“Os homes teñen que
implicarse en alcanzar a loita pola igualdade, e en conseguir unha sociedade
máis digna, sen discriminacións.”
“Temos que conseguir
erradicar dunha vez por todas os estereotipos que catalogan aos homes e ás
mulleres en todos os ámbitos da vida”
As Xuventudes
Socialistas de Galicia (XSG) sumáronse á campaña de ONU Mulleres #HeForShe, que
foi presentada por Emma Watson, o pasado día 20 de setembro.
Segundo explicou a
secretaria xeral, Ana Lamas, “Encántanos esta campaña, xa que reivindica o
papel dos homes e mozos na consecución dunha igualdade real para conseguir
finalmente unha sociedade máis xusta. Para nós- engadiu- unha sociedade máis
xusta é aquela que non discrimina a ninguén.”
Continuou argumentando
que “os homes teñen que implicarse en alcanzar a loita pola igualdade, e en conseguir
unha sociedade máis digna, sen discriminacións.”
As XSG de Ferrol saíron
esta mañá de sábado á rúa, co fin de dar a coñecer a campaña á cidadanía.
Ademais, elaboraron uns carteis co lema: “Eu
son feminista, e ti?” co que fotografaron ós cidadáns que quixeron deixar patente
a súa implicación coa igualdade.
Durante a vindeira
semana seguirán saíndo á rúa, para dar a coñecer a campaña e fotografar a
moitos ferroláns involucrados coa loita pola igualdade: “So coa loita de todos,
homes e mulleres, conseguiremos unha sociedade mais xusta e igualitaria”.
Os mozos socialistas
concluíron afirmando que “temos que conseguir erradicar dunha vez por todas os
estereotipos que catalogan aos homes e ás mulleres en todos os ámbitos da vida”
No hay comentarios:
Publicar un comentario