jueves, 28 de mayo de 2009

As Xuventudes Socialistas denuncian a intención da Xunta de reagrupar alumnado para reducir os orzamentos

Esta primeira medida tomada pola Consellería de Educación, supón un paso atrás moi perigoso en materia educativa, xa que aumenta a ratio alumnado-profesorado en contra de tódalas indicacións ao respecto da comunidade educativa, cun único fin, reducir custes.

Con esta medida, a Xunta pon fin a catro anos de políticas públicas a través das que se incrementaron os orzamentos en materia educativa nun 30%, se instaurou a gratuidade dos libros de texto ou na que se duplicou o número de ordenadores nos centros escolares por dous.


Santiago de Compostela, 27 de Maio de 2009. As Xuventudes Socialistas de Galicia queren facer pública a súa frontal oposición á intención da Consellería de Educación de facer un reagrupamento do alumnado de diferentes idades naquelas aulas que contan cun número inferior ou igual a 20 rapaces/as.

Esta primeira medida tomada pola Consellería de Educación, supón un paso atrás moi perigoso en materia educativa, xa que aumenta a ratio alumnado-profesorado en contra de tódalas indicacións ao respecto da comunidade educativa, cun único fin, reducir custes.

O PP está deste modo a mostrar unha clara intención de recortar orzamentos na educación sen contar antes cos axentes implicados, o que dá boa mostra do interese que ten para o PP a educación pública, xa que non dubida en recortar en gasto social cando ten oportunidade.

Nas XSG sempre apostamos por unha educación pública cun orzamento que permita reducir progresivamente a ratio alumno/profesor, polo que non entendemos nin compartimos esta actitude de xuntar a alumnos de diferentes niveis, medida que ademais suporá un claro deterioro na calidade do ensino.

A educación pública debe camiñar cara unha calidade cada vez maior, que dote ao alumnado de instrumentos necesarios para posibilitar unha igualdade de oportunidade real e efectiva. O camiño para isto, non pasa por “amontoar rapaces en aulas”, senón por tentar ofertar unha atención o máis individualizada posible a cada alumno/a.

Con esta medida, a Xunta pon fin a catro anos de políticas públicas a través das que se incrementaron os orzamentos en materia educativa nun 30%, se instaurou a gratuidade dos libros de texto ou na que se duplicou o número de ordenadores nos centros escolares por dous.

A educación pública debe dotarse de máis fondos que permitan un aumento do profesorado e non pode verse reducida a calidade por factores doutro tipo. Esta nova política acaba con catro anos de medidas encamiñadas a mellorar a educación a través dun aumento continuado nos orzamentos para educación, dunha reducción das ratios e a calidade do profesorado

No hay comentarios: