio que achegue as políticas do goberno da Xunta, a un goberno das persoas como o que presenta Pachi Vázquez.
Bouza concluíu dicindo que “o noso programa electoral é o máis pequeno do mundo, ten 5 palabras: emprego, sanidade, educación, igualdade e dependencia.” É así -engadiron – porque non imos a prometer nada que non vaiamos a cumprir e estes son os piares básicos para o benestar dos cidadáns”

domingo, 14 de octubre de 2012

XSG-Ferrol: “Os retallos ás bolsas Erasmus representan a aposta do PP polo ensino e por Europa”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol criticaron duramente os retallos anunciados polo Goberno á súa achega ás bolsas Erasmus.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmaron que “a dirección que está tomando o Goberno é intolerable e inasumible: o retallo do gasto en educación a niveles dos anos 80 é grave, o retallo de bolsas é moi grave e responde a unha concepción vella da dereita, para a que as bolsas son un privilexio e non un dereito, pero o retallo nos Erasmus lévase o premio á indencencia, xa que é un ataque ao ensino e é un ataque á cohesión da sociedade española como parte da cidadanía europea”
Bouza contrastou que “mentres que os gobernos do PSOE nas Comunidades Autónomas seguen mantendo a súa aposta por complementar as bolsas Erasmus, o PP, con Feijoo, Rajoy e Wert á cabeza, camiñan en dirección oposta, volven a unha Galicia aillada de España e a unha España aillada de Europa”
Os mozos/as socialistas lembraron que “co PSOE no goberno, a contía estatal destinada ao programa Erasmus pasou de 4,6 millóns (última cifra da era Aznar) a 62,7 millón no ano 2011, e agora Rajoy e Wert son os responsables de tela retallado en dous anos un 75%, e tela deixado en 15 millón para 2013: un verdadeiro xesteirazo, con toda a aleivosía, á participación do noso país no programa Erasmus”.
Fica claro – engadiron – cal é a orde de prioridade dos Srs. Feijoo e Rajoy, retallar en educación, e cal foi a aposta do PSOE multiplicando por 13 a contía para estas bolsas”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol concluiu que “o programa Erasmus supón unha aposta por un ensino sobre o eixo da cidadanía europea, sobre os valores que representa Europa e sobre a oportunidade que representa a solidariedade entre todo os países europeos: agora xa vemos que opinión ten o Partido Popular de todos estes valores e como os promociona con retallos orzamentarios”.

sábado, 6 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol presentan un video no que mostran as mentiras de Feijoo durante estes catro anos


As Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron no día de onte a campaña moza que levarán a cabo para estas elección autonómicas. Segundo indicaron dende a organización “esta campaña estará composta por varios carteis e videos aos que lles daremos difusión polas redes sociais e mediante os cales queremos demostrar á cidadanía e sobre todo aos máis mozos/as que Galicia precisa un cambio urxente para seguir garantindo o Estado de Benestar”.
A nosa campaña tamén constará dun acto principal mozo no que contaremos coa presenza do candidato á presidencia da Xunta, Pachi Vázquez e os candidatos números 1 e 3 pola provincia da Coruña, Francisco Caamaño e Beatriz Sestayo, co fin de que toda a mocidade ferrolá poida consultar de primeira man as súa dúbidas sobre o noso programa electoral” informou o secretario xeral.
Os mozos/as socialistas explciaron que “neste primeiro video mostrámoslle á cidadanía a verdadeira cara de Feijoo e do seu partido co incumprimento das promesas ante as cales o propio Feijoo se puxera como aval persoal”. “Cremos que é fundamental que a mocidade saiba cal é o compromiso do Partido Popular coa cidadanía, para a continuación no seguinte video que presentaremos, expoñer as nosas propostas de cambio que tanto precisa Galicia e os galegos e galegas para seguir mantendo o Estado de Benestar” engadiron.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, acusou ao candidato do PP, Núñez Feijoo, de ser “un mentiroso compulsivo” e que se “aproveita destas eleccións para prometer todas esas cousas que despois non só non vai a cumprir, senón que fará todo o contarrio, do mesmo xeito que fixo o seu homólogo, o Sr. Rajoy, nas eleccións xerais”
Para as XSG-Ferrol, “Pachi Vázquez presenta un proxecto serio e comprometido cos galegos e galegas, no que quere garantir que todos e todas sigamos sendo cidadáns de primeira e que ninguén fique excluído desta sociedade por ter menos recursos” “Os e as socialistas temos claro que existen unha liñas vermellas que non se poden pasar e nestas estan a educación, a sanidade e os servizos sociais que o PP está aplastando por completo”.

jueves, 4 de octubre de 2012

XSG-Ferrol: “A Lei Wert é un retroceso até o sistema educativo franquista”


As Xuventudes Socialistas de España esixiu hoxe ao Goberno a paralización da reforma educativa que propón o ministro Wert porque “supón o retorno do sistema educativo do noso país aos anos 60, con reválidas, segregación por sexos e coa designación dos directores por parte da Administración e sen a participación dos centros”.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “resulta vergoñento que, tras retallar 5.000 millóns de gasto educativo, o ministro descólguese agora cunha reforma educativa que, polo fondo e pola forma, é antidemocrática: polo fono, porque supón retroceder a unha época de ausencia de liberdades no noso país; e pola forma, porque se vai basear no “rodillo” parlamentario, sen falar cos axentes sociais nin coa comunidade educativa”.
“Os itinerarios que propón Wert supón a creación de guetos, a consagración da falta de igualdade de oportunidades, a implantación dun sistema perverso que vai directamente destinado a crear cidadanía de primeira e de segunda” – engadiron dende a organización, para quen “xunto á profunda desigualdade de oportunidades, o ataque directo á igualdade de xénero, consentindo o financiamento público do ensino segregado, é a outra gran sinatura neocón de Wert”.
“A instauración de reválidas, ao máis puro estilo do réxime franquista, fainos pensar que Wert tratou de plasmar no proxecto algunha fustración psicolóxica, co lamentable resultado de facerlla pagar ao alumnado” – afirmaron.
Bouza rematou afirmando que Wert “non só pescuda mellorar o ensino, senón que a empeora e só vai atopar un rexeitamento da comunidade educativa nas rúas e nos centros”.

lunes, 1 de octubre de 2012

As XSG-Ferrol denuncian que o PP quere impor a súa particular moral na reforma do aborto


As Xuventudes Socialistas de Ferrol denuncian hoxe que o intento do Partido Popular de reformar a actual regulación da interrupción voluntaria do embarazo (aprobada polo PSOE e que instauraba un sistema de prazos) supón “unha regresión nos dereitos das mulleres no noso país, a imposición da moral particular do PP a toda a cidadanía e unha falta de respecto á pluralidade política consagrada na Constitución”.
Para as XSG-Ferrol, “o PP contempla un modelo de muller arcaico, co que estamos en completo desacordo, un modelo no que as mulleres non poden tomar decisións con autonomía e liberdade”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegurou que “mentres que a Lei da Saúde Sexual e Reprodutiva e da IVE era unha lei preventiva, que pretendía evitar embarazos non desexados, que garantía seguridade na atención sanitaria e seguridade xurídica, o PP aposta por normas de represión, considerando ás mulleres como incapaces de decidir por si mesmas e tratándoas como delincuentes”.
O que realmente quere o PP é que as mulleres deban seguir responsabilizándose do coidado dos fillos e fillas, dos roles do fogar – afirmaron dende a Organización – en tanto que os socialistas queremos seguir na loita constante pola consecución dunha igualdade real, efectiva, que elimine teitos de cristas, brecha salarial, que concilie a vida laboral e familiar con corresponsabilidade, algo que demostramos coa Lei de Igualdade e coa Lei de Saúde Sexual e que hoxe o PP pon en perigo antepoñendo crenzas particulares a evidencias científicas, mostrando o seu lado máis ultraconservador
Os mozos/as socialistas aseguraron que “as intencións do ministro Gallardón de reformar a regulación do aborto antes de que remate o ano só se asentan na imposición da súa moral particular ao conxunto da cidadanía, deixando de lado os dereitos das mulleres, as cifras de embarazos non desexados e o respecto ás crenzas do resto da sociedade”. “En definitiva – concluíron- Gallardón leva á lei a súa propia moral e iso ten un nome: fundamentalismo”.

martes, 25 de septiembre de 2012

As XSG-Ferrol: “A Lei Wert é un atraso até o sistema educativo franquista”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno a paralización da reforma educativa que propón o ministro Wert porque “supón o retorno do sistema educativo do noso país aos anos 60, con reválidas, segregación por sexos e coa asignación dos directores por parte da Administración e sen a participación dos centros”.

Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “resulta vergoñento que, tras recurtar 5.000 millóns de gasto educativo, o ministro descólguese agora cunha reforma educativa que, polo fondo e pola forma, é antidemocrática: polo fondo porque supón retroceder a unha época de ausencia de liberdades no noso país; e pola forma porque vaise basear no rodillo parlamentario, sen falar cos axentes sociais nin coa comunidade educativa”.

Os itinerarios que propón Wert supoñen a creación de guetos, a consagración da falta de igualdade de oportunidades, a implantación dun sistema perverso que vai directamente destinado a crear cidadanía de primeira e de segunda” - engadiron dende a organización- para que “xunto a profunda desigualdade de oportunidades, o ataque directo á igualdade de xénero, consistindo a financiación pública do ensino segregada, é a outra gran sinatura neocón de Wert”.

A instauración de reválidas, ao máis puro estilo do réxime franquista, fainos pensar que Wert tratou de plasmar no proxecto algunha frustración psicolóxica, co lamentable resultado de facerlla pagar ao alumnado” - afirmaron os mozos/as socialistas.

O secretario xeral rematou afirmando que Wert “non só pescuda mellorar o ensino, senón que o empeora, e só vai a atopar o rexeitamento educativo nas rúas e nos centros”.

viernes, 21 de septiembre de 2012

As XSG-Ferrol piden aos poderes públicos un maior esforzo contra a explotación sexual e a trata de mulleres, nenos e nenas


As Xuventudes Socialistas de Ferrol realizaron hoxe un chamamento aos poderes públicos para un maior esforzo na erradicación da trata e o tráfico de persoas con fins de explotación sexual.
En opinión do secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “a explotación sexual supón unha lacra pendente para a que a sociedade civil e os poderes públicos deben dar unha resposta contundente, ante a sistemática violación dos dereitos máis elementais, en especial de mulleres, nenos e nenas.”
Para a organización, “nin a sociedade en xeral, nin os mozos/as en particular, podemos permanecer impasibles ante unha das máis grandes, constantes e vergoñentas situacións de violación da dignidade persoal que padece o planeta, que afecta a 12 millóns de persoas no mundo. Son os poderes públicos – engadiron- quenes deben realizar unha tarefa máis profunda precisamente para representar o sentir cidadán contra esta forma de explotación.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol destacou que “os mozos/as socialistas estamos dispostos a reclamar ás administracións esa labor máis profunda para erradicar estas prácticas: as declaracións institucionais están moi ben, pero a acción educativa, a concienciación e a tolerancia cero deben conxugarse para remtar cun delito profundamente extendido, moi lucrativo, que se move nunha atmósfera de ocultación e que goza dunha permisividade incompatible coa protección máis básica dos dereitos humanos”.
Os mozos/as socialistas alertaron de que “non podemos permitir que, baixo o amparo da crise económica, se reduzan os esforzos para combatir esta vergoña no noso propio país, onde unhas 50.000 persoas vense afectadas.” “Non hai excusa económica que valga – concluíron- para reducir esforzos na consecución dunha vida digna para todos os seres humanos”.

jueves, 13 de septiembre de 2012

XSG-Ferrol: “Unha medida eficiente para o ensino sería a dimisión de Wert”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe a dimisión do ministro Wert tralas declaración que efectuou esta mañá en Televisión Española, segundo as cales non entende “nin as razón nin a esaxeración que se está a facer polas medidas que se están a tomar” e “estanse a chamar retallos a medidas que pescudan unha maior eficiencia”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, manifestou que “retallar as bolsas, endurecendo desmesuradamente os requisitos para o acceso a estas ou incrementar as taxas universatarias en case un 70%, son medidas que non teñen nada que ver coa eficiencia nos servizos públicos, senón que teñen un claro matiz ideolóxico e pescudan expulsar aos mozos/as de menor ingresos na universidade”.
Segundo Bouza, “reducir o número de docentes non é eficiencia, senón empeorar as condicións nas que se desenvolve o ensino público, algo que o PP sempre fai, con crise e sen ela” engadindo que “poñer unha reválida ou cambiar os contidos da materia Educación para a cidadanía son retallos de dereitos, nos que ninguén, agás o o empecinamento de Wert, pode ver máis eficiencia”.
Para a organización, “a limpeza ideolóxica en Televisión Española, expulsando a profesionais por non plegarse ás esixencias do PP para fichar a tertulianos afíns (como a propia parella de Wert) si que son un exercizo de eficiencia: eficiencia na depuración dos disidentes, eficiencia en facerse entrevistas a medida, e eficiencia no ataque a unha televisión pública e plural, aínda que disto o Sr. Wert non fale”.
As XSG-Ferrol consideran que as constantes bravuconadas do ministro Wert só poden solucionarse coa súa saída do ministerio, polo ben do ensino público e para non xerar unha verdadeira ineficiencia.

martes, 11 de septiembre de 2012

XSG-Ferrol: “A subida do IVE cultural aplasta a artistas, creadores e público”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse no día de hoxe á campaña promovida pola organización a nivel federal baixo o lema “No al IVAzo cultural” para denunciar que a subida de 13 puntos do IVE cultural é “un atentado do Partido Popular a un dos tesouros máis valiosos de calquera país: a creación, a conciencia crítica e a innovación que levan aparelladas as creación artísticas.”
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza “a subida do IVE aos produtos culturais supón un dobre ataque da dereita ao mundo artístico: por unha banda, un ataque aos creadores, artistas e á súa capacidade de difundir a súa obra, algo que nunca gustou á dereita polo que supón de innovación e de espertar das conciencias críticas; e por outra banda é un ataque á cidadanía, ao vetarlles o acceso á cultura, como parte de formación e de diversión precisa para calquera ser humano e para o enriquecemento común da sociedade”. “Esta subida do IVE ten – agregou- un claro sesgo ideolóxico e non responde a unha medida anti-crise como nos quere facer ver o Goberno de Mariano Rajoy”.
“Os socialistas demostramos, coa proposta de Alfredo Pérez Rubalcaba e do PSOE sobre o gravame aos premios da Lotería que hai alternativas que se poden aprobar antes que subir o IVE cultura nin escolar, pero a dereita viu na crise escusa barata para atacar un mundo co que nunca estiveron cómodos e que sempre quixeron amordazar” – aseguraron dende a Organización.
Os mozos/as socialistas remarcaron que “España demostrou a capacidade dos seus creadores nas diferentes disciplinas, unha calidade que nos fai brillar con luz propia, pero que a dereita se empeña en minusvalorar e non recoñecer”. “Subir o IVE cultura – concluíron- é atentar contra a marca España e contra a imaxe do noso país no seu contexto cultura e este atraso ten nome e apelidos no Partido Popular, e na persoa do ministro Wert, que se converteu no malo da película de auténtico terror para quenes traballan na cultura do noso país.”