miércoles, 19 de octubre de 2011

Xuventudes Socialistas de Ferrol súmase á campaña en defensa da educación pública

O secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol, Aitor Bouza, anunciou esta mañá que a formación porá en marcha, a campaña en defensa da educación pública impulsada dende organización a nivel Federal “Cárganse a educación, non vas a facer nada por evitalo?”.
Segundo explicou Bouza Manso “os mozos/as estamos convencidos de que en tempos de crise hai que fortalecer os piares básicos da nosa sociedade para poder saír reforzados desta. Non podemos permitir que se dea ningún paso atrás no tema educación, senón que temos que mirar cara o futuro e seguir progresando para lograr finalmente unha sociedade máis xusta, con menos probreza, menos exclusión e máis igualdade.”
O secretario xeral asegurou que “con estas accións Feijoo demostra que para el e os dirixentes do seu partido a educación non é un dereito, senón un privilexio ao que só poden acceder quenes teñen un alto poder adquisitivo, restrinxíndo así a liberdade e o dereito de todos os galegos/as a acceder a un ensino de calidade”.
Alertou o dirixente socialista, aos mozos e mozas de que “cada euro que se retalla en educación é un euro menos que se invirte no noso futuro”. Temos que loitar contra estes ataques do goberno de Núñez Feijoo con todas as nosas forzas e seguir defendendo unha educación pública, de calidade e para todos e todas, sen discriminacións. Concluiu, lembrándolle ao presidente da Xunta que “un profesor menos supón un fracasado escolar máis.”
Por todo isto, a Agrupación desprazarase este sábado a partir das 12 horas, á Praza de Armas, onde repartirán información á cidadanía sobre o tema. De aí iniciarán un itinerario polas rúas do centro para culminar á noite coa pegada de carteis. Así mesmo, dende o comezo desta semana, a Organización xa presentou e difundiu esta campaña nas redes sociais con todo o seu material.
A campaña inclúe o reparto de octavillas informativas, pegatinas e carteis, así como a posta en marcha dunha páxina web www.secarganlaeducacion.org , na que a cidadanía poderá atopar toda a información precisa con respecto aos recortes e ataques á educación pública, os vídeos da campaña, unha zona de descarga de arquivos e enlaces de interese e un manifesto onde poderán adherirse de maneira individual aquelas persoas que se sintan identificadas na defensa da educación pública.
Para finalizar, Bouza animou a todos os mozos/as ferrolás a sumarse á marea verde que se celebrará o vindeiro día 22 en Madrid para que fique ben claro que “a educación non é un gasto, senón unha inversión”

No hay comentarios: