viernes, 25 de abril de 2008

A importancia da cultura nos nosos días





Hoxe en día nos tempos que corren nos que as presas o individualismo e a desconfianza de uns a outros están na orde do día, compre salientar a importancia da cultura nas nosas vidas, aínda que no nos demos conta é un ben moi escaso pero importantísimo que fomenta a igualdade, a solidariedade e a pluralidade, principios básicos de toda sociedade denominada libre, na que todos os individuos son iguais sen importar o xénero, a raza, o sexo etc....

Dende a miña humilde opinión, a cultura nos fai libres porque se pode atar un corpo pero non unha mente.

Ler é vivir varias vidas sen saír da túa, é pórse no lugar do outro, comprender como pensa ou como sinte dende o momento, e por enriba de todo enriquecémonos con outras culturas xa que a mestura de culturas enriquece a vida humana.

En definitiva ler é vivir como diría o noso amigo Cicerón “unha casa sen libros é como u corpo sen alma”.

Ser un individuo autónomo é moi importante nos tempos que corren xa que aparentemente todos actuamos como autómatas, vestindo igual, pensando igual e comportándonos como unha masa de borregos, e a lectura nos fai seres libres pero responsables, non soo das nosas vidas senón das vidas dos outros.

A lectura crea individuos que son capaces de transformar a sociedade nun mundo no que o racismo, clasismo e sexismo queden erradicados e triúnfe a igualdade.

Tendo en conta todo o mencionado anteriormente, aproveitando a oportunidade e a xenerosidade que se me brinda neste interesante blog, fágovos a invitación de pasarvos polo Cantón de Molins en Ferrol no que atopase a feira do libro, non vos arrepentiredes!!!



Un saúdo cordial do voso compañeiro.

Celso Posada Fernández.

Militante de XSG-Ferrol.

jueves, 10 de abril de 2008

CELEBRACIÓN DO DIA DA REPUBLICA




O vindeiro finde celebraremos o aniversario da república e nos gustaria e queremos animar a toda a mocidade a participar.


As actividades son as que siguen:


- 12 de abril de 2008 ás 12:30 visita guiada á exposición 75 aniversario da república, no Ateneo Ferrolán.
- 12 de abril de 2008 ás pola noite repartiremos dípticos, marcapáxinas e invitacións para a festa do día da república.
- 13 de abril de 2008 á 1:00 (é dicir madrugada do 12) festa no Pinsapo, para conmemorar a República, e de 1 a 2 teremos 2 X 1 nas copas.
- 14 de abril de 2008 14:00: reparto nas saídas dos institutos e na universidade dos dípticos e os marcapáxinas.


saude e república!!!

martes, 8 de abril de 2008

II Edición de Lingua de Amor


Esta nova edición do concurso Lingua de Amor é a edición de consolidación desta iniciativa do Consello da Xuventude de Galicia (CXG).

O servizo de Normalización lingüística do CXG púxose de novo a traballar nun proxecto cuio obxectivo fundamental é tratar de normalizar o uso da ligua galega entre os máis mozos; e qué mellor xeito de facelo que a través de declaracións de amor o día das letras galegas. Éstas, son un bó exemplo de que a lingua galega debe ocupar novos espacios que lle foron tradicionalmente pechados, como a internet, foros, chats...

Para poder participar no concurso só tendes que rexistrarvos na páxina web de lingua de amor: http://www.linguadeamor.eu/ e dende alí enviar unha declaración de amor antes do 14 de maio.
Os premios serán os seguintes:
Categoría A:( 14 a 19 anos )1º Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego2º DVD portátil + un lote de libros en galego 3º MP3 + un lote de libros en galegoCategoría B:( 20 a 30 anos )1º Viaxe a París para dúas persoas + un lote de libros en galego2º Ordenador portátil + un lote de libros en galego3º TV LCD 19” + un lote de libros en galego