jueves, 17 de noviembre de 2011

PALOMA RODRÍGUEZ CONTESTA AOS MOZOS E MOZAS FERROLÁS NO FACE TO FACE ORGANIZADO POR XUVENTUDES SOCIALISTAS DE FERROL

Nun acto no que acudiron ao redor de cicuenta mozos e mozas da cidade se debateu ao redor dunha hora e media coa candidata socialista ao Congreso, Paloma Rodríguez. Neste café-coloquio os presentes preguntáronlle as súas inquendanzas directamente, mais tamén contaron coa participación de moitos outros que participaron vía online. Os temas máis debatidos foron as medidas que se propoñen para crear emprego mozo, o paro, as bolsa e axudas para estudantes, retallos no profesorado, os privilexios da igrexa católica, a sanidade, a corrupción, a ditadura dos mercados, as deputacións, a lei de interupción voluntaria do embarazo, o canon dixital, entre outras moitas.


O secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol, Aitor Bouza, iniciou o acto agradecendo a ampla asistencia e o interese mostrado por todos os presentes. Calificou o acto como “unha forma de dar a cara ante os mozos e mozas” en resposta á demanda da cidadanía de proximidade entre “as persoas que nos representan e os cidadáns.” Así mesmo, expuxo que “o noso programa e claro e transparente e que grazas a este acto podemos demostrar que non todos os políticos son iguais”. Manifestou que “a mostra de que non dá igual quen goberne está en que Paloma e os socialistas nos precoupamos polos mozos e mozas para que poidan acudir en igualdade de condicións á universidade pública ou que o “meu avó poida seguir mantendo unha pensión, xa que non é o mesmo que se conxelen a que se supriman; que o meu irmán poida seguir mantendo as prestación de desemprego cando se quede no paro; ou que a miña avoa poida seguir contando cos medicamento que precisa sen ter que depender da súa capacidade económica”. Engadiu que “en definitiva todo depende da política e non é o mesmo quen goberne. É porén polo que eu teño claro que votarei a Alfredo Pérez Rubalcaba”

Concluiu que “o noso obxectivo non é vencer nas eleccións, senón convencer das nosas ideas e propostas en actos como este nos que estamos en contacto coa cidadanía”


Pola súa banda, a candidata socialista, Paloma Rodríguez, comezou comentando que a pesar desta crise internacional que nos afecta, “seguimos mantendo os dereitos básicos da cidadanía, como pode ser a educación, a sanidade, e moitos dereitos que coa dereita poden desaparecer”. Expuxo que os socialistas entenden que hai moita xente disgustada, pero que temos que “seguir loitando para superar a crise, pero sempre mantendo as prestacións sociais”. Concliui manifestando que é moi fácil saír da crise retallando indiscriminadamente e destruíndo, “pero este non é o modelo que queremos levar a cabo os socialista e temos que loitar para que non se chegue a implantar”.


Respecto as preguntas que foron contestadas no acto, expoñemos de seguido as respostas e propostas dadas polos dirixentes socialistas:

  • En materia de emprego mozo expuxeron as seguintes propostas: “para os mozos e mozas que non dispoñan de cualificación profesional ofrecerémoslle a posibilidade de completen a súa formación básica e adquiran algún tipo de cualificación profesional específica. Así mesmo para os mozos desempregados entre 20 e 30 anos que non alcanzasen a titulación do ensino obrigatorio, levaremos a cabo un plan de emprezo xuvenil que consiste no desenvolvemento e aplicación dun novo contrato de formación e aprendizaxe, que conxuga o traballo remunerado nunha empresa coa formación que permita adquirir unha cualificación profesional recoñecida. Para aqueles mozos e mozas que dispoñen de cualificación profesional elaborarase un programa de primeira experiencia profesional que se concretará na celebración dun contrato de traballo e, noutros nun sistema de bolsas para desenvolver prácticas profesionais non laborais en empresas”. Subliñaron tamén a importancia das axudas ao emprendemos xuvenil, propoñendo impulsar o crecemento das empresas existentes e apoiar ás nosas empresas na súa internacionalización.
  • Nas solución ao paro, os socialistas propuxeron “mellorar a equidade do sistema fiscal cunha maior progresividade, implatando o imposto sobre beneficios das institución financeiras (para que as empresas que máis beneficios tiveron fagan un esforzo maior), o imposto sobre grandes fortunas substituíndo o actual imposto de patrimonio. Así mesmo propuxeron “lograr a estabilidade orzamentaria continuando co proceso de redución do déficit público en todas as Administracións Públicas, así como evitar o solapamento e duplicidade de competencias cunha maior colaboración e coordinación.” Ante todo, aseguraron que hai que preservar o Estado de benestar e a cohesión social. Finalmente, expuxeron que hai que loitar contra o fraude fiscal, creando ex novo unha oficina específica de carácter especializado que integre órganos administrativos.
  • No tocante ás bolsas expuxeron que “intensificaremos a política de bolsas para garantir a asistencia á atención educativa, aumentaremos o umbral para ter dereito ás becas incrementando a súa contía” Así mesmo, presentaron unha nova medida denominada como becas-salario para estudantes a tempo completo con renda baixa e bo rendemento académico. Finalmente, expuxeron que “crearemo un programa de mobilidade dos estudantes universitarios dentro da xeografía española”

Para finalizar, o secretario xeral das XSG-Ferrol, agradeceu novamente a asistencia, pero sobre todo a participación dos mozos e mozas e que espera que tras este debate, os participantes puideran ver “que non todos somos iguais, xa que non nos agochamos tralo programa electoral, senón que damos a cara”.

O acto será colgado na web para os que desexen velo, así como todas as respostas están no Facebook das Xuventudes Socialistas de Ferrol.

martes, 8 de noviembre de 2011

Face to face con Paloma Rodríguez

Que é o Face to Face?
O Face to Face é un café-coloquio coa candidata no 3 ó Congreso pola provincia da Coruña, Paloma Rodríguez (https://www.facebook.com/profile.php?id=100001325439774&sk=wall). Neste acto poderás preguntar todo o que consideres do teu interese respecto a proposta socialista para as vindeiras eleccións xerais do 20N. É a mellor forma de que te informes sobre o que queremos facer en políticas de mocidade, preguntando ti mesmo á candidata.

Como podes participar?
Hai diversas formas para participar:
1.- Acudindo o vindeiro sábado día 12 de novembro ás 17:00h á cafetería “EL FERROLANO” (sita na R/ Dolores, no 8) e preguntándolle directamente á candidata Paloma Rodríguez (a pregunta poderás facela por escrito e de forma anónima).
2.- Participando online ese mesmo sábado en directo enviando as preguntas a través do taboleiro do Facebook “Xuventudes Socialistas de Ferrol” e a través do twitter @xsgferrol e serán lidas e contestadas durante o acto. (Aqueles que desexen que non sexa revelado o seu nome deberán enviar as súas preguntas por mensaxe privado)
3.-Enviándonos unha mensaxe privada ao Facebook ou Twitter.

O café ou refresco corre da nosa conta, esperámoste!!

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Xuventudes Socialistas de Ferrol prensenta a campaña do voto por correo

O secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol, Aitor Bouza, anunciou esta mañá que a formación porá en marcha, a campaña de voto por correo impulsada dende organización a nivel Federal, baixo o lema “Non votar por correo, pasarache factura”, co fin de que os cidadáns sexan conscientes de que “cada voto conta, xa que del depende o que ocorra durante o vindeiros catro anos no noso país”. Neste senso, segundo o exposto polo dirixente “é fundamental que o votantes saiban que o ParJdo Popular o que quere é instaurar o copago, aínda que tenten ocultalo”.

Segundo explicou Bouza Manso “a campaña pretende moJvar ao electorado a defender os seus dereitos mediante o voto.” Para a organización é evidente que o PP quere desmantelar o Estado de Benestar, “tal e como se demostra no noso Concello e na nosa Comunidade, onde goberna o PP”.

É por isto que dende “Xuventudes Socialistas de Ferrol queremos fomentar o voto como maneira de defender os dereitos sociais ante os ataques conJnuos que sufrimos por parte do ParJdo Popular” expuxo Aitor Bouza. “Por este moJvo elixiuse dende a dirección estatal da organización como imaxe de campaña a un carteiro entregando unha factura con cargos por educación e sanidade que é o que pasará se goberno o PP dado que, de momento, o único que fixeron e aseguran que seguirán facendo é retallar os servizos públicos” explicou o secretario xeral.

“Para nós acudir a votar é o exercizo máis democráJco co que contan os cidadáns para expresar a súa vontade e defender os seus dereitos”. De aí, a importancia desta campaña, coa que, dende a organización, queren mobilizar a todos os electores para que exerzan o seu dereito ao voto e “defendan con el os servizos públicos que tanto nos costou conseguir e polos que o PP quere que paguemos dúas veces, unha cos nosos impostos e outra co copago” concluíu Aitor Bouza.

Porén, a Agrupación desprazarase este xoves e venres ás zonas de marchas do centro de Ferrol, onde reparJrán información aos mozos/as sobre o tema. Así mesmo, dende o comezo desta semana, a Organización xa presentou e difundiu esta campaña nas redes sociais con todo o seu material.