jueves, 14 de febrero de 2013

XSG-Ferrol: “os retrocesos do PP en materia de saúde sexual son un ataque directo á mocidade”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno, con motivo do Día Europeo da Saúde Sexual e Reprodutiva, que retome a aposta española pola educación afectivosexual dos nosos mozos/as que se viu claramente diminuúda nos últimos meses.

Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “a importancia que se lle deu nos gobernos anteriores socialistas a estas políticas xerou unha diminución do número de embarazos non desexados e porén, de abortos. A boa educación nesta materia levou ao uso máis responsable da píldora poscoital de toda Europa tras a súa liberalización”.
En opinión das Xuventudes Socialistas de Ferrol, “non podemos permitirnos unha diminución do apoio a estas poíticas porque isto desencadea un problema maior”. “A saúde sexual exténdese tamén ao benestar dos e das mozos, a saúde e a capacide de gozar sen prexuízos nin discriminacións”- egandiron
Dende a Organización aseguraron que “a mocidade española segue correndo riscos moitas veces pola falta de información, o que conleva tamén a unha maior exposición a posibles enfermidades de transmisión sexual ou a desequilibrios persoais. O número de abortos pola ausencia de contraceptivos aumentou nun 70% no último ano”. “Un modelo informativo forte neste aspecto – engadiron- permite o desenvolvemento persoal pleno e en liberdade”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol asegurou ademais que “o ensino afectivosexual debería ser unha aposta clara e contundente por parte do noso Goberno. Esta deixadez, sumada ás intencións de acabar coa Lei sobre Interrupción Voluntaria do Embarazo e as boas prácticas que esta esixe en materia educativa, deixa moi claro que a nula política do PP en saúde sexual non responde a unha cuestión de austeridade, senón a un vergoñento ataque directo contra a mocidade española”.

No hay comentarios: