martes, 19 de febrero de 2008

SANDRA RIOS BOUZA. FUTURA SENADORA


O meu nome é Sandra Rios Bouza, teño 30 anos, son licenciada en Dereito pola USC, avogada, e actualmente traballo como Concelleira de Seguridade e Proteccion civil no Concello de Ferrol, actividades que me resulta apaixoante non só polo servizo que damos á cidadania senon e principalmente pola ilusión que me produce a responsabilidade que depositaron en min os e as cidadans e cidadás de Ferrol.

Sintome socialista dende pequena, pero cando realmente sentinme obrigada a militar activamente, foi cando dende o goberno de Jose Maria Aznar comenzáronse a atacar valores de esquerda como a integridade, libertade e igualdade, a través de acontecementos como a guerra de Irak, o prestige e o incontable numero de mentiras emitidas sen pudor polos maximos representantes do PP.

Agora abrese unha nova oportunidade na miña vida que se manifesta na posibilidade de participar directamente no proxecto que o Presidente Jose Luis Rodruiguez Zapatero comenzou en 2004, a través da Candidatura o Senado, esa gran descoñecido e incluso as veces infravalorado, polo que gustaríame comenzar reivindicando o seu protagonismo.

Suñilar sua natureza de Cámara territorial, pois precisamente é nas materias relacionadas có desenrolo autonómico e a política rexional o local, a máis cercana a nós, onde alcanza un maior protagonismo institucional, tanto pola sua especialización de feito como polas competencias que expresamente ten atribuídas, o que en definitiva, o converten no foro dos problemas reais dos cidadáns e cidadás

Pero tampouco se esquecer a súa función lexislativa que lle permite enmendar as leis que posteriormente se tramitan no Congreso. É precisamente neste plano onde a maioría popular ha tratado de impor seu carácter rancio, retrógado , contrario ós avances como a súa oposición á Lei de Igualdade, esa gran aposta dos socialistas pola muller, pola xuventude, polo futuro, e que se incardina na política de bienestar, igualdade e integración que ven desenrolado noso goberno nos catro últimos anos a través de leis tan importantes como a da loita contra a violencia de xénero, a nova lei do divorcio, de matrimonio de homosexuais e novos planes de vivenda para xóvenes. En definitiva, medidas que nos permiten construír una sociedade máis xusta e sobre todo onde todos teñamos cabida.

Por todo iso, os animo a votar para seguir construído noso proxecto, para acabar coas andanzas da dereita mediática, das cousas que vocean, dos disparates que se han atrevido a decir, é o momento, de sacar a pasear noso orgullo, nosa dignidade, para seguir construíndo un país que quera seguir tendo unha posición no mundo, onde podamos ser recoñecidos pola nosa capacidade de solidaridad, de integración e de tolerancia con todas as persoas que viven connosco. Un país que quere neste século XXI estar ó lado daqueles que defenden e que teñen suas ambicións postas nos homes e a mulleres, nos cidadáns, daqueles que teñen postas as suas aspiraciones no dialogo, na tolerancia, na igualdades e solidariedada, nun país, en definitiva, onde todos teñamos cabida.

Un saudo.

No hay comentarios: