jueves, 28 de mayo de 2009

MITIN CENTRAL EN FERROL


Mitin en FERROL

Día: Venres, 29 de Maio

Hora: 20:30 horas

Lugar: FIMO - A Malata

Intervirán:

- Vicente Irisarri, Alcalde de Ferrol

- Manuel Vazquez, Sº Xeral do PSdeG-PSOE

- Antolín Sánchez Presedo, Eurodiputado

- Manuel Chaves, Ministro de Cooperación Territorial

ESTE PARTIDO XÓGASE EN EUROPA....

XOGAS?

As Xuventudes Socialistas denuncian a intención da Xunta de reagrupar alumnado para reducir os orzamentos

Esta primeira medida tomada pola Consellería de Educación, supón un paso atrás moi perigoso en materia educativa, xa que aumenta a ratio alumnado-profesorado en contra de tódalas indicacións ao respecto da comunidade educativa, cun único fin, reducir custes.

Con esta medida, a Xunta pon fin a catro anos de políticas públicas a través das que se incrementaron os orzamentos en materia educativa nun 30%, se instaurou a gratuidade dos libros de texto ou na que se duplicou o número de ordenadores nos centros escolares por dous.


Santiago de Compostela, 27 de Maio de 2009. As Xuventudes Socialistas de Galicia queren facer pública a súa frontal oposición á intención da Consellería de Educación de facer un reagrupamento do alumnado de diferentes idades naquelas aulas que contan cun número inferior ou igual a 20 rapaces/as.

Esta primeira medida tomada pola Consellería de Educación, supón un paso atrás moi perigoso en materia educativa, xa que aumenta a ratio alumnado-profesorado en contra de tódalas indicacións ao respecto da comunidade educativa, cun único fin, reducir custes.

O PP está deste modo a mostrar unha clara intención de recortar orzamentos na educación sen contar antes cos axentes implicados, o que dá boa mostra do interese que ten para o PP a educación pública, xa que non dubida en recortar en gasto social cando ten oportunidade.

Nas XSG sempre apostamos por unha educación pública cun orzamento que permita reducir progresivamente a ratio alumno/profesor, polo que non entendemos nin compartimos esta actitude de xuntar a alumnos de diferentes niveis, medida que ademais suporá un claro deterioro na calidade do ensino.

A educación pública debe camiñar cara unha calidade cada vez maior, que dote ao alumnado de instrumentos necesarios para posibilitar unha igualdade de oportunidade real e efectiva. O camiño para isto, non pasa por “amontoar rapaces en aulas”, senón por tentar ofertar unha atención o máis individualizada posible a cada alumno/a.

Con esta medida, a Xunta pon fin a catro anos de políticas públicas a través das que se incrementaron os orzamentos en materia educativa nun 30%, se instaurou a gratuidade dos libros de texto ou na que se duplicou o número de ordenadores nos centros escolares por dous.

A educación pública debe dotarse de máis fondos que permitan un aumento do profesorado e non pode verse reducida a calidade por factores doutro tipo. Esta nova política acaba con catro anos de medidas encamiñadas a mellorar a educación a través dun aumento continuado nos orzamentos para educación, dunha reducción das ratios e a calidade do profesorado

miércoles, 13 de mayo de 2009

OS SOCIALISTAS EUROPEOS Ó FRONTE DA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO



O vindeiro 16 de maio celebraremos en Ferrol unha marcha ciclista contra o cambio climático que percorrerá a nosa cidade buscando a concienciación da cidadanía e ademais, manifestar de novo publicamente e sen complexos que somos os e as SOCIALISTAS os que loitamos pola defensa do noso entorno.



Comezaremos cunha concentracion na praza da Constitución sobre as 11:45 para despois realizar o seguinte percorrido:



Praza de la Constitución, Irmandiños, Avda de Esteiro (carril bici), Telleiras, Avda do Mar (carril bici), Fontenla Leal, Pardo Bazán, Avda Castelao e regreso á Praza de la Constitución.





NON PODES FALTAR!!!!!