Os mozos e mozas socialistas
saíron á rúa na mañá de hoxe co fin de dar a coñecer en qué consiste a reforma
do artigo 13.4 da leu de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción
voluntaria do embarazo. Repartiron dípticos informativos e preservativos a
mozos e mozas ferroláns.


Recordan que “a Lei,
impulsada por un goberno socialista, di que as mulleres mozas deben informar
aos seus pais ou titores coa excepcionalidade de que haxa un conflito grave no
ámbito familiar”, e lembra que “o 90% das mozas que toman esta decisión fano co
coñecemento dos seus proxenitores”.
“Dende as XSG de Ferrol
queremos facer unha defensa desta lei impulsada polo goberno socialista, que
non só protexía as mulleres máis vulnerables senón que fai principal fincapé na
importancia da educación sexual” puntualizou a secretaria xeral de Ferrol, Ana
Lamas, que engadiu “O Partido Popular non tivo valor de facer a reforma na que
de verdade cree e agora con este cambio quere contentar aos sectores máis
retrógrados con fins electoralistas, e o fai a costa de mozas con conflitos
graves ou en situación de desamparo”.
“As mulleres mozas non son nin terroristas
nin incultas como quere facer ver o Goberno do Partido Popular; son mulleres
libres, e como tal deben ter dereito a decidir sobre o seu corpo” –reiteran os
mozos e mozas socialistas- “A Lei recoñece o dereito á maternidade libremente
decidida, o que implica non só recoñecer ás mulleres a capacidade de decisión
sobre o seu embarazo, senón tamén que esa decisión, consciente e responsable
sexa respetada”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario