miércoles, 17 de abril de 2013

XSG-Ferrol: “A ministra Báñez está totalmente incapacitada para continuar no Goberno ao descoñecer a situación de milleiros de mozos/as exiliados economicamente”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol solicitaron hoxe que a ministra Báñez deixe o seu posto, despois de reducir a unha mera “mobilidade exterior” o feito certo de que milleiros de persoas deste país se viron obrigados a saír de España na pescuda dun posto de traballo.

Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “quedou demostrado que a ministra Báñez non ten os pés no chan, non debe vivir no mesmo país que os parados aos que debería axudar”. “Os socialistas, a través da deputada María González Veracruz, demostramos que sentimos como parte da cidadanía que somos, que son milleiros de mozos/as que abandonaron o país na pescuda dun posto de traballo, pero non chocamos cunha ministra ou ignorante ou, o que aínda peor, irresponsable”.
Os mozos/as socialistas remarcaron que “do Ministerio que dirixe, se se lle pode chamar dirixir, a ministra Báñez non parou de saír de despropósitos dende hai ano e medio. A cidadanía percibiu que as políticas de emprego están en mas dunha perfecta incompetente, unha persoa alonzada da realidade, que só ve números e non ve dramas persoais e que non só non reduciu o paro xuvenil, senón que empurrou a milleiros de mozos/as a abandonar o país, á precariedade ou a aumentar as cifras do desemprego”.
Dende a Organización concluíron que “unha ministra que tivo que aceptar a regañadentes a garantía xuvenil proposta polas institucións da UE para logo facer en España unha chapuza de plan de emprego xuvenil, unha ministra que se saltou xuntanzas dos ministros de emprego da UE cunha frialdade inaceptable, unha ministra que só é foco de problemas xusto onde o país precisa máis solucións só debe ter un destino: deixar o Ministerio como primeiro paso para que o Goberno se tome en serio o paro xuvenil e o exilio económico”.
Vídeo:

XSG-Ferrol: “O Goberno, como é habitual, cede a favor da Santa Sede para cortar liberdades e dereitos xa conseguidos”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixen unha vez máis ao Goberno que cese nas súas intencións de rematar con dereitos fundamentais baseándose en opinións que xorden dende o fundamentalismo relixioso e non do consenso coa sociedade española.

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “cada día é máis necesaria unha separación de Igrexa e Estado, máis aínda en asuntos que non competen para nada á confesión católica. É inadmisible a intromisión ideolóxica que estamos sufrindo por parte deste colectivo, representado nas intolerables declaracións de Rouco Varela”.

Bouza destacou que “os avances en dereitos e liberdades conseguidos nos últimos anos, que nos convertían nun país pioneiro mundialmente, estanse destruíndo a favor dun modelo que quere devolvernos a épocas escuras onde unha vez máis sexa a Igrexa a que tome parte na nosa educación ou capacidade de decidir”.

“Por iso - engadiu Bouza - o Goberno non debe poñer en dúbida cuestións coma o matrimonio homosexual ou a desvinculación da educación católica na escola pública.” “Coas súas visitas ao Vaticano, Mariano Rajoy está apoiando as pretensións de adoutrinamento e influencia sobre os españois da Santa Sede”.

A Organización moza socialista reclama ao ministro Gallardón que retroceda nas súas intencións de modificar a actual lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo e de coartar a autonomía das mulleres pois “con elo so pon en perigo as súas vidas e contenta aos sectores utraconservadores, non soluciona o problema real das concepcións non desexadas”.

Os mozos/as socialistas concluíron asegurando que “Rajoy, coas súas cesións ao Vaticano, non so non está solucionando os problemas que realmente interesan aos españois, se non que está coartando as liberdades e os dereitos que lles custou tanto acadar”.

lunes, 15 de abril de 2013

As XSG-Ferrol esixen a dimisión de Gabriel Martín, vicepresidente segundo da CEUNE


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixiron hoxe a dimisión inmediata de Gabriel Martín, vicepresidente segundo do Consello de Estudantes Universitario do Estado (CEUNE), polo que consideran “unha constante falta de imparcialidade vergoñenta para unha persoa que ten que representar a todo o estudantado universitario”.
Os mozos/as socialistas denuncian as constantes calumnias e faltas de respecto que este membro das Novas Xeracións do PP realiza a Xuventudes Socialistas, mentres exerce un cargo no Órgano colexiado de todos os universitarios de España.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “mentres as taxas se incrementan e as bolsas se retallan escanda.losamente, este mal chamado representante de estudantes, está máis preocupado por descualificar todo o que non sexa rancio e de dereitas para facer méritos co seu amiguiño Wert”.
Con declaracións nas que – engadiron dende a Organizción- se nos acusa de 'fomentar a violencia e a crispación', Gabriel Martín só evidencia, dende o seu decoñecemento e falta de respecto, que non está capacitado para representar á totalidade dos estudantes universarios do noso país”. “Dende as Xuventudes Socialisas defendemos uns principios autonomamente como Organización xuvenil política, algo ao que non semella estar acostumado dende a súa militancia nas NNXX”.
Aitor Bouza concluíu asegurando que “son moitos os mozos/as que abertamente presentan o debate sobre o modelo de Estado, se Martín no é capaz de telos en consideración só lle queda presentar a súa dimisión do seu cargo no Órgano colexiado do Consello de Estudantes Universatario do Estado”.

domingo, 7 de abril de 2013

XSG-Ferrol: “Cos 6.500 millóns que recibe a Igrexa anualmente poderían evitarse os retallos dramáticos que estamos sufrindo”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron hoxe a campaña #nuevoPAPAnuevasNORMAS, coa que pretenden reclamar que os 6.500 millóns que actualmente percibe ao ano a Igrexa Católica se destinen a evitar os retallos que as políticas de educación, sanidade ou dependencia sufriron nos últimos exercizos.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “despois de máis de tres décadas cos actuais Acordos, a Igrexa non só non avanzou cara o seu autofinancimento, como se comprometeu, senón que aumentou a súa dependencia de cartos públicos, uns cartos que hoxe ascenden a 6.500 millóns de euros e que podería destinarse a evitar os retallos en bolsas, en sanidade, en dependencia, en cultura, en definitiva, a evitar os profundos retallos en políticas sociais que afectaron ao conxunto da sociedade española”.

Bouza remarcou que “a campaña non pretende ir contra a Igrexa Católica, e expresou o seu respecto polo conxunto das confesións, pero é evidente que a sociedade española evoluíu dende que asinaron os Acordos vixentes, e que a posición que a Igrexa ocupa na nosa sociedade xa non é a mesma que en 1978, polo que é preciso afondar na separación da Igrexa e o Estado, reformar a Constitución para definir a España como un Estado laico, e dar paso ao autofinanciamento da Igrexa, un obxectivo que non se cumpriu, e que xa estaba presente no Acordo de 1978”.

Os mozos/as socialistas aseguraron que “a Igrexa Católica recibe máis de 6.500 millóns de euros anuais entre exencións fiscais e percepción directa das arcas públicas. Unha cantidade equivalente a tres veces o orzamento do Ministerio de Educación”. “Con esta cantidade -engadiron- tse ivese completado o obxectivo de déficit marcado por Europa para 2012 ou destinado tres veces máis inversión para emprego mozo que o que fixo até agora o Goberno de Mariano Rajoy.”
En opinión das Xuventudes Socialistas “ante o duro drama de políticas de retallos que están sufrindo os españois, con esta partida nos tiveramos aforrado o decretazo en sanidade que fixo o PP hai un ano ou non se tivera retallado o orzamento en materia de servizos sociais e hoxe 771.000 persoas seguirían gozando das axudas da Lei de Dependencia.”
Dende a Organización concluíron que “a intención da Xuventudes Socialistas é que o PSOE asuma como propia esta necesidade do autofinanciamento da Igrexa e da separación da Igrexa e do Estado, no marco dos debates da Conferencia Política socialista, pero anunciaron que, de non aceptarse a proposta, os mozos/as socialistas iniciarán os pasos dunha Iniciativa Lexislativa Popular para lograr este avance.”
Imaxes da campaña en:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.4986447742619.1073741827.1342295810&type=3

jueves, 4 de abril de 2013

XSG-Ferrol: “A imputación de Cristina de Borbón é conveniente e pertinente”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol cualificaron hoxe de “conveniente e pertinente” a decisión do xuíz Castro de imputar a Cristina de Borbón na instrución do caso que se segue contra Iñaki Urdangarín pola apropiación indebida de fondos públicos. 

Na opinión do secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “o que non se sostiña era que, a pesar do evidente nexo entre Cristina de Borbón e as actividades do seu marido, permanecera sen ser imputada até hoxe, un feito que socavaba aínda máis a confianza que a cidadanía xa reducira na Xustiza”.

Para as XSG-Ferrol, “será beneficioso para a cidadanía comprobar que o funcionamento da Xustiza responde a un principio da igualdade e á non existencia de privilexios ou excepcións no sometemento de todos os españois á lei”.

Para Xuventudes Socialistas de Ferrol, “a relación da nova imputada coa xefatura do Estado debe levar aparellada por parte desta última unha explicación mínima e convincente a toda a cidadanía das actividades relacionadas con Iñaki Urdangarín, unha explicación fundamentada e acreditada que separe a unha institución pública, como a xefatura do Estado, das actividades de quen está sendo investigado, precisamente, por un uso indebido de cartos públicos”.

Os mozos/as socialistas destacaron igualmente que “a imputación de Cristina de Borbón supón un paso máis no descrédito da monarquía como forma para a Xefatura do Estado, despois doutros episodios de cacerías, trato degradante a empregados ou manexo de armas por menores de idade”.

Para a Organización, “estes escándalos e sucesos reafirman a necesidade de replantexarse todas as institucións do Estado en resposta a unha crecente demanda da cidadanía de responsabilidade nas mesmas no marco dunha crise económica e social”.

En todo caso, as XSG-Ferrol destacaron que a preferencia republicana da Organización responde a un motivo de convicción, e non a escándalos que se poidan implicar á opción monárquica.