miércoles, 20 de febrero de 2008

XAVIER CARRO GARROTE


Chámome Xavier Carro. Na lexislatura que acaba de rematar fun deputado e traballei desde Madrid en prol de Galicia, e máis especialmente en prol das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, áreas onde nas vindeiras eleccións repito como candidato ao Congreso.

Nacín en Cedeira en 1964, e recibín ensino profesional en electricidade e electrónica no Marqués de Suances. Logo cursei estudios de Relacións Laborais, primeiro en Ferrol e logo na Universidade de Santiago. Como sindicalista formeime especificamente en materias como a negociación colectiva, o mercado de traballo e a lexislación social europea.

Entrei a traballar en Bazán en 1980 como aprendiz. Alí comezou a miña andaina sindical formando parte do comité de empresa. En 1994 elixíronme secretario de Organización de UGT Galicia, en 1998, de Acción Sindical, responsabilidade dende a que me correspondeu coordinar as negociacións que deron lugar ó acordo de emprego de 1999. Tamén coordinei a mobilización que deu lugar á folga xeral galega do 15 de xuño do 2001.

No 2004 publiquei o libro Precariedade laboral en Galicia e participei nun grupo de traballo sobre emprego que redactou no 2005 o programa electoral do PSdeG-PSOE, partido no que milito dende o ano 82 e no que formo parte da Comisión Executiva Nacional Galega.

Estou casado e son pai de dous rapaces. Son un amante da música tradicional galega, fun mestre gaiteiro na escola da Robaleira (Cedeira) e formei parte de varios grupos musicais.

Creo que esta lexislatura foi moi positiva, tanto en consecución de novos dereitos cidadáns como en creación de riqueza e emprego. Especialmente a posta en marcha do Plan Ferrol abriu novas posibilidades de desenvolvemento que darán os seus mellores froitos nos vindeiros anos. Agora teño a posibilidade de seguir desenrolando o cambio social do noso pais a carón de José Luís Rodríguez Zapatero. O día 9 ti decides.

1 comentario:

Juan Jesús Pagán García dijo...

Con palabras textuales: "Na lexislatura que acaba de rematar fun deputado e traballei desde Madrid en prol de Galicia"
¿ Qué ha hecho este hombre a favor de nuestra Comunidad ? No, de verdad... Si teneis argumentos para rebatir... adelante pero ... no fue este señor el que decía que en 2007 el AVE estaba en El Ferrol ? Y qué pasa con el Puerto Exterior ? En fin, podéis engañaros todo lo que querais pero en estos cuatro años, nuestra ciudad NO ha recibido NADA .