As Xuventudes
Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno que retroceda nas súas
intencións de restrinxir o servizo sanitario ás persoas residentes
en España en situación irregular pois supón o maior ataque que,
até agora universal sistema sanitario, podería sufrir.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “esta medida saca a relucir as
intencións máis escuras do Partido Popular, pois dana seriamente a
solidariedade e a cohesión social pola que tan duramente traballamos
neste país nos últimos anos e iso, é ademais un duro golpe para a
inversión no progreso de España.”
Os mozos/as socialistas
destacaron que “esta inxustiza repercute directamente nos niveis de
produtividade e, porén, na protección da pobocación. Non podemos
permitir que, por unha cuestión de ingresos, se marxine a
determinados grupos sociais. Nun sistema como o noso, substentado
pola recadación fiscal e non por cotizacións laborais, debe
pescudarse favorecer a igualdade de oportunidades e fomentar a
integración social de persoas en risco de exclusión, como o son os
inmigrantes en situación administrativa irregular.”
“Porén – engadiu
Bouza- o Goberno debe actuar xa, debe retractarse nas súas medidas
que, baixo a premisa de que se tiveron producido abusos na sanidade
pública por parte de cidadáns estranxeiros e o potencial aforro de
1.000 millóns de euros, aprobaron mediante un Real Decreto Lei,
practicando así o maior ataque á Sanidade pública en toda a súa
historia”
Dende a Organización
lembraron que foi a oposición dos Executivos autonómicos
socialistas a que levou ao Tribunal Constitucional a adiantar a
decisión de que deixar sen atención sanitaria a determinadas
persoas era contrario á Carta Magna, e o Goberno o PP, lonxe de
rectificar, mantivo esta postura inaceptable sobre a base de que
aínda non recaeu unha sentenza definitiva.”
O secretario xeral
concluíu asegurando que “Rajoy e a súa ministra de sanidade, Ana
Mato, enfrótanse a unha negativa administrativa que provén de
Andalucía, Asturias, Cataluña e Eskadi. É unha medida que non
apoia a Constitución e que provocou a preocupación da ONU. Ante
esta situación, ao Goberno só lle queda retractarse e devolver os
dereitos aos inmigrantes que lles arrebatou con estas medidas
inxustamente discriminatorias.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario