martes, 25 de septiembre de 2012

As XSG-Ferrol: “A Lei Wert é un atraso até o sistema educativo franquista”


As Xuventudes Socialistas de Ferrol esixiron hoxe ao Goberno a paralización da reforma educativa que propón o ministro Wert porque “supón o retorno do sistema educativo do noso país aos anos 60, con reválidas, segregación por sexos e coa asignación dos directores por parte da Administración e sen a participación dos centros”.

Para o secretario xeral das XSG-Ferrol, Aitor Bouza, “resulta vergoñento que, tras recurtar 5.000 millóns de gasto educativo, o ministro descólguese agora cunha reforma educativa que, polo fondo e pola forma, é antidemocrática: polo fondo porque supón retroceder a unha época de ausencia de liberdades no noso país; e pola forma porque vaise basear no rodillo parlamentario, sen falar cos axentes sociais nin coa comunidade educativa”.

“Os itinerarios que propón Wert supoñen a creación de guetos, a consagración da falta de igualdade de oportunidades, a implantación dun sistema perverso que vai directamente destinado a crear cidadanía de primeira e de segunda” - engadiron dende a organización- para que “xunto a profunda desigualdade de oportunidades, o ataque directo á igualdade de xénero, consistindo a financiación pública do ensino segregada, é a outra gran sinatura neocón de Wert”.

“A instauración de reválidas, ao máis puro estilo do réxime franquista, fainos pensar que Wert tratou de plasmar no proxecto algunha frustración psicolóxica, co lamentable resultado de facerlla pagar ao alumnado” - afirmaron os mozos/as socialistas.

O secretario xeral rematou afirmando que Wert “non só pescuda mellorar o ensino, senón que o empeora, e só vai a atopar o rexeitamento educativo nas rúas e nos centros”.

No hay comentarios: