jueves, 21 de marzo de 2013

XSG-Ferrol: “O Goberno tomou medidas discriminatorias racialmente en materia sanitaria”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno que retroceda nas súas intencións de restrinxir o servizo sanitario ás persoas residentes en España en situación irregular pois supón o maior ataque que, até agora universal sistema sanitario, podería sufrir.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “esta medida saca a relucir as intencións máis escuras do Partido Popular, pois dana seriamente a solidariedade e a cohesión social pola que tan duramente traballamos neste país nos últimos anos e iso, é ademais un duro golpe para a inversión no progreso de España.”
Os mozos/as socialistas destacaron que “esta inxustiza repercute directamente nos niveis de produtividade e, porén, na protección da pobocación. Non podemos permitir que, por unha cuestión de ingresos, se marxine a determinados grupos sociais. Nun sistema como o noso, substentado pola recadación fiscal e non por cotizacións laborais, debe pescudarse favorecer a igualdade de oportunidades e fomentar a integración social de persoas en risco de exclusión, como o son os inmigrantes en situación administrativa irregular.”
Porén – engadiu Bouza- o Goberno debe actuar xa, debe retractarse nas súas medidas que, baixo a premisa de que se tiveron producido abusos na sanidade pública por parte de cidadáns estranxeiros e o potencial aforro de 1.000 millóns de euros, aprobaron mediante un Real Decreto Lei, practicando así o maior ataque á Sanidade pública en toda a súa historia”
Dende a Organización lembraron que foi a oposición dos Executivos autonómicos socialistas a que levou ao Tribunal Constitucional a adiantar a decisión de que deixar sen atención sanitaria a determinadas persoas era contrario á Carta Magna, e o Goberno o PP, lonxe de rectificar, mantivo esta postura inaceptable sobre a base de que aínda non recaeu unha sentenza definitiva.”
O secretario xeral concluíu asegurando que “Rajoy e a súa ministra de sanidade, Ana Mato, enfrótanse a unha negativa administrativa que provén de Andalucía, Asturias, Cataluña e Eskadi. É unha medida que non apoia a Constitución e que provocou a preocupación da ONU. Ante esta situación, ao Goberno só lle queda retractarse e devolver os dereitos aos inmigrantes que lles arrebatou con estas medidas inxustamente discriminatorias.”

viernes, 15 de marzo de 2013

As XSG-Ferrol esixen ao Goberno que adapte inmediatamente a lexislación hipotecaria ás indicacións do TXUE


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno, tras coñecerse a sentenza do TXUE sobre a lexislación española de desafiuzamentos, que abandone a vía de retrasar as reformar legais nesta materia e coloque os cambios en materia de desafiuzamentos en primeiro lugar da axenda política.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “a sentenza non só pon en entredito a indefensión da cidadanía ante a banca a negociar unha hipoteca, senón a indefensión xeral ao contratar con grandes compañías que someten á cidadanía, sistematicamente, ás chamadas cláusulas de adhesión, que son decoñecidas e innegociables para os particulares e establecen profundas inxustizas contractuais.”
Os mozos/as socialistas destacaron que “se a inxustiza é grande ao contratar coas grandes compañías de luz, auga, gas e telefonía que se aproveitan dos consumidores, é maior coa banca, pois os desafiuzamentos xeran un prexuízo desprorcionado e irreversible se con posterioridade se declara inxusto o contrato de préstamo con hipoteca.”
Porén -engadiu Bouza- o Goberno debe actuar xa, debe evitar que se sigan producindo estas inxustizas, e deben facer o que se espera del, o que a Lei marca como tarefa do Executivo: regular a prol do interese xeral e esquecer os intereses da banca e as grandes corporacións.”
Dende a Organización concluíron asegurando que “Rajoy e o PP demostraron a súa capacidade de regular rapidamente, pero sempre en prexuízo da sociedade, con retallos, coa reforma laboral. Agora, cunha sentenza que deixa en entredito a lexislación española, tócalle defender, por unha vez, á cidadanía. Se non o fai, se persiste na demora, xa anticipamos que nos vai a ter radicalmente en contra.”

martes, 12 de marzo de 2013

XSG-Ferrol: “As medidas que propón Rajoy son un parche que fai elixir aos mozos/as entre dignidade ou emprego”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) denunciaron hoxe o engano das medidas propostas polo Partido Popular en materia de emprego.
O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, referiuse ás medidas de emprego previstas polo Goberno de Rajoy: “a política nacional de emprego seguirá sen ter impacto e repercusión na economía ou nas arcas públicas se non se responde ás demandas dos cidadáns que hoxe dia máis precisan emprego.”
Neste senso, os mozos/as socialistas afirmaron que “a última EPA destaca que a maioría dos mozos/as en paro só conta con estudos de educación obrigatoria e as medidas que presenta o Goberno nin solucionan este problema estrutural do noso país, nin gardan relación con este colectivo, que merece unha especial protección e dilixencia e segue, porén, caendo no esquecemento do Goberno.”
Bouza Manso declarou ademais que “o Partido Popular non parou, con Rajoy no Goberno, de dar as costas aos mozos/as coas súas políticas de redución de bolsas e o aumento das taxas universitarias que nos condenan a abandonar a formación.” Ademais, “a inacción total en materia de emprego xuvenil, sumada á desastrosa reforma laboral levounos ao drama actual.”
En opinión da Organización xuvenil socialista, as medidas do PP son ademais unha condena expresa a Comunidades como Galicia, dado que “empurran aos mozos/as á emigración , ante a falta de oportunidades que sofren os pobos e o retallo á calidade de vida que supón o ataque ao Estado de Benestar que impuxo o PP no medio rural.”
Bouza Manso pregúntase: “Que tivera feito Rajoy se non chega a haber fondos europeos? E engade unha resposta: “Só cando houbo un orzamento da UE para o desemprego mozo, Rajoy puxo en marcha medidas, que ademais de ser un parche, obrigan aos mozos/as a elixir entre dignidade ou emprego.”
O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Ferrol denuncia que “esta situación é a demostración clara de que para o PP, o emprego non está no primeiro lugar da axenda política. Até agora permitíronse o luxo de dicir que tiñamos os deberes feitos, como fixo Báñez en Bruselas a pesar de ter máis dun 50% de paro xuvenil, e adesprezar propostas do PSOE, como o garante xuvenil, que meses máis tarde poñen en marcha porque llas esixe a UE.”
As XSG-Ferrol esixen que “o Goberno se deixe de operación de mercadotecnia, con 100 medidas que non son cribles”. “Levan meses sen facer nada e agora aproban un número redondo e bonito que pretende ocultar a inutilidade política de Báñez e a necesidade de acudir á foto cos axentes sociais para non danar máis aínda a súa imaxe pola falta de diálogo.

jueves, 7 de marzo de 2013

As XSG-Ferrol: “A austeridade está servindo de excusa para realizar retallos ideolóxicos en materia de igualdade”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixe hoxe ao Goberno, con motivo do Día Internacional das Mulleres, que rectifique e invirta nas mulleres españolas para garantir a súa igualdade respecto aos homes, que se está vendo seriamente danada polas políticas postas en marcha polo gabiente de Rajoy.

Segundo declaracións de Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “a dereita española evoluiu cara posicións ultraconservadoras mentres este país incorporaba dereitos e liberdades a súa vida cotiá. Dereitos e liberdades que hoxe lle están a ser arrebatados sen permiso.”

En opinión das Xuventudes Socialistas, “somos testemuñas dunha involución ideolóxica: están frustrando as expectativas de moitas mulleres mozas que confiaron nesta democracia e neste país para implicarse nun proceso igualitario real.” “As mulleres, con moito traballo es esforzo, tomaron parte nun modelo de avance en igualdade no que críamos que sempre iriamos cara diante, sempre seríamos máis iguais”- engadiron.

A organización xuvenil destaca o empoderamento e influencia da muller española “grazas a institucións e políticas públicas que fomentaron planes de igualdade e á creación de leis que permitiron cambiar a nosa vida cotidiana, penalizar a violencia e acceder a empregos por fomentar a conciliación laboral.”

Bouza Manso asegurou que “dende as Xuventudes Socialistas instamos ao Goberno a que cese no axuste ideolóxico que reflexe nos OXE, no taxazo xudicial, na reforma laboral, na LOMCE, na modificación da Lei do IVE, na supresión da Lei de Dependencia e en todos os campos sobre os que está extendendo o seu modelo ultraconservador.” “Un modelo – engadiu Bouza- que retrocede 30 anos nos dereitos das mulleres e a súa igualdade real fronte aos homes.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol asegurou que “o desmantelamento progresivo do Estado do Benestar e a política de retallos do goberno, suprimindo servizos públicos esenciais, que afectan á Administración Pública e a empresas que traballan como proveedoras de servizos, prexudican dobremente ás mulleres: prexudican o seu acceso ao emprego e imposibilitan a conciliación familiar.”
Para concluír, os mozos/as socialistas laméntanse: “cremos que a igualdade entre mulleres e homes é un dos piares da nosa democracia. As reformas e decisións tomadas polo Partido Popular agravan día tras día a situación familiar e laboral das mulleres, as grandes prexudicadas polas políticas ultraconservadoras inxustificables mediante a austeridade."