“O Plan de mobilidade,
está sen desenvolver, cun goberno que non move un dedo polos servizos públicos
de transporte”
“Os concellos teñen
que traballar na redistribución e no redeseño das rúas e espazos públicos a
prol das persoas.”
As Xuventudes Socialistas de Galicia celebrarán a través das redes a Semana
Europea da Mobilidade Sostible 2014, que ten lugar estes días, e que ten obxectivo e loitar contra o cambio
climático, fomentar o uso do transporte público e promover o uso de medios de
transporte sostibles.
Así mesmo, aproveitan para cualificar como deficiente a xestión de Rey
Varela neste sentido: “O Plan de mobilidade, está sen desenvolver, cun goberno
que non move un dedo polos servizos públicos de transporte”
As XSG de Ferrol sinalan
unha importante falta de infraestruturas e as deficiencias dos escasos carrís
bici pola falta de mantemento. Así mesmo denuncian o desmantelamento do servizo
de préstamo de bicis, que ten na actualidade moi poucos usuarios.
“Está claro que o
goberno local de Rey Varela non cree nun modelo de mobilidade sostible, a
xestión dos transportes públicos de Ferrol é lamentable” sinalou a Secretaria Xeral das XSG de Ferrol, Ana Lamas: “Non están facendo ningunha xestión
cara a unha mellora de horarios ou de frecuencias, o servizo de trens á Coruña
é escaso e lento”
Os mozos e mozas
socialistas apostan polo desenrolo do Plan de mobilidade, que permite por unha
mobilidade sostible, coa peonalización dos cascos históricos para o goce das
persoas e onde o protagonista sexa o peón e non os coches: “os concellos teñen
que traballar na redistribución e no redeseño das rúas e espazos públicos a
prol das persoas.”
A Semana Europea da
Mobilidade culminará coa celebración do Día Mundial do Coche o 22 de setembro.
En declaracións da secretaria de medio ambiente e desenvolvemento sostible,
Sofía Vázquez, “en España o transporte supón un 25% do total das emisión de carbono
emitidas, provocando non só graves problemas medioambientais, senón tamén
moitos problemas de saúde para os cidadáns” engadindo que “iniciativas como
esta á que nos sumamos dende as XSG pretenden concienciar a xente de que outro
tipo de cidades máis agradables e saudables para vivir son posibles.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario