viernes, 21 de septiembre de 2012

As XSG-Ferrol piden aos poderes públicos un maior esforzo contra a explotación sexual e a trata de mulleres, nenos e nenas


As Xuventudes Socialistas de Ferrol realizaron hoxe un chamamento aos poderes públicos para un maior esforzo na erradicación da trata e o tráfico de persoas con fins de explotación sexual.
En opinión do secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “a explotación sexual supón unha lacra pendente para a que a sociedade civil e os poderes públicos deben dar unha resposta contundente, ante a sistemática violación dos dereitos máis elementais, en especial de mulleres, nenos e nenas.”
Para a organización, “nin a sociedade en xeral, nin os mozos/as en particular, podemos permanecer impasibles ante unha das máis grandes, constantes e vergoñentas situacións de violación da dignidade persoal que padece o planeta, que afecta a 12 millóns de persoas no mundo. Son os poderes públicos – engadiron- quenes deben realizar unha tarefa máis profunda precisamente para representar o sentir cidadán contra esta forma de explotación.”
O secretario xeral das XSG-Ferrol destacou que “os mozos/as socialistas estamos dispostos a reclamar ás administracións esa labor máis profunda para erradicar estas prácticas: as declaracións institucionais están moi ben, pero a acción educativa, a concienciación e a tolerancia cero deben conxugarse para remtar cun delito profundamente extendido, moi lucrativo, que se move nunha atmósfera de ocultación e que goza dunha permisividade incompatible coa protección máis básica dos dereitos humanos”.
Os mozos/as socialistas alertaron de que “non podemos permitir que, baixo o amparo da crise económica, se reduzan os esforzos para combatir esta vergoña no noso propio país, onde unhas 50.000 persoas vense afectadas.” “Non hai excusa económica que valga – concluíron- para reducir esforzos na consecución dunha vida digna para todos os seres humanos”.

No hay comentarios: