lunes, 11 de febrero de 2013

XSG-Ferrol: “Se o único que sabe aportar a CEOE é máis pobreza e precariedade, mellor que calen”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) condenaron hoxe as declaracións do presidente da CEOE, Juan Rosell, nas que suxería imprantar "minijobs" para os mozos/as como medio para combater o paro xuvenil.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “se o único que sabe achegar a patroal como solución ao paro mozo é precariedade, perda de dereitos e ataques á dignidade dos mozos/as, o mellor que poden facer é gardar silencio”.
“Rosell e a CEOE - engadiu o secretario xeral - actúan de lobos e andan axexando para atacar os dereitos dos mozos e mozas, coma se tantearan cada certo tempo a situación, até que soase a frauta algunha das veces que popoñeron os "minijobs".”
O secretario xeral das XSG-Ferrol destacou que “a CEOE só sabe propor o que lle convén, sen pensar que o interese do país pode ser outro diferente e sen querer renunciar a nada dese credo neoliberal que recitan como se fose unha cuestión de fe”.
Aitor Bouza afirmou que “fica clara cal é a súa prioridade: nin lle importan os dereitos dos mozos, nin lle importa o futuro do país, nin lle importa a situación social, nin lle importa un emprego de calidade, senón que só quere máis e máis beneficio empresarial”.
Para concluir, dende a Organización remarcaron que “quen queira que a saída da crise pase por precarizar a situación laboral dos mozos/as, quen queira implantar os "minijobs" como solución, vai ter en contra a todas as Xuventudes Socialistas”.

No hay comentarios: