“A casa da Xuventude debería de
estar traballando máis que nunca, para que Ferrol deixe de ser para os mozos e
mozas unha cidade sen oportunidades”
“A única explicación que vemos a semellante disparate é que, como o concello non sabe que facer co edificio do hospicio, pasa para alí a Casa da Xuventude e así faise unhas fotos a concelleira, que parece que é o único que lle importa"
As Xuventudes
Socialistas de Ferrol denuncian o peche da casa da Xuventude, trasladando as
súas funcións ao edificio do antigo hospicio municipal: “Os mozos e mozas de
Ferrol tíñamos unha casa da Xuventude estupenda, un espazo con múltiples aulas
independentes e deseñado para este uso e o Concello non se lle ocorre outra
cousa que pechala”.
Segundo explicou a
secretaria xeral, Ana Lamas, “A única explicación que vemos a semellante
disparate é que, como o concello non sabe que facer co edificio do hospicio,
pasa para alí a Casa da Xuventude e así faise unhas fotos a concelleira, que
parece que é o único que lle importa”.
As XSG de Ferrol xa
veñen denunciando a falta de políticas para a mocidade en Ferrol, que adoece de
multitude de problemas: “A casa da Xuventude debería de estar traballando máis
que nunca, para que Ferrol deixe de ser para os mozos e mozas unha cidade sen
oportunidades”.
Para os mozos e mozas
socialistas queda de novo de manifesto que o Partido Popular non cree nos
servizos públicos: “O PP ten sempre por desgraza unha estratexia moi clara:
primeiro baleiran de contido e de actividade os espazos públicos, para logo
pechalos ou privatizalos, non é ningún segredo que a dereita non cree nos
espazos dos cidadáns”
Recordan que unha vez
máis a Concelleira non contou coas asociacións de Ferrol: “de novo quedou de
manifesto que ao Goberno preocúpalle ben pouco o asociacionismo e que non creen
na participación cidadá”
Para rematar os mozos
e mozas socialistas animan ao Goberno local que empece a traballar pola
mocidade de Ferrol, e xa bastantes problemas teñen e que deixen de argallar
inauguracións de cousas que xa existen”.