martes, 29 de enero de 2013

XSG-Ferrol: "A supresión das bolsas Séneca supón outra 'volta de torca' de Wert aos estudantes"


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) criticaron duramente a supresión das bolsas Séneca por parte de Wert e o seu ministerio dado que afectará a máis de 2.000 estudantes universitarios que as viñan recibindo e suporá o fin do programa de mobilidade SICUE no noso país.

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que "a supresión das bolsas Séneca é outra mostra máis da falta de compromiso do Goberno co ensino e supón outra "volta de torca" de Wert aos estudantes que non poden seguir soportando retallo tras retallo, o custo da crise."

Bouza lembrou que "este goberno é o que máis dano fixo á Universidade Pública, xa que subiron as taxas, retallaron as bolsas, tiraron por terra inversións en investigación e agora, suprime as bolsas Séneca, e todo elo, en apenas un ano."

Os mozos/as socialistas engadiron que "mentres a algúns éncheselles a boca falando de España cando a están destrozando a golpende retallos, outros preferimos defender programas de bolsas como as Séneca que supón un gran logro na mobilidade estudantil e na cohesión territorial do noso país."

Dende a Organización concluíron que "o programa de bolsas Séneca supuña unha aposta pola mobilidade universitaria, xa que o 85% desta se realizaba por medio de bolsas, o que supón un ataque á igualdade de oportunidades entre os estudantes"

No hay comentarios: