martes, 17 de junio de 2008

NO CIRCO DO “PP”CRÉCENLLE OS ANANOS.


Resulta canto menos paradoxal a situación que estamos vendo no Partido Popular, despois dunha derrota máis, e ante a decisión do actual Presidente, (o cal até o 9 de marzo era admirado e apoiado por todo o PP para liderar España) de presentarse á reelección á presidencia do seu partido, agora resulta que non só non o queren para liderar España senón que non o queren nin no seu partido.
Atrás quedaron xa os tempos nos que Esperanciña agarrábase ao seu brazo para a foto, xa que agora só quere agarrar a súa cabeza. Pasaron á historia tamén os eloxios e afagos de Jiménez e Pedro J. que mentres que antes anunciábano como “o salvador”, agora sométeno a constantes ataques diarios. Abandónano xa tamén Gil e Ortega Lara, e é que a ese xiro centro reformista só o seguen Gallardón, que por outro lado foi o apestado e excluído das xerais e parece que tamén Fraga.
Non obstante, non debemos deixar pasar inadvertido que este xiro ao centro non é nin máis nin menos, que unha estratexia electoralista a longo prazo, pois é inadmisíbel a idea de que Rajoy estes últimos catro años estivo secuestrado por Aguirre e o seus secuaces, e diría máis ben que se está desfacendo da carga para que gañe en velocidade o veleiro e é que amigos, a pesar de que a Rajoy lle medren os ananos, Rajoy aínda vestido de seda, na dereita extrema se queda.

Julián Reina Villalón.
Secretario Xeral de XSG Ferrol

No hay comentarios: