As
Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno, con motivo
do Día Europeo da Saúde Sexual e Reprodutiva, que retome a aposta
española pola educación afectivosexual dos nosos mozos/as que se
viu claramente diminuúda nos últimos meses.
Para
Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “a importancia que se
lle deu nos gobernos anteriores socialistas a estas políticas xerou
unha diminución do número de embarazos non desexados e porén, de
abortos. A boa educación nesta materia levou ao uso máis
responsable da píldora poscoital de toda Europa tras a súa
liberalización”.
En
opinión das Xuventudes Socialistas de Ferrol, “non podemos
permitirnos unha diminución do apoio a estas poíticas porque isto
desencadea un problema maior”. “A saúde sexual exténdese tamén
ao benestar dos e das mozos, a saúde e a capacide de gozar sen
prexuízos nin discriminacións”- egandiron
Dende
a Organización aseguraron que “a mocidade española segue correndo
riscos moitas veces pola falta de información, o que conleva tamén
a unha maior exposición a posibles enfermidades de transmisión
sexual ou a desequilibrios persoais. O número de abortos pola
ausencia de contraceptivos aumentou nun 70% no último ano”. “Un
modelo informativo forte neste aspecto – engadiron- permite o
desenvolvemento persoal pleno e en liberdade”.
O
secretario xeral das XSG-Ferrol asegurou ademais que “o ensino
afectivosexual debería ser unha aposta clara e contundente por parte
do noso Goberno. Esta deixadez, sumada ás intencións de acabar coa
Lei sobre Interrupción Voluntaria do Embarazo e as boas prácticas
que esta esixe en materia educativa, deixa moi claro que a nula
política do PP en saúde sexual non responde a unha cuestión de
austeridade, senón a un vergoñento ataque directo contra a mocidade
española”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario