martes, 3 de abril de 2012

As XSG-Ferrol consideran que cos orzamentos Rajoy racha a cohesión social e a igualdade de oportunidades

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) consideran que os Orzamentos Xerais do Estado (OXE) presentados polo Goberno demostran que “o PP continúa cargando o peso da crise sobre os máis débiles e que defraudar no noso país sale gratis”. Para a Organización “a aministía fiscal que propón Rajoy é un insulto aos cidadáns que vén como agora quenes non pagaron os seus impostos e defraudaron ao país teñen beneficios fiscais, mentres a quen pagaron cada ano os seus impostos se lles incrementa o IRPF ou o IBI”.

Segundo expuxo o seu secretario xeral, Aitor Bouza, “o PP destapou ao fin nos OXE o seu programa oculto baseado en retallos sociais para as clases medias e beneficios fiscais para as clases altas”. Ademais, asegura Bouza que “Rajoy marcou un novo récord no noso país, xa que en menos de 100 días eliminou axudas sociais como a renda básica de emancipación ou a lei de dependencia; retallou nos orzamentos en educación un 21% e reduciu os cartos destinados a políticas activas de emprego en máis de 1.500 millóns de euros”. “Eso sen contar-engade- a subida da luz e do gas que afectan, directamente, ás clases medias e a terrible reforma laboral atenta contra os traballadores/as e que até o propio Partido Popular asegurou que non creará emprego e que destruirá preto de 600.000 postos de traballo”.

Dende XSG-Ferrol esixen ao PP que “modifique a súa política de retallos e reduza os orzamentos sobre outras áreas que non sexan a educación, sanidade e emprego”. Ademais, piden ao Executivo que se plantexe o imposto ás grandes fortunas como fórmulas de recadación fiscal en vez de dar un premio cunha amnistía a quenes defraudan”.

Para a Organización “o restultados deste OXE é que estamos antes uns orzamentos que xerarán máis paro, máis desigualdade e menos crecemento económico e que nos colocarán á cola de Europa”.
Por último, os mozos/as socialistas aseguran que “con estes Orzamentos, o PP esqueceuse de que goberna para todos os cidadáns, xa que conducen ás clases medias á asfixia económica e racha a cohesión social e a igualdade de oportunidades” e lembran ao Goberno de Rajoy que “as clases medias e os traballadores/as non teñen porque pagar o prezo da crise mentre o seu Goberno premia aos grandes defraudadores cunha amnistía e aos empresarios cunha reforma laboral que devolver aos dereitos laborais de hai 40 anos”. 

No hay comentarios: