viernes, 18 de marzo de 2011

“QUE FERROL QUEREN OS MOZ@S?”


XUVENTUDES SOCIALISTAS DE FERROL SAE Á RÚA PARA PREGUNTAR OS
MOZOS E MOZAS DE FERROL “QUE FERROL QUEREN?”

“Imos a contar coas entidades mozas e tamén coas opinións dos mozos/as
individualmente”.
“ Rey Varela non é un recentemente chegado, foi o peor concelleiro de
xuventude en Ferrol dende que hai democracia”.
“Seguirán sendo os mozos/as os que decidan as políticas de mocidade na
nosa cidade”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol elaborarán o programa
electoral conxuntamente coa mocidade ferrolá, para elo centrarán os seus esforzos nos dous
grandes sectores da xuventude ferrolá, por unha parte reuniranse coas entidades mozas da
cidade e por outra recollerán directamente as opinións dos mozos/as na rúa e mediante as
novas tecnoloxías. En palabras do secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol, Julián
Reina, “vamos a contar coas Entidades xuvenís e tamén coas opinións dos mozos/as
individualmente”. Hoxe comezarán reuníndose coa sección xuvenil da USTG para continuar
mañá co Grupo scout vasco da ponte, á vez que sairán á rúa en varios puntos de la cidade a
preguntar aos mozos que queren para Ferrol.
El mozo dirixente socialista e membro da candidatura do PSOE ferrolá destacou a labor
realizada en materia de mocidade polo Concello de Ferrol e subliñou que “seguirán sendo os
mozos/as os que decidan as políticas de mocidade na nosa cidade”.
Mencionou tamén a absurda campaña del PP infestada de críticas e crispación como sempre,
subliñando tamén a posición de falso salvapatrias do candidato popular que dedicou estes
últimos 4 años a tratar de obstaculizar o progreso de Ferrol a mans dun goberno socialista e
os catro anteriores maltratando á mocidade ferrolá, xa que en palabras do propio Julián
Reina “Rey Varela non é un recentemente chegado, foi o peor concelleiro de mocidade en
Ferrol dende que hai democracia”.

No hay comentarios: