martes, 10 de diciembre de 2013

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE FERROL SÚMANSE Á MOBILIZACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA CONVOCADA POLA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA .

As Xuventudes Socialistas de Ferrol decláranse aterradas ante a desmantelación do sistema sanitario: “A Xunta privatiza os servicios que consideran máis rentables para beneficiar a determinadas empresas privadas, xa o feito de por prezo á sanidade é perverso e non fai máis que demostrar o que é a ideoloxía de dereitas: un sistema no que o que poda que pague e o que non que morra” .

“Estaremos alí, defendenso a nosa sanidade porque xa está ben de facer negocio cos nosos dereitos” declarou a Secretaria Xeral, Ana Lamas.

Os mozos e mozas socialistas alertan de que ísto non é máis que un plan a medio plazo: “Primeiro privatizan os servizos máis rentables e golosos para ás empresas, pero non só para beneficialas, senón para decir máis adiante que o sistema público non é rentable, e así ter a excusa para a privatización. Desta maneira van abonando o terreo para construir a sociedade na que cree o partido popular”

As Xuventudes Socialistas alertan que a sociedade non pasará por alto o engano e animan a loitar por que non nos rouben un dos dereitos que deben ser máis intocable: o da saúde.
“Neste momento, no que parece que só podemos analizar as cousas en base os beneficios económicos temos que defender máis que nunca aqueles asuntos que deberían estar fora dos balances, porque decidir sobre a saúde e sobre a vida en criterios económicos non o fai ninguna persoa con un mínimo de humanidade” apunta a organización, o mesmo tempo que recorda que “as políticas liberales que só ven criterios económicos e que defende o PP como bálsamo para todo, non é máis que o mesmo problema que produxo a difícil situación que hoxe en día vivimos neste país: o enriquecimento duns poucos sacrificando á maioría”


A organización xuvenil estará entón na mobilización de hoxe, 10 de Decembro, na Plaza de España.

martes, 3 de diciembre de 2013

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DENUNCIAN AS CARTAS DO ALCALDE

É incríble que coas necesidades que ten a nosa cidade o alcalde mande 30.000 cartas a cargo da administración” 

As Xuventudes Socialistas de Ferrol queren mostrar a súa indignación ante as 30.000 cartas que o alcalde da cidade mandou aos cidadáns co fin de que participaran nas mobilizacións do naval.

“O que necesitamos é un alcalde que lle plante cara aos seús compañeiros de partido en Madrid e Santiago, que condean o naval coa súa indiferencia” declarou a Secretaria Xeral, Ana Lamas. Apuntan ademáis que “a cidadanía de Ferrol demostrou sempre que non necesita una carta do alcalde para defender o seu futuro” .

As Xuventudes Socialistas opinan que foi un paripé máis, como o foi a “caravana do PP” que viaxou a Madrid: “Para nós é claramente un acto populista, unha maneira de salvar as posadeiras o alcalde, ante a xestión vergoñenta da crise do naval por parte do partido popular”. 

Os mozos socialistas esixen que o concello de contas do custo das cartas e sinalan que os cartos poden destinarse a mellores fins dadas as necesidades dos ferroláns e ferrolanas . Opinan que se o alcalde quere facer propaganda do seu partido que o pague do seu peto,xa que é moi mala idea confundir partido con concello.

martes, 26 de noviembre de 2013

As Xuventudes Socialistas de Ferrol mostran o seu apoio ao Naval e súmanse ás mobilizacións previstas

Unha delegación das XSG de Ferrol acompañou aos traballadores de Navantia polas rúas de Santiago na mobilización desta  mañá.
As XSG denuncian a actitude dos gobernos de Madrid e Santiago, “mentindo con propósitos electoralistas, xogando co pan dunha comarca que agoniza”
As Xuventudes Socialistas de Ferrol acompañararon esta mañá aos traballadores de Navantia Ferrol na súa mobilización polas rúas compostelás, para trasladarse posteriormente ao Parlamento .
Súmanse ás demandas dos traballadores e traballadores: “Todas as máns son poucas para loitar polo noso futuro” apuntou a Secretaria Xeral, Ana Lamas.
Os mozos e as mozas socialistas denuncian enerxicamente a actitude do goberno de Nuñez Feijoo, que actuou só co propósito de conseguir os votos dos ferroláns, mintindo e vendendo contratos sen materializar: “De non concrétarse os contratos prometidos, o Presidente da Xunta debe dimitir, se lle queda un ápice de altura moral”
As Xuventudes Socialistas de Ferrol uniranse tamén aos traballadores e traballadoras, na protesta na Plaza de Armas durante a celebración do pleno. “O alcalde de Ferrol da a espalda aos cidadáns pechando o acceso ao pleno aos traballadores que só reclaman o prometido, limitar a entrada aos cidadáns demostra o seu escaso talante democrático”.

A mocidade ferrolana se mobiliza contra a violencia de xénero

“A metade da terra, a metado de ceo e a metade do poder” parafraseo a deputada Laura Seara, nun acto no que se fixo fincapé no preocupante recorte das políticas contra a violencia de Xénero
As XSG aseguran que “a violencia de xénero é unha lacra na nosa sociedade e no debemos deixar de lado a loitar contra ela, neste momento que todo parece reinado pola economía”
As Xuventudes Socialistas de Ferrol e de Fene celebraron o pasado sábado, unha conferencia na que presentouse o vídeo da campaña “Todas e todos contra a violencia de xénero” realizado por devanditas agrupacións locais.
Contaron coas intervencións do Secretario Xeral de Galicia, Aitor Bouza e da deputada socialista Laura Seara. Presentou o acto a Secretaria Xeral da agrupación de Ferrol, Ana Lamas.
A Deputada Socialista Laura Seara puxo en valor as políticas en materia de Igualdade levadas a cabo polo goberno de Jose Luis Rodríguez Zapatero e denunciou os preocupantes recortes que leva realizado o goberno popular nestes dous anos. Destacou que este recortes afecta a ´tódolos ámbitos: concienciación, prevención…
O vídeo, no que participaron centos de cidadáns e cidadanas dos concellos de Ferrol e Fene portando diferentes lemas adicados ás mulleres que sufren esa violencia, empezará a súa difusión en redes hoxe mesmo, e ten a vocación de convertirse nun vídeo viral co motivo do día Internacional contra a Violencia de Xénero.

lunes, 12 de agosto de 2013

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS ANIMAN Ó CONCELLO A “ESTREAR” A CONCELLERÍA DE MOCIDADE

“Queremos lembrarlle á concelleira que temos una sangría de emigracións de mozos e mozas, animámosla a que volva á terra e escoite o que necesitan ós ferroláns”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol queren mostrar hoxe, día internacional da Xuventude, o seu disgusto ante a inexistencia de políticas para a mocidade que está a levar a cabo o goberno local.

Os mozos socialistas califican como unha burla que o concello “celebre” cun concerto o día da mocidade e que non dedique máis esforzos a solucionar os problemas dos mocidade ferroláns. “É unha vergoña que nun concello con semellante índice de paro xuvenil o goberno só se dedique a gastar cartos en traer ós cantantes de La Voz. Para nós é una mostra clara que o goberno nin coñece nin lle interesa os problemas reais da mocidade ” apuntou a Secretaria Xeral, Ana Lamas.

 As Xuventudes socialistas lamentan a falla de políticas activas de creación de emprego xove e a inexistencia de axudas para a emancipación, temen que “dentro de pouco paseen máis mozos ferroláns por Londres que pola Calle Real”.“Queremos lembrarlle á concelleira que temos unha sangría de emigracións de mozos e mozas, animámosla a que volva á terra e escoite o que necesitan ós ferroláns”

Lamentan que o concello non teña vontade de familiarizarse coas inquedanzas da mocidade e que teña bloqueada a creación do consello local da xuventude, mecanismo que podería ser útil para entender que necesitan ós mozos e mozas do concello.

Respecto á actividade de “conducción segura” que vendeuse a bombo e platillo como parte da celebración do día da xuventude, llembranlle á concelleira que, na situación actual, a porcentaxe de mozos que poden permitirse un coche é moi limitada. “Se ben é certo que consideramos que é una actividade moi útil estamos totalmente en desacordo en ligala á celebración do día internacional da mocidade , xa que o vemos como una forma de criminalizar e calificar de imprudentes ós mozos e mozas. Animamos ó concello en que concentre os esforzos nos problemas prioritarios como o desemprego”.


domingo, 11 de agosto de 2013

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS ANIMAN Ó ALCALDE A CONFIAR NA CIDADANIA

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) criticaron duramente a falta de medios de participación por parte da cidadanía na elección das actividades das festas de Ferrol.
“Unha vez máis o goberno local de Rey Varela puxo de manifesto que non cre na participación cidadana” apuntou a Secretaria Xeral, Ana Lamas, que lembrou que na derradeira lexislatura os veciños podían votar na web do concello, sendo parte activa na organización das festas.
Os mozos socialistas lamentáronse tamén do proceso de contratación, o que calificaron de “oscuro e chapuceiro” e animan o Concello a tomarse “un pouco máis en serio” a participación cidadá xa que gracias a Rey Varela a nosa cidade pasou de ser un referente da participación cidadá a eliminar a sua concellería.

viernes, 28 de junio de 2013

XSG-Ferrol: “A pesar da homofobia do PP, hoxe conmemoramos o primeiro día do Orgullo LGTB con matrimonio constitucional”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) presentaron a campaña “Orgullos@s da nosa identidade” que consistirá  na difusión de mensaxes e carteis a través das redes sociais e en repartos de información á mocidade. 

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, salientou que “como acontece coa igualdade das mulleres, a pesar dos numerosos avances obtidos durante os gobernos socialistas en favor do colectivo LGTB, os datos indican que aínda non contamos cunha igualdade real”. “A enquisa LGTB UE amosou que o 91% dos españois padeceu ataques homófobicos no seu centro escolar, o que nos sitúa no posto 18 da Unión Europea”. Por outra banda, “a FELGTB alerta que o 43% das vítimas pensa no suicidio e un 17% o intenta”.  

A Organización salientou que “é necesario prestar máis atención ao colectivo LGTB nas etapas temperás da vida”. “Por iso, dende as XSG vemos como a inactividade do Goberno do PP de cara á erradicación da homofobia empurra cada vez máis ás desigualdades”. Asemade, “a eliminación da Educación para a Cidadanía, que defendía a libre orientación afectiva e sexual da paso a unha Educación Cívica e Constitucional que despreza os contidos con respecto á homofobia e ás desigualdades”. 

Os mozos e mozas defenderon “a realización de estudos oficiais que permitan coñecer en profundidade a problemática por intolerancia discriminatoria á que se ve sometida a mocidade pola súa orientación sexual”. “É necesaria a formación de profesionais que traballen contra o acoso escolar transfóbico e o desenvolvemento de campañas da Consellería de Sanidade e de Educación”.

Bouza denunciou que “namentres a orientación sexual ou a identidade de xénero non estea protexida polas institucións e non se garanta a tolerancia e a liberdade non podemos falar de sociedade avanzada”. “Para iso é fundamental visibilizar a situación 
de especial vulnerabilidade das persoas LGTB no eido rural, que afrontan máis dificultades para asumir e facer visible a súa orientación ou identidade debido ao rexeitamento social e á falta de recursos”.
O Secretario Xeral concluíu indicando que “as XSG de Ferrol estaremos presentes en todos os actos conmemorativos lembrando as revoltas de Stonewall, participando durante esta semana nos actos de diferentes cidades galegas”.


miércoles, 5 de junio de 2013

As Xuventudes Socialistas de Ferrol chaman á xestión alimentaria sostíbel no Día Mundial do Medio Ambiente

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse á campaña “Pensa. Aliméntate. Aforra” impulsada polas Nacións Unidas para a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente do 5 de xuño. O obxectivo desta campaña, que levarán a cabo a través da difusión de información e dun manifesto nas redes sociais, é “a redución da cantidade de comida que remata ao ano no lixo”. “En Galicia son 242 toneladas as que se tiran anualmente, unha das taxas máis baixas do país na reutilización das sobras”. 

O secretario xeral, Aitor Bouza manifestou en nome das XSG-Ferrol “a súa preocupación polo momento de crise no que se atopan moitas familias galegas que teñen que facer uso dos comedores sociais”. “Máis de 80.000 familias contan con todos os seus membros en paro e as partidas para o financiamento dos bancos de alimentos son cada vez menores”. “Vemos así a inxustiza social que supón este desperdicio de comida cando é unha necesidade dunha boa parte da nosa sociedade” –engadiu. 
Os mozos e mozas socialistas aludiron tamén ás “repercusións medio ambientais asociadas. “Se desperdiciamos comida significa que todos os recursos empregados para producila tamén o son”. “Asemade –explicou Bouza– estas toneladas convertidas en residuos teñen que ser tratadas producindo gas metano, un dos gases de efecto invernadoiro responsábel do cambio climático”.  

Bouza instou ás administracións públicas “a facer esforzos para reconducir esta situación, incorporando planificacións no sector hostaleiro e favorecendo un consumo responsábel que fomente a compra en mercados locais”. “O Estado debe promover un acordo entre organizacións sociais e representantes da industria agroalimentaria que permita un aproveitamento eficiente dos alimentos”.

Neste sentido, o líder das XSG-Ferrol propuxo diferentes accións como “a flexibilización dos criterios mínimos de estética dos produtos, a promoción da cooperación entre os diferentes axentes da industria alimentaria, a redistribución dos excedentes ou a difusión de boas prácticas entre os diferentes Concellos, comunidades e países”. 



“É esencial –concluíu o dirixente socialista– o fomento de cursos educativos sobre alimentación que fomenten unha cultura de aforro e reutilización das sobras”. “O mellor método para eliminar a destrución contaminante dos residuos é evitar a súa produción e para iso é imprescindíbel a concienciación nesta materia”. 




viernes, 10 de mayo de 2013

XSG-Ferrol: “reformar a Lei IVE é unha labazada de Gallardón aos dereitos de todas as mulleres”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe “a retirada da reforma que ten intención de impoñer o goberno de Mariano Rajoy en materia de aborto e saúde sexual e reprodutiva”.
O secretario xeral, Aitor Bouza, definiu a proposta de reforma da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo como “un retroceso propio de tempos franquistas que amosa unha posición ultraconservadora por parte da dereita española retirándolle o dereito a decidir ás mulleres”. 

O líder das XSG-Ferrol reivindicou a “Lei IVE aprobada polo Goberno socialista baseada en prazos que lexitimaban o dereito a decidir das mulleres”. Para Bouza, esta lexislación “non se trataba simplemente dunha ‘Lei do aborto’, senón dun plan que acadou a diminución do número de interrupcións voluntarias do embarazo grazas ao aumento da educación sexual e reprodutiva”.

Bouza cuestionou a constitucionalidade desta reforma, xa que “non garante os dereitos fundamentais das mulleres”. “O que propón o Partido Popular constitúe un gran risco para a súa vida e a súa saúde e condena a súa liberdade de decisión obrigándoas a recorrer á clandestinidade para dispoñer deste dereito”.

En opinión das Xuventudes Socialistas de Ferrol, “a reforma da Lei IVE corresponde exclusivamente a razóns ideolóxicas lideradas pola Igrexa católica e retoma as condicións que establecía a lei do ano 85, relegando a España á cola dos dereitos das mulleres con respecto ao resto de países europeos”. 

“O Partido Popular non pode insultar de novo á cidadanía promovendo a idea de que esta reforma atende a razóns de austeridade” –engadiu Bouza. “A igualdade entre homes e mulleres non entende de retallos que atentan contra uns dereitos adquiridos grazas á democracia” –concluíu.
#nosotrasdecidimos

jueves, 9 de mayo de 2013

As Xuventudes Socialistas de Ferrol reivindican o europeísmo dinamitado polos retallos da dereita



As Xuventudes Socialistas de Ferrol denunciaron hoxe as políticas levadas a cabo na Unión Europea pola dereita conservadora liderada por Angela Merkel e respaldada en España por Mariano Rajoy e o Partido Popular. 

O secretario xeral, Aitor Bouza, advertiu de que “a política neoliberal da dereita xera na cidadanía europea desconfianza e desafección polas institucións comunitarias”. “Non podemos permitir que Merkel e os seus secuaces acaben co sentimento europeo a base de retallos inxustos que asfixian importantes políticas sociais baixo un trasfondo ideolóxico agochado como suposta austeridade”.
En relación a estas reducións orzamentarias, o líder das XSG-Ferrol esixiu á “maioría conservadora que dirixe as políticas da Unión Europea" que “cese de afogar aos estados membros marcando obxectivos de déficit sen ter en conta o sentir e as necesidades da cidadanía”. “O contexto de crise económica actual non pode servir de escusa para atacar os dereitos adquiridos nos últimos anos” –engadiu Bouza.

O secretario xeral defendeu o papel que debe ter a institución na loita contra o paro xuvenil “reintegrando ou introducindo á mocidade no mercado laboral europeo.” Como propón JSE, Bouza reclamou “un Pacto Europeo polo emprego que aumente as partidas orzamentarias centrándose en países como o noso que conta cunha elevada taxa de desemprego xuvenil”. 

"Debemos apostar polos avances no espazo educativo europeo –engadiu Bouza– xa que é o mellor método para acadar posteriormente salarios e empregos dignos. “Temos que potenciar a construción de infraestruturas que impulsen o crecemento económico da Unión sen descoidar as sinerxías noutros ámbitos de tanta importancia como o ensino”.

Bouza amosou o desexo da mocidade de “acadar unha Europa unida que destaque pola axuda mutua dos estados membros en prol dos intereses da cidadanía”. “Temos que constituír un referente dentro da Unión para estender este sentimento atacado polo escepticismo xustificado pola dereita”.

martes, 7 de mayo de 2013

As Xuventudes Socialistas de Ferrol chaman á mobilización masiva contra o neofascismo de Wert


As Xuventudes Socialistas de Ferrol confirmaron hoxe a súa presenza nas mobilizacións estudantís convocadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público contra a Lei Wert para o vindeiro xoves día 9 de maio. 

O secretario de organización, Aitor Rodríguez, presentou as accións informativas que a Organización ten previsto desenvolver os vindeiros días para esixir ao Goberno a retirada da Lei Wert, o fin dos retallos no ensino público e a dimisión inmediata do ministro de educación, cultura e deporte, José I. Wert.

“Temos que denunciar unha contrarreforma educativa do Partido Popular que –segundo Rodríguez– nos devolve ao pasado franquista, implantando de novo as reválidas, outorgándolle máis peso á materia de relixión católica e eliminando Educación para a Cidadanía”. 

Para as Xuventudes Socialistas, “a Lei Wert e os retallos realizados en educación polo Goberno rachan por completo o principio de igualdade de oportunidades que debe imperar na educación pública”. 

O secretario de organización quixo salientar que “esta reforma educativa rompe o equilibro lingüístico que máis consenso obtivo e relega a nosa lingua a un segundo plano”. “A aplicación arbitraria desta Lei suporía un incremento do gasto público en ensino privado” –denunciou Aitor Rodríguez. “É ilóxico que as institucións se vexan obrigadas a custearlle a praza nun centro privado ao alumnado que solicite o ensino íntegro en castelán”.

O secretario de organización asegurou que “de aprobarse a Lei Wert, atoparémonos ante un panorama desolador para o estudantado e o profesorado, xa que o ensino convertirase nunha carreira de obstáculos na que só os excelentes e os adiñeirados poderá estar cualificados.” “O ensino público está sufrindo o maior deterioro da nosa historia a golpe de decretazo e retallo, porén este xoves debemos dicir NON aos abusos deste Goberno” –engadiu Aitor Rodríguez.

“Os mozos e mozas socialistas non imos quedarnos de brazos cruzados ante unha Lei pactada de forma sectaria coa Igrexa que permitirá o financiamento público dos centros que discriminen ao alumnado por sexo, polo que o vindeiro día 9 a comunidade educativa demostrará ao Goberno que a súa reforma é nefasta” –concluíu.

#9Mhuelga
#fueraleywert

lunes, 6 de mayo de 2013

Ampla representación ferrolá no novo equipo da Xuventudes Socialistasde Galicia



Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebrou os días 27 e 28 de abril o seu XIV Congreso Nacional en Poio (Pontevedra). Trala votación saíu elixido novo Secretario Xeral Aitor Bouza Manso cun 96% dos votos emitidos.

No seu primeiro discurso coma Secretario Xeral, Aitor Bouza, manifestou a súa postura a favor da elección dos órganos directivos por primarias e que o seguinte Secretario Xeral da organización será elixido por este método. Tamén apostou por “dar solucións aos mozos e mozas formados que teñen que abandoar Galicia por falta de saídas laborais”. 

Describiu a Organización coma “unha organización unida e que contará con todas e todos” así coma o carácter socialista, galeguista e republicano desta.

Na nova Executiva, formada por 20 membros, entra a formar parte Sofía Vázquez Vilachá, membro da executiva local das XSG-Ferrol, coma Secretaria de Medioambiente e Desenvolvemento Sostible.
Julián Reina Villalón, tamén membro da executiva local de XSG-Ferrol, foi elixido como Presidente do Comité Nacional das XSG.

miércoles, 17 de abril de 2013

XSG-Ferrol: “A ministra Báñez está totalmente incapacitada para continuar no Goberno ao descoñecer a situación de milleiros de mozos/as exiliados economicamente”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol solicitaron hoxe que a ministra Báñez deixe o seu posto, despois de reducir a unha mera “mobilidade exterior” o feito certo de que milleiros de persoas deste país se viron obrigados a saír de España na pescuda dun posto de traballo.

Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “quedou demostrado que a ministra Báñez non ten os pés no chan, non debe vivir no mesmo país que os parados aos que debería axudar”. “Os socialistas, a través da deputada María González Veracruz, demostramos que sentimos como parte da cidadanía que somos, que son milleiros de mozos/as que abandonaron o país na pescuda dun posto de traballo, pero non chocamos cunha ministra ou ignorante ou, o que aínda peor, irresponsable”.
Os mozos/as socialistas remarcaron que “do Ministerio que dirixe, se se lle pode chamar dirixir, a ministra Báñez non parou de saír de despropósitos dende hai ano e medio. A cidadanía percibiu que as políticas de emprego están en mas dunha perfecta incompetente, unha persoa alonzada da realidade, que só ve números e non ve dramas persoais e que non só non reduciu o paro xuvenil, senón que empurrou a milleiros de mozos/as a abandonar o país, á precariedade ou a aumentar as cifras do desemprego”.
Dende a Organización concluíron que “unha ministra que tivo que aceptar a regañadentes a garantía xuvenil proposta polas institucións da UE para logo facer en España unha chapuza de plan de emprego xuvenil, unha ministra que se saltou xuntanzas dos ministros de emprego da UE cunha frialdade inaceptable, unha ministra que só é foco de problemas xusto onde o país precisa máis solucións só debe ter un destino: deixar o Ministerio como primeiro paso para que o Goberno se tome en serio o paro xuvenil e o exilio económico”.
Vídeo:

XSG-Ferrol: “O Goberno, como é habitual, cede a favor da Santa Sede para cortar liberdades e dereitos xa conseguidos”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixen unha vez máis ao Goberno que cese nas súas intencións de rematar con dereitos fundamentais baseándose en opinións que xorden dende o fundamentalismo relixioso e non do consenso coa sociedade española.

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “cada día é máis necesaria unha separación de Igrexa e Estado, máis aínda en asuntos que non competen para nada á confesión católica. É inadmisible a intromisión ideolóxica que estamos sufrindo por parte deste colectivo, representado nas intolerables declaracións de Rouco Varela”.

Bouza destacou que “os avances en dereitos e liberdades conseguidos nos últimos anos, que nos convertían nun país pioneiro mundialmente, estanse destruíndo a favor dun modelo que quere devolvernos a épocas escuras onde unha vez máis sexa a Igrexa a que tome parte na nosa educación ou capacidade de decidir”.

“Por iso - engadiu Bouza - o Goberno non debe poñer en dúbida cuestións coma o matrimonio homosexual ou a desvinculación da educación católica na escola pública.” “Coas súas visitas ao Vaticano, Mariano Rajoy está apoiando as pretensións de adoutrinamento e influencia sobre os españois da Santa Sede”.

A Organización moza socialista reclama ao ministro Gallardón que retroceda nas súas intencións de modificar a actual lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo e de coartar a autonomía das mulleres pois “con elo so pon en perigo as súas vidas e contenta aos sectores utraconservadores, non soluciona o problema real das concepcións non desexadas”.

Os mozos/as socialistas concluíron asegurando que “Rajoy, coas súas cesións ao Vaticano, non so non está solucionando os problemas que realmente interesan aos españois, se non que está coartando as liberdades e os dereitos que lles custou tanto acadar”.

lunes, 15 de abril de 2013

As XSG-Ferrol esixen a dimisión de Gabriel Martín, vicepresidente segundo da CEUNE


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixiron hoxe a dimisión inmediata de Gabriel Martín, vicepresidente segundo do Consello de Estudantes Universitario do Estado (CEUNE), polo que consideran “unha constante falta de imparcialidade vergoñenta para unha persoa que ten que representar a todo o estudantado universitario”.
Os mozos/as socialistas denuncian as constantes calumnias e faltas de respecto que este membro das Novas Xeracións do PP realiza a Xuventudes Socialistas, mentres exerce un cargo no Órgano colexiado de todos os universitarios de España.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “mentres as taxas se incrementan e as bolsas se retallan escanda.losamente, este mal chamado representante de estudantes, está máis preocupado por descualificar todo o que non sexa rancio e de dereitas para facer méritos co seu amiguiño Wert”.
Con declaracións nas que – engadiron dende a Organizción- se nos acusa de 'fomentar a violencia e a crispación', Gabriel Martín só evidencia, dende o seu decoñecemento e falta de respecto, que non está capacitado para representar á totalidade dos estudantes universarios do noso país”. “Dende as Xuventudes Socialisas defendemos uns principios autonomamente como Organización xuvenil política, algo ao que non semella estar acostumado dende a súa militancia nas NNXX”.
Aitor Bouza concluíu asegurando que “son moitos os mozos/as que abertamente presentan o debate sobre o modelo de Estado, se Martín no é capaz de telos en consideración só lle queda presentar a súa dimisión do seu cargo no Órgano colexiado do Consello de Estudantes Universatario do Estado”.

domingo, 7 de abril de 2013

XSG-Ferrol: “Cos 6.500 millóns que recibe a Igrexa anualmente poderían evitarse os retallos dramáticos que estamos sufrindo”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol presentaron hoxe a campaña #nuevoPAPAnuevasNORMAS, coa que pretenden reclamar que os 6.500 millóns que actualmente percibe ao ano a Igrexa Católica se destinen a evitar os retallos que as políticas de educación, sanidade ou dependencia sufriron nos últimos exercizos.
Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “despois de máis de tres décadas cos actuais Acordos, a Igrexa non só non avanzou cara o seu autofinancimento, como se comprometeu, senón que aumentou a súa dependencia de cartos públicos, uns cartos que hoxe ascenden a 6.500 millóns de euros e que podería destinarse a evitar os retallos en bolsas, en sanidade, en dependencia, en cultura, en definitiva, a evitar os profundos retallos en políticas sociais que afectaron ao conxunto da sociedade española”.

Bouza remarcou que “a campaña non pretende ir contra a Igrexa Católica, e expresou o seu respecto polo conxunto das confesións, pero é evidente que a sociedade española evoluíu dende que asinaron os Acordos vixentes, e que a posición que a Igrexa ocupa na nosa sociedade xa non é a mesma que en 1978, polo que é preciso afondar na separación da Igrexa e o Estado, reformar a Constitución para definir a España como un Estado laico, e dar paso ao autofinanciamento da Igrexa, un obxectivo que non se cumpriu, e que xa estaba presente no Acordo de 1978”.

Os mozos/as socialistas aseguraron que “a Igrexa Católica recibe máis de 6.500 millóns de euros anuais entre exencións fiscais e percepción directa das arcas públicas. Unha cantidade equivalente a tres veces o orzamento do Ministerio de Educación”. “Con esta cantidade -engadiron- tse ivese completado o obxectivo de déficit marcado por Europa para 2012 ou destinado tres veces máis inversión para emprego mozo que o que fixo até agora o Goberno de Mariano Rajoy.”
En opinión das Xuventudes Socialistas “ante o duro drama de políticas de retallos que están sufrindo os españois, con esta partida nos tiveramos aforrado o decretazo en sanidade que fixo o PP hai un ano ou non se tivera retallado o orzamento en materia de servizos sociais e hoxe 771.000 persoas seguirían gozando das axudas da Lei de Dependencia.”
Dende a Organización concluíron que “a intención da Xuventudes Socialistas é que o PSOE asuma como propia esta necesidade do autofinanciamento da Igrexa e da separación da Igrexa e do Estado, no marco dos debates da Conferencia Política socialista, pero anunciaron que, de non aceptarse a proposta, os mozos/as socialistas iniciarán os pasos dunha Iniciativa Lexislativa Popular para lograr este avance.”
Imaxes da campaña en:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.4986447742619.1073741827.1342295810&type=3

jueves, 4 de abril de 2013

XSG-Ferrol: “A imputación de Cristina de Borbón é conveniente e pertinente”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol cualificaron hoxe de “conveniente e pertinente” a decisión do xuíz Castro de imputar a Cristina de Borbón na instrución do caso que se segue contra Iñaki Urdangarín pola apropiación indebida de fondos públicos. 

Na opinión do secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “o que non se sostiña era que, a pesar do evidente nexo entre Cristina de Borbón e as actividades do seu marido, permanecera sen ser imputada até hoxe, un feito que socavaba aínda máis a confianza que a cidadanía xa reducira na Xustiza”.

Para as XSG-Ferrol, “será beneficioso para a cidadanía comprobar que o funcionamento da Xustiza responde a un principio da igualdade e á non existencia de privilexios ou excepcións no sometemento de todos os españois á lei”.

Para Xuventudes Socialistas de Ferrol, “a relación da nova imputada coa xefatura do Estado debe levar aparellada por parte desta última unha explicación mínima e convincente a toda a cidadanía das actividades relacionadas con Iñaki Urdangarín, unha explicación fundamentada e acreditada que separe a unha institución pública, como a xefatura do Estado, das actividades de quen está sendo investigado, precisamente, por un uso indebido de cartos públicos”.

Os mozos/as socialistas destacaron igualmente que “a imputación de Cristina de Borbón supón un paso máis no descrédito da monarquía como forma para a Xefatura do Estado, despois doutros episodios de cacerías, trato degradante a empregados ou manexo de armas por menores de idade”.

Para a Organización, “estes escándalos e sucesos reafirman a necesidade de replantexarse todas as institucións do Estado en resposta a unha crecente demanda da cidadanía de responsabilidade nas mesmas no marco dunha crise económica e social”.

En todo caso, as XSG-Ferrol destacaron que a preferencia republicana da Organización responde a un motivo de convicción, e non a escándalos que se poidan implicar á opción monárquica.

jueves, 21 de marzo de 2013

XSG-Ferrol: “O Goberno tomou medidas discriminatorias racialmente en materia sanitaria”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno que retroceda nas súas intencións de restrinxir o servizo sanitario ás persoas residentes en España en situación irregular pois supón o maior ataque que, até agora universal sistema sanitario, podería sufrir.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “esta medida saca a relucir as intencións máis escuras do Partido Popular, pois dana seriamente a solidariedade e a cohesión social pola que tan duramente traballamos neste país nos últimos anos e iso, é ademais un duro golpe para a inversión no progreso de España.”
Os mozos/as socialistas destacaron que “esta inxustiza repercute directamente nos niveis de produtividade e, porén, na protección da pobocación. Non podemos permitir que, por unha cuestión de ingresos, se marxine a determinados grupos sociais. Nun sistema como o noso, substentado pola recadación fiscal e non por cotizacións laborais, debe pescudarse favorecer a igualdade de oportunidades e fomentar a integración social de persoas en risco de exclusión, como o son os inmigrantes en situación administrativa irregular.”
Porén – engadiu Bouza- o Goberno debe actuar xa, debe retractarse nas súas medidas que, baixo a premisa de que se tiveron producido abusos na sanidade pública por parte de cidadáns estranxeiros e o potencial aforro de 1.000 millóns de euros, aprobaron mediante un Real Decreto Lei, practicando así o maior ataque á Sanidade pública en toda a súa historia”
Dende a Organización lembraron que foi a oposición dos Executivos autonómicos socialistas a que levou ao Tribunal Constitucional a adiantar a decisión de que deixar sen atención sanitaria a determinadas persoas era contrario á Carta Magna, e o Goberno o PP, lonxe de rectificar, mantivo esta postura inaceptable sobre a base de que aínda non recaeu unha sentenza definitiva.”
O secretario xeral concluíu asegurando que “Rajoy e a súa ministra de sanidade, Ana Mato, enfrótanse a unha negativa administrativa que provén de Andalucía, Asturias, Cataluña e Eskadi. É unha medida que non apoia a Constitución e que provocou a preocupación da ONU. Ante esta situación, ao Goberno só lle queda retractarse e devolver os dereitos aos inmigrantes que lles arrebatou con estas medidas inxustamente discriminatorias.”

viernes, 15 de marzo de 2013

As XSG-Ferrol esixen ao Goberno que adapte inmediatamente a lexislación hipotecaria ás indicacións do TXUE


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno, tras coñecerse a sentenza do TXUE sobre a lexislación española de desafiuzamentos, que abandone a vía de retrasar as reformar legais nesta materia e coloque os cambios en materia de desafiuzamentos en primeiro lugar da axenda política.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “a sentenza non só pon en entredito a indefensión da cidadanía ante a banca a negociar unha hipoteca, senón a indefensión xeral ao contratar con grandes compañías que someten á cidadanía, sistematicamente, ás chamadas cláusulas de adhesión, que son decoñecidas e innegociables para os particulares e establecen profundas inxustizas contractuais.”
Os mozos/as socialistas destacaron que “se a inxustiza é grande ao contratar coas grandes compañías de luz, auga, gas e telefonía que se aproveitan dos consumidores, é maior coa banca, pois os desafiuzamentos xeran un prexuízo desprorcionado e irreversible se con posterioridade se declara inxusto o contrato de préstamo con hipoteca.”
Porén -engadiu Bouza- o Goberno debe actuar xa, debe evitar que se sigan producindo estas inxustizas, e deben facer o que se espera del, o que a Lei marca como tarefa do Executivo: regular a prol do interese xeral e esquecer os intereses da banca e as grandes corporacións.”
Dende a Organización concluíron asegurando que “Rajoy e o PP demostraron a súa capacidade de regular rapidamente, pero sempre en prexuízo da sociedade, con retallos, coa reforma laboral. Agora, cunha sentenza que deixa en entredito a lexislación española, tócalle defender, por unha vez, á cidadanía. Se non o fai, se persiste na demora, xa anticipamos que nos vai a ter radicalmente en contra.”

martes, 12 de marzo de 2013

XSG-Ferrol: “As medidas que propón Rajoy son un parche que fai elixir aos mozos/as entre dignidade ou emprego”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) denunciaron hoxe o engano das medidas propostas polo Partido Popular en materia de emprego.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, referiuse ás medidas de emprego previstas polo Goberno de Rajoy: “a política nacional de emprego seguirá sen ter impacto e repercusión na economía ou nas arcas públicas se non se responde ás demandas dos cidadáns que hoxe dia máis precisan emprego.”
Neste senso, os mozos/as socialistas afirmaron que “a última EPA destaca que a maioría dos mozos/as en paro só conta con estudos de educación obrigatoria e as medidas que presenta o Goberno nin solucionan este problema estrutural do noso país, nin gardan relación con este colectivo, que merece unha especial protección e dilixencia e segue, porén, caendo no esquecemento do Goberno.”
Bouza Manso declarou ademais que “o Partido Popular non parou, con Rajoy no Goberno, de dar as costas aos mozos/as coas súas políticas de redución de bolsas e o aumento das taxas universitarias que nos condenan a abandonar a formación.” Ademais, “a inacción total en materia de emprego xuvenil, sumada á desastrosa reforma laboral levounos ao drama actual.”
En opinión da Organización xuvenil socialista, as medidas do PP son ademais unha condena expresa a Comunidades como Galicia, dado que “empurran aos mozos/as á emigración , ante a falta de oportunidades que sofren os pobos e o retallo á calidade de vida que supón o ataque ao Estado de Benestar que impuxo o PP no medio rural.”
Bouza Manso pregúntase: “Que tivera feito Rajoy se non chega a haber fondos europeos? E engade unha resposta: “Só cando houbo un orzamento da UE para o desemprego mozo, Rajoy puxo en marcha medidas, que ademais de ser un parche, obrigan aos mozos/as a elixir entre dignidade ou emprego.”
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ferrol denuncia que “esta situación é a demostración clara de que para o PP, o emprego non está no primeiro lugar da axenda política. Até agora permitíronse o luxo de dicir que tiñamos os deberes feitos, como fixo Báñez en Bruselas a pesar de ter máis dun 50% de paro xuvenil, e adesprezar propostas do PSOE, como o garante xuvenil, que meses máis tarde poñen en marcha porque llas esixe a UE.”
As XSG-Ferrol esixen que “o Goberno se deixe de operación de mercadotecnia, con 100 medidas que non son cribles”. “Levan meses sen facer nada e agora aproban un número redondo e bonito que pretende ocultar a inutilidade política de Báñez e a necesidade de acudir á foto cos axentes sociais para non danar máis aínda a súa imaxe pola falta de diálogo.

jueves, 7 de marzo de 2013

As XSG-Ferrol: “A austeridade está servindo de excusa para realizar retallos ideolóxicos en materia de igualdade”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixe hoxe ao Goberno, con motivo do Día Internacional das Mulleres, que rectifique e invirta nas mulleres españolas para garantir a súa igualdade respecto aos homes, que se está vendo seriamente danada polas políticas postas en marcha polo gabiente de Rajoy.

Segundo declaracións de Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “a dereita española evoluiu cara posicións ultraconservadoras mentres este país incorporaba dereitos e liberdades a súa vida cotiá. Dereitos e liberdades que hoxe lle están a ser arrebatados sen permiso.”

En opinión das Xuventudes Socialistas, “somos testemuñas dunha involución ideolóxica: están frustrando as expectativas de moitas mulleres mozas que confiaron nesta democracia e neste país para implicarse nun proceso igualitario real.” “As mulleres, con moito traballo es esforzo, tomaron parte nun modelo de avance en igualdade no que críamos que sempre iriamos cara diante, sempre seríamos máis iguais”- engadiron.

A organización xuvenil destaca o empoderamento e influencia da muller española “grazas a institucións e políticas públicas que fomentaron planes de igualdade e á creación de leis que permitiron cambiar a nosa vida cotidiana, penalizar a violencia e acceder a empregos por fomentar a conciliación laboral.”

Bouza Manso asegurou que “dende as Xuventudes Socialistas instamos ao Goberno a que cese no axuste ideolóxico que reflexe nos OXE, no taxazo xudicial, na reforma laboral, na LOMCE, na modificación da Lei do IVE, na supresión da Lei de Dependencia e en todos os campos sobre os que está extendendo o seu modelo ultraconservador.” “Un modelo – engadiu Bouza- que retrocede 30 anos nos dereitos das mulleres e a súa igualdade real fronte aos homes.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol asegurou que “o desmantelamento progresivo do Estado do Benestar e a política de retallos do goberno, suprimindo servizos públicos esenciais, que afectan á Administración Pública e a empresas que traballan como proveedoras de servizos, prexudican dobremente ás mulleres: prexudican o seu acceso ao emprego e imposibilitan a conciliación familiar.”
Para concluír, os mozos/as socialistas laméntanse: “cremos que a igualdade entre mulleres e homes é un dos piares da nosa democracia. As reformas e decisións tomadas polo Partido Popular agravan día tras día a situación familiar e laboral das mulleres, as grandes prexudicadas polas políticas ultraconservadoras inxustificables mediante a austeridade."

jueves, 28 de febrero de 2013

As XSG-Ferrol piden a dimisión de Báñez pola súa incapacidade manifesta para atallar o paro mozo

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixiron hoxe a dimisión da ministra Báñez ante a súa evidente incapacidade para tomar coa seriedade que merece o paro xuvenil. Para os mozos/as socialistas, “supón un frade que, despois de ter menospreciado ás institucións comunitarias coas súas constantes ausencias, cando Báñez decide ir a Bruselas o fixo non só cunha falta de humildade terrible, senón permitíndose dar lección mentres os mozos/as españois só atoparon como solución a falta de oportunidades, a emigración, a precariedade ou o desemprego.”

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegurou que “a mnistra insultou aos mozos/as españois ao chegar ao Consello Europeo asegurando que España ten os deberes feitos en emprego xuvenil, cando é sabido que o noso país lidera as estadísticas de paro entre os mozos/as e cando as medidas emprendidas polo Goberno de Rajoy supón un novo ataque á dignididade dos mozos/as, aumentando a súa precariedade laboral como única receta para atallar as cifras do paro.”

“Non se pode sacar peito en Bruselas – afirmou Bouza- cando as medidas emprendidas polo Goberno prescinden unha vez máis dos axentes sociais, como xa ocorreu coa reforma laboral, e afondan no camiño de dinamitar o diálogo social en España.”

Para a Organización, as medidas aprobadas polo Goberno o pasado venres “denotan que a única receta do Partido Popular para o desemprego xuvenil é máis precariedade e segmentación para os mozos/as que queren ingresar no mercado laboral, denotan unha inexistencia de políticas de formación e orientación laboral e unha falta de política global que priorice o emprego para favorecer o crecemento económico.”

“Con esta serie de medidas- engadiron- os mozos/as serán precarios per se, grazas aos novos modelos de contratación e tamén ao levantamento da prohibición de concatenar contratos de prácticas aprobado polo Goberno do PP; agora, un mozo pode estar contratado en prácticas por tempo ilimitado nunha empresa, sen dereitos e cunhas escasas retribucións.”

Aitor Bouza concluíu que “xa tiñamos suficiente coas malas cifras, agravadas por unha ministra inútil, e agora o que temos é a constatación de que o Partido Popular non lle importa nada a situación sociolaboral dos mozos/as deste país e imponlles unha condea á precariedade que vai a lastrar a toda unha xeración ao paro ou ao éxodo.”

lunes, 25 de febrero de 2013

El PSOE pide la dimisión inmediata de Toni Cantó


La Secretaria de Igualdad del PSOE, Purificación Causapié, ha exigido hoy “la dimisión inmediata del diputado Toni Cantó, por insultar a las mujeres víctimas de la violencia de género, acusándolas de cometer un delito como  es presentar denuncias falsas”.

Causapíe se refería así a la afirmación de que la mayoría de las denuncias por malos tratos son falsas, hecha hoy por el diputado de UPyD, en twiter.

La dirigente socialista considera que Cantó “no puede seguir ni un día más como diputado”, porque el Congreso debe ser un “espacio de apoyo hacía las víctimas”, donde se  legisle en su favor y para su protección “y no debe alojar a personas que hacen una clara apología machista como hoy ha hecho el señor Cantó”.

La responsable de igualdad del PSOE ha explicado que la denuncia es el primer paso para que una mujer maltratada salga de la espiral de violencia y que cuando se denuncia las instituciones pueden poner en marcha todos los mecanismos de protección previstos en la Ley. “Por eso es tan importante que las mujeres venzan su miedo y presenten denuncia, cuando hay malos tratos. Y por eso es especialmente grave que un diputado haga una afirmación tan falsa como la hecha hoy por Toni Cantó que puede suponer, además, una desmotivación para que interpongan denuncias muchas mujeres ya temerosas de hacerlo”.

Causapié ha insistido en que es el Congreso de los Diputados desde donde se debe liderar la lucha contra la violencia de género. “Todos los diputados y diputadas tienen la obligación de trabajar contra esta lacra social”.

Por eso, entiende como “el colmo de los disparates” que quien ha hecho hoy esta afirmación contra las víctimas de violencia de género sea, además, el Portavoz de UPyD en la Comisión de Igualdad del Congreso. Y, en consecuencia le ha pedido a Rosa Díez “que le exija a Cantó el acta de diputado y le retire de su Grupo parlamentario”.

“Lamentamos –ha concluido la dirigente socialista- que esta sea la política de UPyD para combatir la violencia de género y el mensaje que lanza a las mujeres que quieren salir de esta situación”.

viernes, 22 de febrero de 2013

XSG-Ferrol: “A crise está agravando a brecha salarial dunha maneira inadmisible”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol piden hoxe ao Goberno, con motivo do Día Europeo pola igualdade salarial, que inverta en igualdade de xénero para garantir a equidade salarial.

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “as decisión adoptadas polo Goberno do PP fan que día a día a situación das traballadoras en España sexa peor e esta desigualdade fainos ineficientes como país.”

En opinión da Organización, “a Reforma Laboral, coa súa política de individualización de dereitos xera un incremento da desigualdade salarial ademais da perda sobre a igualdade de trato e oportunidades en xeral.” “Unha brecha salarial do 22,5% segundo os últimos datos dispoñibles da Enquisa de Estrutura Salarial é inadmisible para un país que pretende saír dunha crise económica”- engaden.


Os mozos/as socialistas aseguraron que “dende as Xuventudes Socialistas instamos ao Goberno e ás distintas administracións públicas a implementar accións concretas e específicas para eliminar esta lacra poñendo en marcha medidas correctoras, que permitan alcanzar a igualdade retributiva entre mulleres e homes.” “Un modelo – engadiron- que obriga a unha muller a traballar 82 días máis que un home para obter o mesmo salario non é tolerable.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol asegurou ademais que “as mulleres mozas perciben un 25,64% menos que os homes da súa mesma idade, dato que se suma á precariedade laboral e á brecha xeracional que xa vén sufrindo a mocidade en España e ante a cal Mariano Rajoy e a súa ministra Báñez fan oídos xordos.”

#IgualdadSalarial


miércoles, 20 de febrero de 2013

As XSG-Ferrol denuncian a brecha xeracional que causou a reforma laboral de Báñez


As Xuventudes Socialistas de Ferrol denunciaron hoxe o enorme ataque aos mozos/as que supuxo a reforma laboral da ministra Báñez. Para os mozos/as socialistas, “a reforma laboral foi a factura que a ministra pasou aos mozos/as culpabilizándoos dunha crise que non xeraron.”

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “a reforma laboral do Partido Popular destrúe empregos, abarata e facilita o despido e resta dereitos aos traballadores/as”. “As ausencias de Báñez nas sucesivas Cumbres Europeas sobre emprego e as declaracións fóra de lugar da ministra sobre o paro xuvenil denotan que non se tomaron en serio a súa carteira, e que relativiza un drama diario da sociedade española e concretamente da mocidade, que alcanzou un 55% de desemprego segundo a última enquisa da EPA.”
En opinión das Xuventudes Socialistas, “tras un ano de imposición desta reforma demostrouse que desequilibra as relacións laborais e diminúe a calidade do emprego á vez que o destrúe polo que, unha vez remate o Debate sobre o Estado da Nación, si se ten unha mínima vontade de superar a brecha xeracional causada pola reforma laboral, o primeiro que se debe facer é apartar a Báñez do ministerio para comezar a tomar medidas serias sobre o desemprego xuvenil.”
En palabras do secretario xeral das XSG-Ferrol, “de nada vai servir que recibamos fondos da Unión Europea se os vai xestionar unha ministra que non tomou conciencia do problema nacional que supón o paro xuvenil.”
Os mozos/as socialistas aseguraron que “dende as XSG-Ferrol temos medidas concretas antes a preocupante situación dos nosos mozos/as e a súa exclusión do mercado laboral.” “As Xuventudes Socialistas e o PSOE estamos apostando – engadiron dende a Organización- por políticas e alternativas que fomenten a empregabilidade entre os e as mozos con propostas como 'crecemento, emprego e competividade' como demostraron as sucesivas propostas do PSOE no Congreso, lonxe da actitude despreocupada que tivo a ministra e o seu gabinete sobre este drama xuvenil.”
Bouza asegurou ademais que “elaboramos estas propostas porque cremos na mellora do emprego entre os mozos/as. O deber da oposición é ofrecer alternativas cando o Goberno non só non as ten, senón que mantén a unha ministra que pasou a ser parte do problema, en lugar de promover solucións.”
A campaña que comezaron os mozos/as socialistas no día hoxe a través das redes sociais componse dun vídeo no que se esixen medidas urxentes para paliar o desemprego xuvenil ao Congreso, ao Goberno e á UE, así como de varias imaxes que xa foron penduradas.

martes, 19 de febrero de 2013

As XSG-Ferrol esixen ao Goberno que aposte por un sistema máis xusto como reclama a cidadanía


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiu ao Goberno, co motivo do Día Mundial da Xustiza Social, que reforme as políticas fiscais e as prestacións sociais para mellorar a redistribución e evitar maiores prexuízos ás familias con menos ingresos.

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “O Estado de Benestar só pode conseguirse mediante o reparto da riqueza e o garante de acceso de toda a cidadanía a unha serie de servizos públicos.”
En opinión das Xuventudes Socialistas, “Xustiza Social é a redistribución da riqueza entre a poboación para mitigar os efectos perversos do capitalismo.” “É crear emprego sostible, é garantir o acceso ao ensino, á saúde e a atención ás familias”- engaden.
Bouza asegurou que “tres cuartas partes do fraude fiscal existente en España proceden da banca, as transnacionais e os grandes patrimonios, o que nos leva a que España teña un índice de desigualdade de 34, moi superior á media europea.” “Precisamos reformular o sistema impositivo español – engadiu- para que pague máis quen máis ten.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol afirma ademais que “a xustiza social non é caridade, consiste en que ninguén teña que pedir limosna. Non significa aplazar desafiuzamentos, senón ofrecer solucións a medio e longo prazo e trátese de escoitar á cidadanía que reclama un sistema máis xusto.”


jueves, 14 de febrero de 2013

XSG-Ferrol: “os retrocesos do PP en materia de saúde sexual son un ataque directo á mocidade”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno, con motivo do Día Europeo da Saúde Sexual e Reprodutiva, que retome a aposta española pola educación afectivosexual dos nosos mozos/as que se viu claramente diminuúda nos últimos meses.

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “a importancia que se lle deu nos gobernos anteriores socialistas a estas políticas xerou unha diminución do número de embarazos non desexados e porén, de abortos. A boa educación nesta materia levou ao uso máis responsable da píldora poscoital de toda Europa tras a súa liberalización”.
En opinión das Xuventudes Socialistas de Ferrol, “non podemos permitirnos unha diminución do apoio a estas poíticas porque isto desencadea un problema maior”. “A saúde sexual exténdese tamén ao benestar dos e das mozos, a saúde e a capacide de gozar sen prexuízos nin discriminacións”- egandiron
Dende a Organización aseguraron que “a mocidade española segue correndo riscos moitas veces pola falta de información, o que conleva tamén a unha maior exposición a posibles enfermidades de transmisión sexual ou a desequilibrios persoais. O número de abortos pola ausencia de contraceptivos aumentou nun 70% no último ano”. “Un modelo informativo forte neste aspecto – engadiron- permite o desenvolvemento persoal pleno e en liberdade”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol asegurou ademais que “o ensino afectivosexual debería ser unha aposta clara e contundente por parte do noso Goberno. Esta deixadez, sumada ás intencións de acabar coa Lei sobre Interrupción Voluntaria do Embarazo e as boas prácticas que esta esixe en materia educativa, deixa moi claro que a nula política do PP en saúde sexual non responde a unha cuestión de austeridade, senón a un vergoñento ataque directo contra a mocidade española”.

lunes, 11 de febrero de 2013

XSG-Ferrol: “Se o único que sabe aportar a CEOE é máis pobreza e precariedade, mellor que calen”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) condenaron hoxe as declaracións do presidente da CEOE, Juan Rosell, nas que suxería imprantar "minijobs" para os mozos/as como medio para combater o paro xuvenil.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “se o único que sabe achegar a patroal como solución ao paro mozo é precariedade, perda de dereitos e ataques á dignidade dos mozos/as, o mellor que poden facer é gardar silencio”.
“Rosell e a CEOE - engadiu o secretario xeral - actúan de lobos e andan axexando para atacar os dereitos dos mozos e mozas, coma se tantearan cada certo tempo a situación, até que soase a frauta algunha das veces que popoñeron os "minijobs".”
O secretario xeral das XSG-Ferrol destacou que “a CEOE só sabe propor o que lle convén, sen pensar que o interese do país pode ser outro diferente e sen querer renunciar a nada dese credo neoliberal que recitan como se fose unha cuestión de fe”.
Aitor Bouza afirmou que “fica clara cal é a súa prioridade: nin lle importan os dereitos dos mozos, nin lle importa o futuro do país, nin lle importa a situación social, nin lle importa un emprego de calidade, senón que só quere máis e máis beneficio empresarial”.
Para concluir, dende a Organización remarcaron que “quen queira que a saída da crise pase por precarizar a situación laboral dos mozos/as, quen queira implantar os "minijobs" como solución, vai ter en contra a todas as Xuventudes Socialistas”.

As XSG-Ferrol esixen a destitución inmediata de Wert


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixen a destitución inmediata do ministro Wert tralo éxito das mobilizacións desta semana e a publicación da enquisa do CIS que volve a consagralo como o ministro peor valorado.
Os mozos/as socialistas consideran que “Wert sobrepasou todos os límites cos seus recortes, a súa chulería e o seu autoritarismo co que pedimos o seu cese inmediato e que se paralice a Lei que tanta oposición e controversia está creando”. E aseguran que “é inviable aprobar unha lei que solo é apoiada polas Comunidades Autónomas gobernadas polo PP”.
Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “Wert non pode continuar no cargo porque está tratando de aprobar unha reforma educativa de gran calado sen o apoio de pais, nais, profesorado e estudantado”. “É curioso comprobar como a Conferencia Episcopal si que está encantada coa nova reforma, -e engade- quizais débase a que se parece demasiado ás que aprobaron os obispos en tempos felizmente superados”.
Bouza lembrou que “estamos ante a peor reforma educativa que se coñecera no noso país xa que pescuda segregar dende idades moi pequenas ao alumnado mediante a implantación de reválidas, outorga maior peso á asignatura de relixión católica, elimina por completo Educación para a Cidadanía e posibilita a segregación por sexo nas aulas”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol concluíu que “os graves retallos realizados na educación e a Lei Wert supón tirar por terra todos os avances que o noso país fixo en educación nas últimas décadas co que non pararemos até que esta reforma se paralice”.