Participaron
nunha reunión o pasado martes 7 de abril, que contou con escasa participación
de entidades mozas.
Os mozos e mozas
socialistas reclaman unha vez máis a posta en marcha do Consello da Mocidade de
Ferrol co fin de apostar pola participación dos mozos e mozas ferroláns.
Os mozos socialistas de
Ferrol participaron onte nunha reunión promovida pola Dirección Xeral de
Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia onde se presentou o Programa “Iniciativa Xove”.
Dende Xuventudes
Socialistas de Ferrol critican a paralización dos órganos de participación da
mocidade e reclaman que se confíe e escoite á mocidade da nosa cidade.
Para a Secretaria Xeral das XSG de Ferrol esta é a proba de que o PP no cree na
participación da xente moza.
Para as Xuventudes
Socialistas de Ferrol non é lóxico
gastar os cartos en “paripés” que tratan de maquillar a inexistencia de políticas
de mocidade da Xunta.
A non aposta por estes
órganos provoca a falta de comunicación activa e de coñecemento da
administración dos mozos e mozas asociados, coa conseguinte falta de participación
de entidades neste tipo de reunións (apenas catro asociacións participaron,
sendo unicamente XSG unha organización moza propiamente dita).
Para as XSG de Ferrol é
labor da administración fomentar os mecanismos para que a voz dos mozos e mozas
sexa escoitada e dinamizar non só mediante paquetes de axudas económicas para
proxectos puntuais, senón mediante a creación dos órganos de participación e da
potenciación do asociacionismo.
Dende a agrupación
socialista animan ao goberno local a fomentar o asociacionismo e a confiar nos
mozos e mozas de Ferrol. Reclaman que dunha vez por todas se lles dea voz
mediante os órganos de participación xa que a mocidade merece ser escoitada.