As Xuventudes
Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixe hoxe ao Goberno, con motivo
do Día Internacional das Mulleres, que rectifique e invirta nas
mulleres españolas para garantir a súa igualdade respecto aos
homes, que se está vendo seriamente danada polas políticas postas
en marcha polo gabiente de Rajoy.
Segundo declaracións
de Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “a dereita
española evoluiu cara posicións ultraconservadoras mentres este
país incorporaba dereitos e liberdades a súa vida cotiá. Dereitos
e liberdades que hoxe lle están a ser arrebatados sen permiso.”
En opinión das
Xuventudes Socialistas, “somos testemuñas dunha involución
ideolóxica: están frustrando as expectativas de moitas mulleres
mozas que confiaron nesta democracia e neste país para implicarse
nun proceso igualitario real.” “As mulleres, con moito traballo
es esforzo, tomaron parte nun modelo de avance en igualdade no que
críamos que sempre iriamos cara diante, sempre seríamos máis
iguais”- engadiron.
A
organización xuvenil destaca o empoderamento e influencia da muller
española “grazas a institucións e políticas públicas que
fomentaron planes de igualdade e á creación de leis que permitiron
cambiar a nosa vida cotidiana, penalizar a violencia e acceder a
empregos por fomentar a conciliación laboral.”
Bouza Manso asegurou
que “dende as Xuventudes Socialistas instamos ao Goberno a que cese
no axuste ideolóxico que reflexe nos OXE, no taxazo xudicial, na
reforma laboral, na LOMCE, na modificación da Lei do IVE, na
supresión da Lei de Dependencia e en todos os campos sobre os que
está extendendo o seu modelo ultraconservador.” “Un modelo –
engadiu Bouza- que retrocede 30 anos nos dereitos das mulleres e a
súa igualdade real fronte aos homes.”
O secretario xeral das
XSG-Ferrol asegurou que “o desmantelamento progresivo do Estado do
Benestar e a política de retallos do goberno, suprimindo servizos
públicos esenciais, que afectan á Administración Pública e a
empresas que traballan como proveedoras de servizos, prexudican
dobremente ás mulleres: prexudican o seu acceso ao emprego e
imposibilitan a conciliación familiar.”
Para concluír, os
mozos/as socialistas laméntanse: “cremos que a igualdade entre
mulleres e homes é un dos piares da nosa democracia. As reformas e
decisións tomadas polo Partido Popular agravan día tras día a
situación familiar e laboral das mulleres, as grandes prexudicadas
polas políticas ultraconservadoras inxustificables mediante a
austeridade."
No hay comentarios:
Publicar un comentario