lunes, 11 de febrero de 2013

As XSG-Ferrol esixen a destitución inmediata de Wert


As Xuventudes Socialistas de Ferrol (XSG-Ferrol) esixen a destitución inmediata do ministro Wert tralo éxito das mobilizacións desta semana e a publicación da enquisa do CIS que volve a consagralo como o ministro peor valorado.
Os mozos/as socialistas consideran que “Wert sobrepasou todos os límites cos seus recortes, a súa chulería e o seu autoritarismo co que pedimos o seu cese inmediato e que se paralice a Lei que tanta oposición e controversia está creando”. E aseguran que “é inviable aprobar unha lei que solo é apoiada polas Comunidades Autónomas gobernadas polo PP”.
Para Aitor Bouza, secretario xeral das XSG-Ferrol, “Wert non pode continuar no cargo porque está tratando de aprobar unha reforma educativa de gran calado sen o apoio de pais, nais, profesorado e estudantado”. “É curioso comprobar como a Conferencia Episcopal si que está encantada coa nova reforma, -e engade- quizais débase a que se parece demasiado ás que aprobaron os obispos en tempos felizmente superados”.
Bouza lembrou que “estamos ante a peor reforma educativa que se coñecera no noso país xa que pescuda segregar dende idades moi pequenas ao alumnado mediante a implantación de reválidas, outorga maior peso á asignatura de relixión católica, elimina por completo Educación para a Cidadanía e posibilita a segregación por sexo nas aulas”.
O secretario xeral das XSG-Ferrol concluíu que “os graves retallos realizados na educación e a Lei Wert supón tirar por terra todos os avances que o noso país fixo en educación nas últimas décadas co que non pararemos até que esta reforma se paralice”.

No hay comentarios: