“Esta Lei demostra unha forma de gobernar baseada no totalitarismo”
“Os e as xoves
socialistas mostranse rotundamente en contra da mal chamada “Lei de Seguridade
Cidada” plantexada polo Goberno de Mariano Rajoy e lanzan unha campaña na súa
contra baixo o lema #LibertadRobada.”
As Xuventudes
Socialistas de Ferrol fixéronse eco da campaña que lanzou a organización; a campaña #LibertadRobada contra a Lei
de Seguridade Cidadá.
A mal chamada “Lei
de Seguridade Cidadá” é imposta de maneira unilateral polo Goberno do Partido
Popular e hoxe se debate no Congreso dos Deputados. As XSG entenden que
pretende, a raíz da intensa actividade dos movementos sociais, xerar un medo en
quen queira exercer o seu dereito de manifestación e expresión.
Para Ana Lamas, secretaria xeral de
Ferrol das XSG, “Se esta Lei chega a aprobarse, os corpos e forzas de seguridade
do Estado terán unha gran capacidade de actuación en base a meras sospeitas,
provocando a inseguridade na cidadanía”.
En opinión das Xuventudes Socialistas
de Ferrol, “atopámonos ante un grave problema de inseguridade xurídica ao descoñecerse
en que situacións considérase preciso que os axentes actúen para previr un
delito. A suposta tranquilidade no espazo público limita os dereitos
fundamentais como o de manifestación, expresión ou reunión cunhas sancións
completamente desorbitadas”.
Segundo a opinión da organización
política xuvenil “sancionar de maneira exacerbada determinadas mostras de
opinión por consideralas un ataque á seguridade colectiva non é unha solución
ao problema”.
Os e as socialistas remarcaron que
“hoxe debátese no Parlamento de Galicia a instancias dos socialistas cal é a
opinión da Xunta de Galicia ao respecto da aprobación que ataca de fronte as
liberdades e dereitos fundamentais, aínda que dubidan que o señor Feijoo se
desmarque da política represiva do seu compañeiro de partido Mariano Rajoy.
A secretaria xeral concluíu afirmando
que “debemos apostar por leis que permitan expresar o pensamento libremente e
actuar de maneira independente sen que se considere un ataque a orde pública. O
Estado de Dereito, de aprobarse esta Lei, quedará unha vez máis profundamente
danado. De novo, o Goberno do Partido Popular demostra que algún sectores deste
país non creen la liberdade”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario