As Xuventudes
Socialistas de Ferrol denunciaron hoxe o enorme ataque aos mozos/as
que supuxo a reforma laboral da ministra Báñez. Para os mozos/as
socialistas, “a reforma laboral foi a factura que a ministra pasou
aos mozos/as culpabilizándoos dunha crise que non xeraron.”
Para Aitor Bouza,
secretario xeral das XSG-Ferrol, “a reforma laboral do Partido
Popular destrúe empregos, abarata e facilita o despido e resta
dereitos aos traballadores/as”. “As ausencias de Báñez nas
sucesivas Cumbres Europeas sobre emprego e as declaracións fóra de
lugar da ministra sobre o paro xuvenil denotan que non se tomaron en
serio a súa carteira, e que relativiza un drama diario da sociedade
española e concretamente da mocidade, que alcanzou un 55% de
desemprego segundo a última enquisa da EPA.”
En opinión das
Xuventudes Socialistas, “tras un ano de imposición desta reforma
demostrouse que desequilibra as relacións laborais e diminúe a
calidade do emprego á vez que o destrúe polo que, unha vez remate o
Debate sobre o Estado da Nación, si se ten unha mínima vontade de
superar a brecha xeracional causada pola reforma laboral, o primeiro
que se debe facer é apartar a Báñez do ministerio para comezar a
tomar medidas serias sobre o desemprego xuvenil.”
En palabras do
secretario xeral das XSG-Ferrol, “de nada vai servir que recibamos
fondos da Unión Europea se os vai xestionar unha ministra que non
tomou conciencia do problema nacional que supón o paro xuvenil.”
Os mozos/as socialistas
aseguraron que “dende as XSG-Ferrol temos medidas concretas antes a
preocupante situación dos nosos mozos/as e a súa exclusión do
mercado laboral.” “As Xuventudes Socialistas e o PSOE estamos
apostando – engadiron dende a Organización- por políticas e
alternativas que fomenten a empregabilidade entre os e as mozos con
propostas como 'crecemento, emprego e competividade' como demostraron
as sucesivas propostas do PSOE no Congreso, lonxe da actitude
despreocupada que tivo a ministra e o seu gabinete sobre este drama
xuvenil.”
Bouza asegurou ademais
que “elaboramos estas propostas porque cremos na mellora do emprego
entre os mozos/as. O deber da oposición é ofrecer alternativas
cando o Goberno non só non as ten, senón que mantén a unha
ministra que pasou a ser parte do problema, en lugar de promover
solucións.”
A campaña que
comezaron os mozos/as socialistas no día hoxe a través das redes
sociais componse dun vídeo no que se esixen medidas urxentes para
paliar o desemprego xuvenil ao Congreso, ao Goberno e á UE, así
como de varias imaxes que xa foron penduradas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario