As Xuventudes Socialistas de Ferrol piden hoxe ao Goberno, con motivo do
Día Europeo pola igualdade salarial, que inverta en igualdade de xénero para
garantir a equidade salarial.
Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “as decisión adoptadas
polo Goberno do PP fan que día a día a situación das traballadoras en España
sexa peor e esta desigualdade fainos ineficientes como país.”
En opinión da Organización, “a Reforma Laboral, coa súa política de
individualización de dereitos xera un incremento da desigualdade salarial
ademais da perda sobre a igualdade de trato e oportunidades en xeral.” “Unha
brecha salarial do 22,5% segundo os últimos datos dispoñibles da Enquisa de
Estrutura Salarial é inadmisible para un país que pretende saír dunha crise
económica”- engaden.
Os mozos/as socialistas aseguraron que “dende as Xuventudes Socialistas
instamos ao Goberno e ás distintas administracións públicas a implementar
accións concretas e específicas para eliminar esta lacra poñendo en marcha
medidas correctoras, que permitan alcanzar a igualdade retributiva entre
mulleres e homes.” “Un modelo – engadiron- que obriga a unha muller a traballar
82 días máis que un home para obter o mesmo salario non é tolerable.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol asegurou ademais que “as mulleres mozas
perciben un 25,64% menos que os homes da súa mesma idade, dato que se suma á
precariedade laboral e á brecha xeracional que xa vén sufrindo a mocidade en
España e ante a cal Mariano Rajoy e a súa ministra Báñez fan oídos xordos.”
#IgualdadSalarial
No hay comentarios:
Publicar un comentario