viernes, 22 de febrero de 2013

XSG-Ferrol: “A crise está agravando a brecha salarial dunha maneira inadmisible”

As Xuventudes Socialistas de Ferrol piden hoxe ao Goberno, con motivo do Día Europeo pola igualdade salarial, que inverta en igualdade de xénero para garantir a equidade salarial.

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “as decisión adoptadas polo Goberno do PP fan que día a día a situación das traballadoras en España sexa peor e esta desigualdade fainos ineficientes como país.”

En opinión da Organización, “a Reforma Laboral, coa súa política de individualización de dereitos xera un incremento da desigualdade salarial ademais da perda sobre a igualdade de trato e oportunidades en xeral.” “Unha brecha salarial do 22,5% segundo os últimos datos dispoñibles da Enquisa de Estrutura Salarial é inadmisible para un país que pretende saír dunha crise económica”- engaden.


Os mozos/as socialistas aseguraron que “dende as Xuventudes Socialistas instamos ao Goberno e ás distintas administracións públicas a implementar accións concretas e específicas para eliminar esta lacra poñendo en marcha medidas correctoras, que permitan alcanzar a igualdade retributiva entre mulleres e homes.” “Un modelo – engadiron- que obriga a unha muller a traballar 82 días máis que un home para obter o mesmo salario non é tolerable.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol asegurou ademais que “as mulleres mozas perciben un 25,64% menos que os homes da súa mesma idade, dato que se suma á precariedade laboral e á brecha xeracional que xa vén sufrindo a mocidade en España e ante a cal Mariano Rajoy e a súa ministra Báñez fan oídos xordos.”

#IgualdadSalarial


No hay comentarios: