martes, 19 de febrero de 2013

As XSG-Ferrol esixen ao Goberno que aposte por un sistema máis xusto como reclama a cidadanía


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiu ao Goberno, co motivo do Día Mundial da Xustiza Social, que reforme as políticas fiscais e as prestacións sociais para mellorar a redistribución e evitar maiores prexuízos ás familias con menos ingresos.

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “O Estado de Benestar só pode conseguirse mediante o reparto da riqueza e o garante de acceso de toda a cidadanía a unha serie de servizos públicos.”
En opinión das Xuventudes Socialistas, “Xustiza Social é a redistribución da riqueza entre a poboación para mitigar os efectos perversos do capitalismo.” “É crear emprego sostible, é garantir o acceso ao ensino, á saúde e a atención ás familias”- engaden.
Bouza asegurou que “tres cuartas partes do fraude fiscal existente en España proceden da banca, as transnacionais e os grandes patrimonios, o que nos leva a que España teña un índice de desigualdade de 34, moi superior á media europea.” “Precisamos reformular o sistema impositivo español – engadiu- para que pague máis quen máis ten.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol afirma ademais que “a xustiza social non é caridade, consiste en que ninguén teña que pedir limosna. Non significa aplazar desafiuzamentos, senón ofrecer solucións a medio e longo prazo e trátese de escoitar á cidadanía que reclama un sistema máis xusto.”


No hay comentarios: