martes, 4 de agosto de 2009

XUVENTUDES SOCIALISTAS PIDEN A FEIJOO QUE NON MONTE PELICULAS


O Secretario Xeral de Xuventudes Socialistas de Ferrol, Julián Reina Villalón compareceu hoxe en roda de prensa para manifestar que “despois do teatro montado polo PP durante as autonómicas, agora decidiron dar o salto á gran pantalla coa película “por min que chova” na cal consiste o programa de prevención de incendios do Goberno de Feijoo. A trama da película desenvólvese entre mentiras e delirios de buracos negros, pretendendo deste xeito sacar rentabilidade política, aínda que isto supoña deixar sen traballo a 600 familias e poñer en perigo os nosos montes”.

As Xuventudes Socialistas de Ferrol manifestaron o seu rexeitamento ás películas de Feijoo e á suposta política de austeridade da Xunta de Galicia e mais cando a política de austeridade baséase nos recortes de dereitos da cidadanía galega, así engadiu Reina Villalón: “e digo suposta porque co nomeamento dos superdelegados, ao ser estes deputados electos, a lista corre e hai que cubrir os soldos dos deputados e os superdelegados, máis os dos asesores dos superdelegados, o cal aumenta o gasto da Xunta”
e engadiu “polo tanto a suposta política de austeridade do señor Feijoo non só é unha vergonza senón tamén un insulto á intelixencia dos galegos”.

Así mesmo criticaron que Feijoo non ten nin idea de voluntariado por iso en lugar de utilizalo como apoio aos traballadores, substitúeos. O Secretario Xeral dixo tamén: “reivindicamos que se cubra o servizo de prevención de incendios con postos de traballo de calidade para xerar emprego e seguir mellorando os datos do paro en lugar de xogar coa boa fe da xente”.
Tamén explicáronse as accións que se van a levar a cabo en Ferrol nos próximos días en relación con este tema, que consiste nunha recolleita de firmas polos distintos barrios de Ferrol para esixir á Xunta un plan de prevención de incendios real e de calidade, un vídeo que manifesta a que nos pode levar a política anti-incendios de Feijoo, e o punto fundamental da campaña composto por dous reporteiros que recorrerán Ferrol recollendo as opinións dos cidadáns sobre este tema.
Finalizou a roda de prensa anunciando que toda esta campaña pode seguirse mediante o blog www.xsg-ferrol.blogspot.com asi como o Facebook e o Tuenti.

1 comentario:

Ana Lamas Villar dijo...

Cansada de las películas del PP!!!!
que cartel tan chulo...xDDDDD