jueves, 10 de enero de 2013

As XSG-Ferrol acusan á patronal de atentar contra a dignidade dos mozos/as


As Xuventudes Socialistas de Ferrol pronunciáronse hoxe sobre a proposta da CEOE de regular un novo contrato só para mozos/as co SMI como base salarial.
Para os mozos/as socialistas, a proposta da patronal “é unha inmoralidade que pretende agochar unha rebaixa nos custos salariais na escusa do desemprego xuvenil, é dicir, pretende aproveitarse dun segmento moi vulnerable da poboación para que as empresas aforren custos”.
Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol remarcou que “unha proposta así non ten cabida no noso país, pois suporía excluír da negociación colectiva a unha serie de traballadores/as polo mero feito de ser mozos/as, como se non debesen ter os mesmos dereitos que o resto dos traballadores/as, é dicir, estamos ante unha proposta aberrante, un insulto á intelixencia dos e das mozos/as deste país”.
Para os mozos/as socialistas “a patronal debería aparcar as súas ansias de beneficios e máis beneficios e porse a traballar un pouco, aínda que só sexa un pouco, cos demais axentes sociais por sacar este país da crise”.
Dende a Organización pediron á CEOE que “para sucesivas ocasións, pensen as propostas en termos de dignidade da cidadanía”.

No hay comentarios: