As Xuventudes
Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) denunciaron hoxe o engano das
medidas propostas polo Partido Popular en materia de emprego.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol, Aitor Bouza, referiuse ás medidas de emprego previstas
polo Goberno de Rajoy: “a política nacional de emprego seguirá
sen ter impacto e repercusión na economía ou nas arcas públicas se
non se responde ás demandas dos cidadáns que hoxe dia máis
precisan emprego.”
Neste senso, os
mozos/as socialistas afirmaron que “a última EPA destaca que a
maioría dos mozos/as en paro só conta con estudos de educación
obrigatoria e as medidas que presenta o Goberno nin solucionan este
problema estrutural do noso país, nin gardan relación con este
colectivo, que merece unha especial protección e dilixencia e segue,
porén, caendo no esquecemento do Goberno.”
Bouza Manso declarou
ademais que “o Partido Popular non parou, con Rajoy no Goberno, de
dar as costas aos mozos/as coas súas políticas de redución de
bolsas e o aumento das taxas universitarias que nos condenan a
abandonar a formación.” Ademais, “a inacción total en materia
de emprego xuvenil, sumada á desastrosa reforma laboral levounos ao
drama actual.”
En opinión da
Organización xuvenil socialista, as medidas do PP son ademais unha
condena expresa a Comunidades como Galicia, dado que “empurran aos
mozos/as á emigración , ante a falta de oportunidades que sofren os
pobos e o retallo á calidade de vida que supón o ataque ao Estado
de Benestar que impuxo o PP no medio rural.”
Bouza Manso pregúntase:
“Que tivera feito Rajoy se non chega a haber fondos europeos? E
engade unha resposta: “Só cando houbo un orzamento da UE para o
desemprego mozo, Rajoy puxo en marcha medidas, que ademais de ser un
parche, obrigan aos mozos/as a elixir entre dignidade ou emprego.”
O secretario xeral das
Xuventudes Socialistas de Ferrol denuncia que “esta situación é a
demostración clara de que para o PP, o emprego non está no primeiro
lugar da axenda política. Até agora permitíronse o luxo de dicir
que tiñamos os deberes feitos, como fixo Báñez en Bruselas a pesar
de ter máis dun 50% de paro xuvenil, e adesprezar propostas do PSOE,
como o garante xuvenil, que meses máis tarde poñen en marcha porque
llas esixe a UE.”
As XSG-Ferrol esixen
que “o Goberno se deixe de operación de mercadotecnia, con 100
medidas que non son cribles”. “Levan meses sen facer nada e agora
aproban un número redondo e bonito que pretende ocultar a
inutilidade política de Báñez e a necesidade de acudir á foto cos
axentes sociais para non danar máis aínda a súa imaxe pola falta
de diálogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario