
Este concurso levase a cabo dende Xuventudes Socialistas de Galicia agrupación local de Ferrol, en adiante XSG-Ferrol, e está suxeito as seguintes bases:
1º.- Os proxectos consistiran no deseño dun cartel contra a Violencia de Xénero cun lema incluído.
2º.- O cartel deberá ser orixinal, en caso de que a ou o concursante plaxiara outro cartel ou imaxe, a responsabilidade civil e penal correra a cargo do ou da concursante quedando as Xuventudes Socialistas exentas de toda responsabilidade.
3º.- Os deseños dos carteis deberán enviarse a dirección de correo electrónico de XSG-Ferrol: ferrol@xuventudessocialistas.org en formato JPG, Word, o PDF ou imaxe mapa de bits.
4º.- Os e as concursantes enviaran os seus proxectos cos seguintes datos adxuntos:
- Nome:
- Apelidos:
- DNI:
- Teléfono de contacto:
5º.- O prazo limite para o envío dos proxectos é o vindeiro 28 de novembro ás 12:00 horas.
6º.- O premio consistirá nun ordenador ultraportatil ACER NS ONE coas seguintes características:- Memoria RAM: 1 Gb- Disco Duro: 120 Gb- Pantalla: 8,9 “- Web Cam integrada- Wi-Fi- Lector multitarxeta
7º.- A idade para participar neste concurso estará comprendida entre os 14 e 30 anos ambos inclusive.
8º.- O concurso declararase deserto en caso de que participasen menos de 20 persoas.
9º.- O resultado e a entrega do premio coñecerase no acto que celebrarán as XSG-Ferrol o vindeiro 29 de novembro contra a violencia de xénero, a información sobre dito acto achegarase ós e as participantes mediante correo electrónico e telefonicamente.
10º.- Os e as concursantes deberan acreditarse na mesa de acreditacions habilitada na entrada do acto.
11º.- No caso de que o gañador ou gañadora non estivera presente no acto de entrega de premios o premio outorgaráselle o seguinte clasificado ou clasificada.
12º.- Os e as participantes ceden todos os dereitos dos seus proxectos ás Xuventudes Socialistas de Galicia.
13º- Os e as militantes de XSG-Ferrol non poderán participar neste concurso.