jueves, 20 de noviembre de 2008

DEFENDAMOS OS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

As XSG-Ferrol estamos a organizar para este venres, un acto en conmemoración do "Día do neno". Neste acto, a organización xuvenil socialista pretende loitar contra a pobreza e a explotación infantil a través dunha pequena conferencia e da proxección parcial do documental "No mundo a cada rato".

Así mesmo, este acto, que será conducido polos compañeiros Secretario Xeral das XSG-Ferrol, Julián Reina e o Secretario de Igualdade, Solidariedade e Benestar Social, Aitor Rodríguez, contará coa presencia do Presidente de Unicef-Ferrol, Rafael Aneiros Rico e da Secretaria de Liberdades Públicas e dereitos dos cidadáns, a compañeira Beatriz Sestayo Doce

vemonos na Casa da Xuventude de Ferrol na rúa almendra ás 20.00 horas.

1 comentario:

celso dijo...

hola compañeros y compañeras, un buen acto el que organizais para este viernes espero qeu todos los niños y niñas de el mundo puedan ser felices y se acaben de una vez las explotaciones de las que son objeto y que sean respetados sus derechos así lo deseo de todo corazón y que el mundo sea más justo. Un saludo compañeros y compañeras nos vemos en la casa da xuventude.