martes, 17 de junio de 2008

PARTICIPANDO


Antes de nada quería mandar a todos os militantes das Xuventudes Socialistas de España, Galicia e Ferrol un forte abrazo e animalos a non desfalecer e a seguir loitando polos nosos ideais de igualdade, solidariedade, xustiza social e respecto a todas as persoas independentemente da súa raza, cor, ideoloxía ou a relixión que profesen e en segundo lugar pasarei a relatarvos que foi o que me animou a militar nas Xuventudes Socialistas de Galicia e no meu caso máis concretamente en Ferrol que é o meu lugar de residencia e onde nacín e vivo aínda que estou por semana en Coruña debido aos meus estudos.
Para comezar, pois dende que fun pequeno vin nos meus pais o sacrificio que fixeron para manternos á miña irmá e a min e infundíronseme valores de respecto, solidariedade, sacrificio e xenerosidade. Eles foron os que me ensinaron que é o Socialismo, que ao meu modo de ver é intentar lograr unha sociedade máis xusta e facer felices aos demais na medida do posíbel, xa co paso dos anos e ver na casa estes valores que se me foron inculcando e coas lecturas, charlas, conversas con xente da familia, amigos e coñecidos, foime involucrando e fóiseme espertando o activismo e a conciencia social da que fai falla cambiar a sociedade na que vivimos que unicamente está baseada no capital descoidando ás persoas e que o capital condénsase cada vez en menos mans e a pobreza vaise xeneralizando ao resto da Humanidade.
Creo firmemente que podemos cambiar as cousas que hoxe en día suceden, só necesitamos moz@s solidari@s, críticos e autónomos, que participen e con vontade de facer deste mundo no que vivimos un lugar máis xusto, onde non haxa ricos nin pobres e onde todos teñamos os mesmos dereitos e obrigas onde só importa que es persoa e que todos en definitiva poidamos gozar dunha boa educación, unha sanidade e ninguén morra nin por guerras, nin por terrorismo nin por fame.
Grazas por ler este humilde comentario e mandarche, Julián, as miñas máis sinceras condolencias de parte da miña familia e amigos e saudar ao resto de compañeiros militantes de XSG- Ferrol e de Galicia e de España, un forte saúdo do voso compañeiro e amigo Celso.












Celso Posada Fernández
Militante XSG- Ferrol

EU PARTICIPO:


Dende sempre sentín a necesidade de loitar contra o establecido, sempre estiven segura de en que cría, e porque o cría. Cando escoitaba falar de personaxes que defenderon ese mesmo ideal no que eu creo, cando vía a Felipe González na televisión, pensaba en que eran persoas de carne e óso, de familias normais, que foron mozos coma eu, e que un día decidiron facer algo. Por iso, pregunteime: porque eu non?, non me gustaba quedarme na casa enfadándome co televisor, nin dar un mitin sobre que hai que facer aos meus amigos, porque dende o sofá non se pode amañar nada. Por iso, decidín que quería axudar dende dentro.

Os motivos polos que son socialista, nos que creo, e os que me impulsaron a entrar en XSG son varios: son socialista, porque creo no ben común máis aló do ben individual, sen caer en idealismos, simplemente creo que cada persoa merece ser respectada polo mero feito de selo, e que a miña liberdade remata onde comeza a do outro, xa que para min o máis importante para un socialista é o resto de persoas que están ao seu redor, sen importar a clase social, a raza ou a relixión. Son socialista porque loito por unha sociedade xusta e equitativa, na que nun prato non sobre o que noutro falta, na que non exista un opresor, porque ninguén teña que deixarse oprimir, unha sociedade que confíe no desenvolvemento, sen medo aos cambios. Creo no socialismo porque non impón, dá lugar ao libre pensamento, sen tratar de facer verdades universais, apostando polo diálogo e por escoitar a cada persoa, porque de todo se aprende e todos temos dereito a expresar a nosas ideas, sexan cales sexan. Como muller, creo na igualdade de dereitos e oportunidades, no recoñecemento da muller como igual ao home, deixando a un lado o tradicional machismo da dereita.

Pode que o ambiente no que crecín tivese moito que ver co que eu hoxe penso, así, dende moi pequena, escoitaba as charlas sobre política que se facían nas sobremesas na casa da miña avoa, había opinións para todos os gustos, e pouco a pouco eu fun forxando as miñas propias ideas. Cada día que pasa teño máis ganas de traballar, cada día vexo que hai máis polo que loitar, que cada vez que gañamos unha batalla hai que pensar na seguinte. Non podemos conformarnos co que se vaia conseguindo, senón ser máis ambiciosos e avogar por unha sociedade máis xusta, más libre, por unha sociedade de culturas, que respecte e acolla. Porque sempre hai algo máis para mellorar.

Cando me preguntan o motivo polo que decidín afiliarme a XSG non podo máis que facer referencia a unha frase de Pablo Iglesias, “os socialistas non morren, os socialistas seméntanse”, houbo grandes políticos no partido socialista, e pode que sexan o abono dos xoves que hoxe militamos, por iso hai que mirar ao futuro, os xoves somos os cimentos dos partidos, a continuidade do que un día comezou Pablo Iglesias, debemos tomar as rendas para continuar unha obra non rematada, para dar luz a ese facho que nos cedeu e facer que brille con máis forza que nunca. Creo que debo rematar animando a que quen comparta estas ideas, e teña gañas de cambiar as cousas se afilie, e despois de citar ao noso fundador quero citar unha frase do Presidente del Goberno José Luis Rodríguez Zapatero: “NON ME CALO E PIDO QUE VÓS TAMPOUCO VOS CALEDES”


Iriana Gil Paz.

Militante de XSG-Ferrol

NO CIRCO DO “PP”CRÉCENLLE OS ANANOS.


Resulta canto menos paradoxal a situación que estamos vendo no Partido Popular, despois dunha derrota máis, e ante a decisión do actual Presidente, (o cal até o 9 de marzo era admirado e apoiado por todo o PP para liderar España) de presentarse á reelección á presidencia do seu partido, agora resulta que non só non o queren para liderar España senón que non o queren nin no seu partido.
Atrás quedaron xa os tempos nos que Esperanciña agarrábase ao seu brazo para a foto, xa que agora só quere agarrar a súa cabeza. Pasaron á historia tamén os eloxios e afagos de Jiménez e Pedro J. que mentres que antes anunciábano como “o salvador”, agora sométeno a constantes ataques diarios. Abandónano xa tamén Gil e Ortega Lara, e é que a ese xiro centro reformista só o seguen Gallardón, que por outro lado foi o apestado e excluído das xerais e parece que tamén Fraga.
Non obstante, non debemos deixar pasar inadvertido que este xiro ao centro non é nin máis nin menos, que unha estratexia electoralista a longo prazo, pois é inadmisíbel a idea de que Rajoy estes últimos catro años estivo secuestrado por Aguirre e o seus secuaces, e diría máis ben que se está desfacendo da carga para que gañe en velocidade o veleiro e é que amigos, a pesar de que a Rajoy lle medren os ananos, Rajoy aínda vestido de seda, na dereita extrema se queda.

Julián Reina Villalón.
Secretario Xeral de XSG Ferrol