Hoxe estamos aquí
para conmemorar a proclamación da segunda república. O facemos hoxe, en 2014,
nada menos que 83 anos despois, co fin de recordar e recoñecer os valores de
liberdade xustiza e igualdade que inspiraba e que agora, tristemente, son tan
necesarios poñer en valor.
O imos facer
lendo artigos da Constitución do ano 1931 onde vemos esa vontade explícita de
construción dun estado xusto, onde ningún era intocable e todos e todas tiñan
os mesmos dereitos.
Un país laico,
onde non se impoñía ningunha fe, onde ó fin dábase un paso adiante en recoñecer
a igualdade da muller. En definitiva, un país de cidadáns e cidadás libres.
E era
precisamente esa liberdade a que utilizaban os compañeiros e compañeiras
socialistas, os compañeiros das Juventudes Socialistas Unificadas.
Sabemos que aquí
en Ferrol houbo unha agrupación das JSU, e sabemos que no ano 1936 tiñan un
presidente chamado Francisco López Chas.
Estes mozos e
mozas tiñan a liberdade de levantar a voz en defensa das súas ideas e por facer
uso desa liberdade foron xulgados. Algúns como Francisco, como Venancio, como
tantos máis que foron incluso asasinados. Algúns aquí, nese muro.
Que necesario é
recordar hoxe en día os principios da República e que necesario recordar a esas
persoas que loitaron e morreron por defendelos.
Tristemente hai a
quen lle interesa que non teñamos memoria e maltratan a tan necesaria lei de
memoria histórica. Será precisamente por ser os herdeiros de aqueles que
fusilaron a liberdade neste país durante 40 anos.
Os que aquí pereceron e a tantos outros que loitaron sen descanso debémoslles un anaco da nosa memoria.
SAUDE E REPÚBLICA
1 comentario:
Sabeis decir si el nombre de Francisco Lopez Chas se encuentra en ese muro? El era mi abuelo. Murio, fusilado, cuando mi adre tenia 5 anos. Gracias.
Publicar un comentario