martes, 8 de abril de 2008

II Edición de Lingua de Amor


Esta nova edición do concurso Lingua de Amor é a edición de consolidación desta iniciativa do Consello da Xuventude de Galicia (CXG).

O servizo de Normalización lingüística do CXG púxose de novo a traballar nun proxecto cuio obxectivo fundamental é tratar de normalizar o uso da ligua galega entre os máis mozos; e qué mellor xeito de facelo que a través de declaracións de amor o día das letras galegas. Éstas, son un bó exemplo de que a lingua galega debe ocupar novos espacios que lle foron tradicionalmente pechados, como a internet, foros, chats...

Para poder participar no concurso só tendes que rexistrarvos na páxina web de lingua de amor: http://www.linguadeamor.eu/ e dende alí enviar unha declaración de amor antes do 14 de maio.
Os premios serán os seguintes:
Categoría A:( 14 a 19 anos )1º Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego2º DVD portátil + un lote de libros en galego 3º MP3 + un lote de libros en galegoCategoría B:( 20 a 30 anos )1º Viaxe a París para dúas persoas + un lote de libros en galego2º Ordenador portátil + un lote de libros en galego3º TV LCD 19” + un lote de libros en galego

No hay comentarios: