miércoles, 23 de enero de 2013

As XSG-Ferrol piden a retirada inmediata da Lei Wert por atentar contra a equidade educativa

As Xuventudes Socialista de Ferrol (XSG-Ferrol) sumáronse hoxe á campaña da Organizción a nivel federal #FueraLeyWert para pedir a retirada da LOMCE, xa que consideran que segregar aos estudantes nas aulas mediante reválidas que presenta a reforma é inmoral e racha por completo a equidade no ensino.

As XSG-Ferrol consideran que a Lei Wert supón unha completa involución, unha contrarreforma que nos devolve ao pasado ao imprantar as reválidas, outorgar maior peso á materia de relixión católica e suprimir Educación para a Cidadanía.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, lembrou que “Wert trata de aprobar a súa Lei sen ningún diálogo coa comunidade educativa en contra, e prefiriu negociar antes o seu proxecto coa Conferencia Episcopal que cos pais/nais, estudantes e profesorado”.
A actitude do ministro – sinalaou Bouza- non é nova no Partido Popular: No 2010, o goberno socialista, con Ángel Gabilondo como ministro de Educación, logrou un principio de acordo polo pacto educativo que foi rachada polo PP por intereses electoralistas, o que demostra que para a dereita, neste país, o ensino non interesa máis que para gañar votos e tratar de impor ao conxunto da cidadanía os valores que lles manda a Conferencia Espiscopal”.
Dende a organización afirmaron que “os mozos/as socialistas consideramos ademais que a Lei Wert e os retallos en educación realizados polo Goberno rachan por completo o principio de igualdade de oportunidades que debe imperar no ensino público e supón desmontar dun plumazo décadas de consolidación do ensino público como principal instrumento de cohesión social”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol concluíu que “os socialistas cremos nun ensino integrador capaz de forma cidadáns e cidadás iguais, polo que nos opoñemos rotundamente a unha reforma educativa que só pescuda que os alumnos/as superen reválidas.”

No hay comentarios: