jueves, 28 de febrero de 2013

As XSG-Ferrol piden a dimisión de Báñez pola súa incapacidade manifesta para atallar o paro mozo

As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixiron hoxe a dimisión da ministra Báñez ante a súa evidente incapacidade para tomar coa seriedade que merece o paro xuvenil. Para os mozos/as socialistas, “supón un frade que, despois de ter menospreciado ás institucións comunitarias coas súas constantes ausencias, cando Báñez decide ir a Bruselas o fixo non só cunha falta de humildade terrible, senón permitíndose dar lección mentres os mozos/as españois só atoparon como solución a falta de oportunidades, a emigración, a precariedade ou o desemprego.”

O secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, asegurou que “a mnistra insultou aos mozos/as españois ao chegar ao Consello Europeo asegurando que España ten os deberes feitos en emprego xuvenil, cando é sabido que o noso país lidera as estadísticas de paro entre os mozos/as e cando as medidas emprendidas polo Goberno de Rajoy supón un novo ataque á dignididade dos mozos/as, aumentando a súa precariedade laboral como única receta para atallar as cifras do paro.”

“Non se pode sacar peito en Bruselas – afirmou Bouza- cando as medidas emprendidas polo Goberno prescinden unha vez máis dos axentes sociais, como xa ocorreu coa reforma laboral, e afondan no camiño de dinamitar o diálogo social en España.”

Para a Organización, as medidas aprobadas polo Goberno o pasado venres “denotan que a única receta do Partido Popular para o desemprego xuvenil é máis precariedade e segmentación para os mozos/as que queren ingresar no mercado laboral, denotan unha inexistencia de políticas de formación e orientación laboral e unha falta de política global que priorice o emprego para favorecer o crecemento económico.”

“Con esta serie de medidas- engadiron- os mozos/as serán precarios per se, grazas aos novos modelos de contratación e tamén ao levantamento da prohibición de concatenar contratos de prácticas aprobado polo Goberno do PP; agora, un mozo pode estar contratado en prácticas por tempo ilimitado nunha empresa, sen dereitos e cunhas escasas retribucións.”

Aitor Bouza concluíu que “xa tiñamos suficiente coas malas cifras, agravadas por unha ministra inútil, e agora o que temos é a constatación de que o Partido Popular non lle importa nada a situación sociolaboral dos mozos/as deste país e imponlles unha condea á precariedade que vai a lastrar a toda unha xeración ao paro ou ao éxodo.”

No hay comentarios: