As Xuventudes
Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno, tras coñecerse a
sentenza do TXUE sobre a lexislación española de desafiuzamentos,
que abandone a vía de retrasar as reformar legais nesta materia e
coloque os cambios en materia de desafiuzamentos en primeiro lugar da
axenda política.
O secretario xeral das
XSG-Ferrol, Aitor Bouza, afirmou que “a sentenza non só pon en
entredito a indefensión da cidadanía ante a banca a negociar unha
hipoteca, senón a indefensión xeral ao contratar con grandes
compañías que someten á cidadanía, sistematicamente, ás chamadas
cláusulas de adhesión, que son decoñecidas e innegociables para os
particulares e establecen profundas inxustizas contractuais.”
Os mozos/as socialistas
destacaron que “se a inxustiza é grande ao contratar coas grandes
compañías de luz, auga, gas e telefonía que se aproveitan dos
consumidores, é maior coa banca, pois os desafiuzamentos xeran un
prexuízo desprorcionado e irreversible se con posterioridade se
declara inxusto o contrato de préstamo con hipoteca.”
“Porén -engadiu
Bouza- o Goberno debe actuar xa, debe evitar que se sigan producindo
estas inxustizas, e deben facer o que se espera del, o que a Lei
marca como tarefa do Executivo: regular a prol do interese xeral e
esquecer os intereses da banca e as grandes corporacións.”
Dende a Organización
concluíron asegurando que “Rajoy e o PP demostraron a súa
capacidade de regular rapidamente, pero sempre en prexuízo da
sociedade, con retallos, coa reforma laboral. Agora, cunha sentenza
que deixa en entredito a lexislación española, tócalle defender,
por unha vez, á cidadanía. Se non o fai, se persiste na demora, xa
anticipamos que nos vai a ter radicalmente en contra.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario