martes, 17 de junio de 2008

EU PARTICIPO:


Dende sempre sentín a necesidade de loitar contra o establecido, sempre estiven segura de en que cría, e porque o cría. Cando escoitaba falar de personaxes que defenderon ese mesmo ideal no que eu creo, cando vía a Felipe González na televisión, pensaba en que eran persoas de carne e óso, de familias normais, que foron mozos coma eu, e que un día decidiron facer algo. Por iso, pregunteime: porque eu non?, non me gustaba quedarme na casa enfadándome co televisor, nin dar un mitin sobre que hai que facer aos meus amigos, porque dende o sofá non se pode amañar nada. Por iso, decidín que quería axudar dende dentro.

Os motivos polos que son socialista, nos que creo, e os que me impulsaron a entrar en XSG son varios: son socialista, porque creo no ben común máis aló do ben individual, sen caer en idealismos, simplemente creo que cada persoa merece ser respectada polo mero feito de selo, e que a miña liberdade remata onde comeza a do outro, xa que para min o máis importante para un socialista é o resto de persoas que están ao seu redor, sen importar a clase social, a raza ou a relixión. Son socialista porque loito por unha sociedade xusta e equitativa, na que nun prato non sobre o que noutro falta, na que non exista un opresor, porque ninguén teña que deixarse oprimir, unha sociedade que confíe no desenvolvemento, sen medo aos cambios. Creo no socialismo porque non impón, dá lugar ao libre pensamento, sen tratar de facer verdades universais, apostando polo diálogo e por escoitar a cada persoa, porque de todo se aprende e todos temos dereito a expresar a nosas ideas, sexan cales sexan. Como muller, creo na igualdade de dereitos e oportunidades, no recoñecemento da muller como igual ao home, deixando a un lado o tradicional machismo da dereita.

Pode que o ambiente no que crecín tivese moito que ver co que eu hoxe penso, así, dende moi pequena, escoitaba as charlas sobre política que se facían nas sobremesas na casa da miña avoa, había opinións para todos os gustos, e pouco a pouco eu fun forxando as miñas propias ideas. Cada día que pasa teño máis ganas de traballar, cada día vexo que hai máis polo que loitar, que cada vez que gañamos unha batalla hai que pensar na seguinte. Non podemos conformarnos co que se vaia conseguindo, senón ser máis ambiciosos e avogar por unha sociedade máis xusta, más libre, por unha sociedade de culturas, que respecte e acolla. Porque sempre hai algo máis para mellorar.

Cando me preguntan o motivo polo que decidín afiliarme a XSG non podo máis que facer referencia a unha frase de Pablo Iglesias, “os socialistas non morren, os socialistas seméntanse”, houbo grandes políticos no partido socialista, e pode que sexan o abono dos xoves que hoxe militamos, por iso hai que mirar ao futuro, os xoves somos os cimentos dos partidos, a continuidade do que un día comezou Pablo Iglesias, debemos tomar as rendas para continuar unha obra non rematada, para dar luz a ese facho que nos cedeu e facer que brille con máis forza que nunca. Creo que debo rematar animando a que quen comparta estas ideas, e teña gañas de cambiar as cousas se afilie, e despois de citar ao noso fundador quero citar unha frase do Presidente del Goberno José Luis Rodríguez Zapatero: “NON ME CALO E PIDO QUE VÓS TAMPOUCO VOS CALEDES”


Iriana Gil Paz.

Militante de XSG-Ferrol

4 comentarios:

Julián Reina Villalón dijo...

noraboa, bo comentario!!!

Julián Reina Villalón

Ana Lamas Villar dijo...

Al leer este articulo recorde lo que merece la pena cada una de las pequeñas grandes cosas que salen de nuestra agrupación. Porque granito a granito construiremos nuestra montaña...Un beso iriana

Unknown dijo...

Tengo 22 años y realmente hace pocos que tengo una idea clara sobre mis ideas políticas, ya que en mi familia no eran corrientes las charlas sobre estos temas en la sobremesa.

Comentarios como este, o mejor dicho, argumentos como estes son los que me motivaron a escoger el socialismo.
Seguid asi y conseguireis que más gente como yo tengamos más claros nuestros ideales. Gracias.

celso dijo...

un buen artículo compañera, muy interesante