miércoles, 10 de junio de 2009

Deportistas de máis de 20 países competirán en Ferrol no Campionato Iberoamericano de Triatlón

O alcalde, Vicente Irisarri, presentaba a proba xunto aos directivos da Federación española e galega de Triatlón. O campionato se celebrará o 13 e 14 do próximo mes de xuño e será puntuable para as Copas de Europa e América.

Ferrol se convertirá de novo en sede dunha proba de triatlón do máis alto nivel. Ao Campionato de España 2007 nas categorías cadete e xuvenil e ao Estatal Absoluto, que tiña lugar un ano máis tarde, se vén a sumar agora o Campionato Iberoamericano, que terá lugar os vindeiros 13 e 14 de xuño. Unha proba que se celebra cada dous anos e que é puntuable para o Campionato de España Élite, sub-23 e por grupos de idade, así como para as Copas de Europa e América. Así o anunciaba en rolda de prensa o alcalde, Vicente Irisarri, acompañado do concelleiro de Deportes, Manuel Santiago, do presidente da Federacións Española, José Hidalgo, e da Galega, Santiago Martínez. Así, preto de 300 deportistas se desprazarán ata a urbe naval para participar na única carreira do calendario puntuable tanto no continente europeo como no americano.

Neste contexto, o rexedor ferrolán destacaba o excelente traballo do equipo técnico do Concello, cuxa profesionalidade e bo facer daban como froito que as federacións estatal e autonómica volveran a confiar un ano máis na cidade para organizar un evento destas características. Unha cita importante dende o punto de vista deportivo, xa que a urbe naval concentrará aos mellores triatletas do panorama nacional e internacional, e trascendente tamén para a economía local, ademáis de constituir un auténtico escaparate da riqueza patrimonial, cultural, gastronómica e paisaxística da cidade departamental.

Nesta liña, Vicente Irisarri ratificaba a intención da Administración local de continuar volcándose con este deporte porque, segundo aseguraba, “se están cumprindo as máximas fundamentais” do goberno municipal ao poñer en marcha hai dous anos o Proxecto Plurianual de Desenvolvemento do Triatlón en Ferrol: vida sana, deporte de base e competicións de élite que sirvan para proxectar o deporte entre a mocidade ferrolá. E, ao fío, o edil facía público o agradecemento de todo o equipo de goberno tanto á iniciativa pública como á privada ao apoiar un evento destas características.

O concelleiro de Deportes subliñaba que se trata da cita deportiva máis importante que se vai a desenvolver este ano na cidade. Para elo, volveu a pedir a colaboración de tódolos sectores implicados: clubes, movemento asociativo, persoal municipal e voluntarios, aos que agradeceu de antemán o esforzo para acadar as metas fixadas e que pasan por conseguir que o Campionato Iberoamericano sexa outro gran éxito da cidade.

Pola súa banda, José Hidalgo apuntaba que Ferrol fora un descubrimento a nivel organizativo para o organismo que preside. Tanto pola implicación das institucións como pola colaboración cidadá. E avanzou que Concello e Federación traballan xa nun proxecto de maior calibre do que polo momento non quixo ofrecer máis datos. Na mesma liña se manifestaba o vicepresidente da Federación Galega de Triatlón, quen subraiaba a importancia de albergar unha proba deste calibre en Galicia, “xa que demostra a nosa capacidade organizativa e que o triatlón galego vai”.

Respeto da proba que se celebrará os vindeiros 13 e 14 de xuño en Ferrol, Hidalgo explicaba que, de carácter bianual, é a única cita puntuable tanto para Europa como para América. Unha singularidade que potencia o seu interese. De feito, avanzaba que máis de 20 países de fala hispana confirmaron xa a presenza dos seus atletas nesta cita. Paralelamente á disputa desta proba, Ferrol albergará tres congresos: o de presidentes das xuntas directivas; o de xuíces oficiais e organizadores e o de formadores e técnicos

No hay comentarios: