martes, 3 de abril de 2012

As XSG-Ferrol piden aos mozos/as que se afilien para defender os seus dereitos y frear á dereita

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) lanza a campaña de afiliación impulsada dende a Organización a nivel nacional co nome “Dálle voz ás túas ideas” para aqueles mozos/as do noso país que pescuden defender os dereitos sociais, a igualdade de oportunidades e o Estado de Benestar fronte aos retallos do PP, afíliense a XSG-Ferrol. Neste senso, a Organización entende que “agora que o Goberno de Rajoy retallou o orzamento en educación e bolsas, eliminou a renda básica de emancipación e reduciu o orzamento destinado a políticas de emprego é fundamental que os mozos/as nos defendamos e reivindiquemos máis unidos que nunca, os nosos dereitos”.

Dende XSG-Ferrol lembran que “nesta época de crise, as tesoiras de Rajoy fixeron dado, especialmente, aos mozos/as pois non só dificultaron o noso acceso á educación pública senón que, ademais, está fomentando o traballo precario cunha reforma laboral que permite contratos de emprendedores cos que se pode despedir sen indemnización tras un ano de traballo”. Porén, a Organización pide aos mozos/as que “se afilien a XSG-Ferrol para defender os seus dereitos ante as políticas do PP” e aseguran que “quen entre en XSG-Ferrol atoparase cunha organización aberta e participativa na que a loita polos dereitos sociais, a igualdade de oportunidades e a cohesión social son os piares fundamentais”.

Dálle voz ás túas ideas” non é só para os mozos/as socialistas unha campaña de afiliación, senón que pretende mostrar, ademais, que XSG-Ferrol é a resposta que moitos mozos/as atopan para defenderse dun Goberno de dereitas incapaz de atopar outra solución á crise que non consista en asestar un machadazo ao Estado de Benestar.

No hay comentarios: